20 Marzo
Día Mundial da Poesía na Biblioteca!
Este sábado, 21 de Marzo, celebrouse o Día Mundial da Poesía. Data establecida en 1999 pola UNESCO co obxecto de promover a diversidade lingüística, protexer linguas en perigo, estimular a creación poética e celebrar a poesía como un diálogo intercultural que une ás persoas. Unha oportunidade, en definitiva, para potenciar a lectura, a escritura e o ensino da poesía como elemento de socialización.









