domingo, 24 de mayo de 2026

 22 Maio

Concurso de Cómic!

Atentos! Xa se coñecen os nomes gañadores do Concurso de Cómic!

Unhas produccións moi boas que demostran que temos verdadeiros artistas no colexio!!

Visitade o taboleiro para disfrutar coas súas obras!

Noraboa aos gañadores!!!

 22 Maio

Contacontos de Familias

Unha nova sesión de Contacontos de Familas encheu de alegría e colorido a Biblioteca gracias á Antón Fajardo e a súa nai, Ana. Para a ocasión, elixiron a obra: "El pez arcoiris" de Marcus Pfister.


Ao remate, como guinda, unha divertida manualidade mantivo aos máis pequenos concentrados amosando a súa creatividade! 

Moitísimas gracias por esta didáctica e divertida sesión!



 21 Maio

Manolito Gafotas, de Elvira Lindo, no Club de Lectura de 5º 

Os membros do Club desgranaron nas súas sesións as venturas e desventuras nas que o caravanchelero Manolito Gafotas transforma as cousas cotiás observadas desde a súa fiestra.

Unha divertida obra que da moito de sí para reflexionar sobre como un mozo da súa edade "capta" e interpreta o mundo exterior e o "manexa".



 18 Maio

Un Contacontos moi especial na Biblioteca

O alumnado de 2º de Primaria foi  hoxe o agraciado cunha especial volta ao mundo! 

Guiados pola pedagoga, actriz e profesora de teatro Sabela Gago, fixeron unha longa viaxe con escala nas máis coñecidas cidades do planeta, ( New York, Londres, París, Roma...) ata a mesmísima China! 

Ao chegar alí, Sabela contoulles a emocionante aventura acontecida a  Sofía e Martín na súa universalmente coñecida muralla.  Unha inesquecible experiencia que todos desexarían prolongar!!

Moitísimas gracias Sabela e moitísimas gracias Santillana por esta instructiva e divertida sesión!


domingo, 17 de mayo de 2026

 17 Maio

Club de Lectura de Adultos

O Club de Lectura de Adultos, xa ten unha nova cita: 

Data: 5 de Xuño

Hora: 17:00 h

Obra: "Cartografía de mis lunares"

Autora: Cristina Labrador

Lugar: Biblioteca de Leolo

Toda a comunidade educativa está invitada a participar! Esperámosvos!


 16 Maio

Concurso anual de Cómic!

Xa comezou o plazo de entrega. 

Animádevos a compartir as vosas propias obras para que todos poidamos disfrutalas.

Non vos esquezades, o plazo segue aberto! 


 15 Maio

O IV Torneo de Xadrez xa vai chegando ao final

A tan só dúas sesións de conocer ao definitivo gañador, os participantes dan todo o mellor de sí mesmos para alzarse coa victoria.

Enzo, Teo, Iago, Hugo... son nomes ben conocidos entre os seguidores do evento.  Pero, nos torneos venideiros, esta lista verase ampliada con nomes como Samuel (2º), quen pese a ser novo nestas lides,  está sorprendendo co seu xogo ante os máis avezados!

Ánimo a todos e que obteña a victoria o mellor, pero gañadores son todos, pois divertirse con este didáctico xogo xa é un bo premio!


sábado, 16 de mayo de 2026

27 Abril

Apadriñamento Lector polo Día Internacional do Libro

Con motivo do Día Internacional 
do Libro, celebramos o
habitual
Apadriñamento Lector. Posposta por motivos imprevistos para esta semana, a sesión foi novamente un rotundo éxito.

Os maiores apadriñaron a uns espectantes pequenos ávidos de lecturas, contos e aventuras. Unha experiencia inolvidable para todos, na que ao remate houbo intercambio de agasallos para lembrala sempre. 

Podedes ver algunhas imaxes moi escuetas do que ocurría nos relanzos, no siguiente vídeo de mostra.