martes, 28 de febrero de 2023

 

 O teu colexio "Nas Ondas". 

Comezo inmediato! 

As "Ondas" que che traerán do modo máis directo e ameno as novidades de dentro e de fóra do teu colexio, están a piques de
arrolarse no aire. Na súa última reunión, os responsables tomaron xa boa nota de cales van ser os seus primeiros pasos e quenes serán os
primeiros invitados que lles axudarán na gran inauguración da súa primeira etapa. 

Eles poñerán cada día a súa alegría e a súa ilusión para que vós, convidados de honra, teñades un medio para dar a coñecer as vosas opinións, as vosas preferencias ou as vosas inquietudes respecto a os temas que vos interesan... O seu é, polo tanto,

un proxecto de "todos" e "para todos"

polo que esperan contar coa vosa colaboración inestimable!! 

Estad atentos! 

En calquera momento poderedes recibir unha invitación!!



lunes, 20 de febrero de 2023

 

Chegou a Final!! 

Este é un aviso para os amantes dos "cadros brancos e negros""

Tras varias sesións de rifadas, pero sempre amigables, contendas, chegou o momento definitivo no que os reis e o seus séquitos se enfrontarán no campo de batalla guiados polas ordes e tácticas das prodixiosas mentes dos xogadores que os manipulan!

Ao regreso deste descanso de entroido, dará comezo a "Gran Final de Xadrez " na que algúns nomes como Gael, Iago, Mafalda... parten como favoritos!

Pero sen esquecer que o premio da contenda é igualmente compartido por todos os adversarios: os que participan na final e os que non participarán pero seguirán fieis á súa cita dos martes, pois o mellor premio é saborear en cada sesión o pracer de xogar a un xogo milenario que nos relaxa, ábrenos a mente e promociónanos as calidades necesarias para curar a impulsividade, promover a reflexión, etc, etc, tan necesarias no día a día da vida apresurada á que nos habituamos!

Preparádevos porque o momento esperado xa chegou!
Moitísimo ánimo!
Seguide xogando e gozando!

Vémonos!



 Onde está a bici de Selva?

Os membros do Club de Lectura de 3º ciclo atopárona!
Tras a lectura da obra de Mónica Rodríguez:
"A bicicleta de Selva
", os membros do Club viron como esa marabillosa bicicleta que tanta admiración espertara no avoíño da historia e todos os seus compañeiros, materializouse á entrada das súas clases para transportalos dun modo máis "tanxible" ao fermoso mundo dos recordos e as historias inesquecibles cuxa porta lles abriu a lectura da obra. Non faltaba detalle no chapeu de palla utilizado por Selva a modo de transportín: o cómic, os parafusos, o lazo, as caléndulas...
Non! Un momento! As caléndulas desapareceran!
No seu lugar, apareceron, os 3 frascos nos que Selva e o seu amigo, con tanto agarimo, lograron levar o deserto ao seu nostálxico avoíño!

A sesión dese día, discorreu chea de alegría e de moitísima emotividade. Creouse un ambiente moi especial, no que todos os membros quixeron compartir as súas experiencias, falarnos deses obxectos que gardan con moito agarimo porque a medida que foi aumentando o seu desgaste foi aumentando proporcionalmente o seu "valor sentimental"... Quedóusenos corta a sesión! Naturalmente, as conclusións saían a gallarón:
As cousas antigas fálannos de miles de historias vividas que as fan insubstituíbles!
As nosas palabras son unha arma tan poderosa que pode levantarnos o ánimo ata o máis alto ou, mesmo, transportarnos ao estrañado lugar máis afastado facéndonos sentir os seus aromas, sentir as súas brisas ou escoitar os seus sons. Ese é o poder das nosas palabras!
Os nosos avoíños, son o noso valioso nexo cun pasado que debemos indagar, compartir e coñecer. Por iso é importante falarlles, preguntarlles e escoitarlles!!!

É moi importante respectar os costumes, historia e tradicións doutras culturas, por iso debemos coñecelas antes de xulgalas...

E moitas perlas máis! E é que son uns mozos e mozas cun gran corazón e unha mente moi sabia!
E as caléndulas?

Apareceron finalmente!
"Caéranselle" a Selva!
En equipo, utilizando como GPS as pistas que Selva agochou na súa propia bicicleta, puideron descifrar a localización exacta na que á alegre Selva se lle "caeran" as súas fermosas flores xunto cun pequeno obsequio que lles traía por compartir con ela a súa fermosa historia!


Sodes maravilosos!
Seguide así!
Vémonos na próxima sesión!!


 Quen perdeu un pano?

O Club de Lectura de 4º
gozou estes días coa lectura da obra de
Silvestre Gómez Xurxo: "Ti non xogas".
E, como lle ocorreu a Suso, o protagonista da obra, na súa saída ao recreo o alumnado atopouse un feito insólito: un "pano" arrolándose ao vento entre as ramas das fermosas árbores que dan alegría ao patio!

Pero,
non era un vulgar pano branco! Os membros do Club de Lectura interpretaron enseguida os sinais:
Non! Non era un pano escapado dun tendal dos veciños! Era Phanti que lles traía unha mensaxe!! Así era! Esperaron con ansia o día da reunión do Club. Phanti non lles fallou! Alí estaba, de novo, no seu lugar preferido: "recostado" nun computador !
El foi espectador de todo o ocorrido durante a sesión. Unha sesión moi produtiva na que entre todos sacaron dúas grandes conclusións:

Ninguén ten dereito a decidir quen xoga ou quen non. Aquí xogamos todos!
E:
O mellor modo de facerse respectar, é a actitude dialogante e serena. Nunca a agresividade ou as palabras ofensivas!
A Phanti gustoulle moito este grupo de nenos tan sabios, de modo que, ao finalizar, entregoulles a clave que agochaba entre os seus pliegues para atopar un pequeno obsequio!

En equipo, pronto lograron atopalo! Seguindo as pistas dadas polas claves encontradas con actitudes correctas para resolver conflitos, e descartadas as que non axudaban a resolvelos senon a prolongalos ou empeoralos, puideron descifrar a localización exacta na que os esperaba o seu agasallo.
Con el, escribirán as frases máis importantes que guiarán a súa conduta no seu camiño cara á madurez!

E como colofón, como xa é habitual, Claudia obsequiounos cunha fermosa ilustración personalizada da obra cos seus protagonistas: Suso e Phanti!

Moitísimas grazas, Claudia!!

Xa estamos a desexar ver a túa seguinte creación!!

 

Parabéns Club, sodes fantásticos!
Seguide así!
Vémonos pronto!


 

viernes, 10 de febrero de 2023

MUDAMOS...

Ola amigos/as do Chouzo!!

Hoxe traemos moi boas noticias, durante este último mes a nosa biblioteca está a vivir un importante cambio: temos un novo programa de prestamos, devolucións e catalogación dos nosos libros, a plataforma Koha

Para facer efectivo o cambio a Koha estamos a contar coa axuda de todo o claustro e tamén de todos os nenos/as que voluntariamente están a baixar á biblio a colaborar nesta gran mudanza. 

Un dos traballos máis laboriosos do cambio a esta nova plataforma é a nova etiquetaxe de TODOS os nosos libros. Para entendernos, no noso cole temos aproximadamente: 12.000 libros que hai que etiquetar de novo. 

Grazas á axuda do noso alumnado, á súa implicación e bo facer, o traballo está a ser máis rápido e efectivo do que pensábamos nun principio. Os días de colaboración e axuda na biblioteca están a vivirse como un punto forte deste proceso e está a resultar moi gratificante para todos/as.





Aínda quedan moitos libros que etiquetar e moito por colocar pero xuntos/as o proceso está a ser máis sinxelo. 

MOITAS
GRAZAS A TODOS/AS!!


Un saúdo, 

O equipo de biblioteca 



martes, 7 de febrero de 2023

 Unha Biblioteca con corazón!

Sí, así é!!!
Temos unha Biblioteca viva!! Cun gran corazón!! Que se apaixona con todas as actividades que emprende e que, ademais, goza colaborando en mantela e promovela!!


Así recibiron os alumnos de 4º  á profesora María, a Superjefa da Biblioteca,  cando chegaba á súa clase cargada con novos proxectos!!

Se unha imaxe vale máis que mil palabras, esta imaxe ilustra á perfección a paixón dos alumnos pola súa Biblioteca!!!

Seguide así moz@s

 O voso entusiasmo é o noso motor!!!!


 Quen coñece as últimas noticias?

Pronto estarán "Nas Ondas"!

E, como non? O noso alumnado non só ten espírito lector ou escritor,  senón que tamén é un gran transmisor de noticias.

O taller "Nas Ondas", tras superar diversos obstáculos e adversidades, xa deu os seus primeiros pasos para perfilar o seu proxecto.  
Tras a súa reunión, os primeiros cofundadores, xa teñen claros aspectos  tan importantes como: contidos, seccións nas que se emitirán ditos contidos, distribución do traballo, invitados, logo...

Esperamos que pronto estea lista para dar os seus primeiros pasos e de modo ameno poñámonos ao día coas súas frescas e interesantes noticias, entrevistas, eventos... e todo aquilo que os seus fundadores consideraron oportuno incorporar nas súas diversas seccións. 

A todos os seus compañeiros e compañeiras, susceptibles de pasar polo seu taller como convidados, dicímoslles:
Estade atentos! A súa estrea é inminente! 

 Conectarvos e mantervos ao día!

E a os seus creadores decímoslles

 

Ánimo moz@s!


 

 Na Biblioteca tamén se escribe!!

Aloia tocounos o corazón cun emotivo relato

Tamén os amantes da pluma tiveron o seu espazo!!

Tras unha primeira cita do
Taller de Escritura cunha "creación espontánea", o seu último encontro, revelou o espírito cervantino ou shakespeariano d@s nos@s alumn@s. 
"O robot con corazón".
Por Aloia


Clara, sorprendeunos cunha aventura de intriga


"La puerta mágica".
Por Clara








"Los niños".
Por Cayetana
Cada unha das escritoras tróuxonos un estilo e
 trama diferente.


 

Na primeira sesión do Taller de Escritura, Cayetana, decantárase naquela ocasión por unha historia de terror ca que se lle arrepiaran ata os pelos ao oso polar de peluche que decansaba, tranquilo, ao seu lado.


Foi unha xornada moi divertida na que as historias das nosas novelistas mantivéronnos expectantes ata o final!

Tal vez ao rematar recompilemos material para un bo libro!!!


                           Parabéns escritoras!!!
                           Vémonos na próxima!!!



lunes, 6 de febrero de 2023

E, que novas temos dos xa "expertos lectores"?

No nivel máis avanzado, o Club de Lectura do 3º ciclo, reuniuse para comentar a obra de Elisabeth Zöller: "¿Y si me defiendo?".
Unha obra da que souberon destacar os dous aspectos máis
importantes: 
Por unha banda, o innecesario e inmaturo que resulta utilizar un vocabulario soez para dar renda solta ás nosas decepcións ou expresar os nosos desacordos, e, 
doutra banda, a verdeira misión da súa mensaxe: facernos conscientes do importante que é saber comportarnos ante situacións de abuso por parte doutros compañeiros.
Paralelamente, dado que toda conduta obedece a unha causa, reflexionaron sobre a importancia de identificar aos abusones, non como seres con poder (non o teñen en sí mesmos, por iso móvense case sempre en grupo!), senón como individuos con grandes carencias que non saben xestionar (falta de atención ou afecto na súa casa, abuso de irmáns maiores que eles replican no colexio con outros nenos inferiores a eles...) Pescudando cales son as carencias que lles avocan a manifestar a súa conducta de abuso e rebeldía, poderemos axudarlles a sentirse mellor e abandonar a súa actitude. 


O contido da obra prometía unha sesión interesante e instructiva, pero a achega persoal dalgún dos seus membros levouna más aló, e transformouna finalmente nunha sesión verdadeiramente moi emotiva!!!
Moitas grazas moz@s pola vosa participación!! 
Lembrade sempre todo o que hoxe comentamos
lede moito
sede  moi felices!!!

                  Vémonos na próxima!!


 E os amantes da lectura?

Os nosos ávidos lectores do Club de Lectura de 4º, no seu primeiro encontro, compartiron a obra de Barbara Cantini: "Mortiña, unha historia para esmendrellarse de risa".


E, tal como vaticina a súa autora no título, a súa lectura resultoulles en grao sumo divertida.  Á diversión do guión sumouse o factor sorpresa da súa estructura, pródiga en ilustracións detalladas das que os lectores non deixaron pasar por alto o máis mínimo detalle!

Para culminar a sesión, esperáballes unha sorpresa moi especial: ás furtadelas, observábanlles 2 invitados moi peculiares! 
Os  protagonistas da historia, Mortiña e o seu inseparable e fiel amigo, o seu can Tristeiro,  quixeron premiar a súa fidelidade lectora cun pequeno agasallo: o seu novo caderno de notas (imprescindible para todo bo lector!!)

E, na seguinte reunión...
Un aplauso para Claudia, que alegrounos a seguinte sesión cunha réplica exacta dos entrañables protagonistas Mortiña e Tristeiro, sobre o seu flamante bloc de notas!!!



Os lectores marcháronse encantados desexando atoparse xa na reunión do seu seguiente libro: "Ti non xogas", de Silvestre Gómez Xurxo.

 

Vémonos pronto!!!


 Unha Biblioteca en ebulición constante!

Así é!!
Cada Martes
nunha cita ansiosamente esperada,
os nosos xadrecistas máis noveis divírtense afianzando as súas tácticas, mentres os máis doctos divírtense potenciando as súas cualidades de observación para adiviñar e contrarrestar as estratexias dos seus adversarios, nun rifado torneo no que cada día increméntase a expectación!! 

Ánimo campeóns!!!


miércoles, 1 de febrero de 2023

BIBLIO, XADREZ E MOITAS COUSAS MÁIS...

Ola amigos e amigas do Chouzo!!

Que tal levades o inicio do inverno? Esperamos que o mellor posible. 

Desde o equipo de biblioteca do Chouzo queriamos lembrarvos que durante todos os meses hai actividades programadas nas que podedes participar.




Como podemos decatarnos de que días son estas actividades? 

Pois ben, no corredor que vai cara ás clases de 1º e 2º de primaria atoparedes sempre anunciadas as nosas actividades. Durante este mes realizamos un torneo de xadrez que resultou ser un éxito, e o noso famoso club de lectura.

Se aínda non te decataches destas actividades presta moita atención porque pronto sairán novas datas!!

Unha aperta,

Equipo de biblioteca