miércoles, 28 de octubre de 2020

MÉRCORES DE RECOMENDACIÓNS COA MESTRA INMA

Xa esta aquí, xa chegou! O mércores de recomendación!

Hoxe damos comezo a unha proposta por parte do equipo de biblioteca que esperamos vos guste tanto como a nós.

Durante todos os mércores deste curso escolar imonos unir a través do noso amor pola lectura e o cinema, a unha actividade onde serán as propias profes do Chouzo as encargadas de recomendarvos a través dun vídeo ou unha pequena presentación:

1. Un libro que lles encantase e que lles gustaría que coñecésedes
2. Unha peli que lles marabillase e quéiranvos descubrir

Este mércores é a quenda de nosa mestra Inma de 6º A, que con moito amor déixavos as súas recomendacións. 

Quizá no seu vídeo atopedes o que será o voso libro favorito, ou unha peli que recomendar a alguén nun futuro!


Un saúdo o equipo de biblioteca

lunes, 26 de octubre de 2020

100 anos de Gianni Rodari

 Bos días lectores e lectoras!

20 de Outubro foi un día moi especial, un dos vosos autores preferidos estivo de centenario. 

Escribiu cousas como: Veinte historias más una, Érase dos veces el barón Lamberto, Cuentos para jugar Cu-Cú, Cuentos por teléfono... 

Xa o adiviñastes?

Efectivamente: GIANNI RODARI!

Pero... e Quen era Gianni Rodari? Aquí contámosvos quen era, que facía e tamén vos deixamos algunhas propostas do autor para traballar coas palabras. Creando, mezclando, retorcendo, investigando, imaxinando, e buscando un sinfín de posibilidades! Animádesvos a probar? 

Un saúdo dende o equipo de biblioteca!

lunes, 19 de octubre de 2020

Día das bibliotecas escolares - Xeografías literarias

Bos días a todos e todas!


Dende 1997 celébrase o Día das Bibliotecas o 24 de outubro.


Dende a biblio do noso cole queremos destacar o importante papel que xogan as bibliotecas, encargadas de ofrecer acceso á cultura, ao coñecemento e ao entretemento baixo calqueira circunstancia. E aínda que poidan vir anos atípicos, a biblioteca seguirá sendo o motivo polo que moitos e moitas achegadesvos á lectura dende ven pequenos/as, da man dos vosos familiares e dos vosos profesores/as. 


As bibliotecas son un recurso fermosisimo para toda a comunidade educativa, e están sempre ao noso carón. 


E aínda que a nosa biblioteca permaneza pechada ao público queremos seguir abrindoa ao mundo, así poís vos propoñemos que nos contedes: Onde te levou a túa última lectura? De onde eran os personaxes da obra? 


Neste mapa podedes ir deixando o nome da vosa última obra lida, marcando xeográficamente de onde eran os personaxes da obra.


PARA FACELO:


  1. PREME NO AVIÓN
  2. NO MAPA CREA UNHA CAPA
  3. NOMEA A CAPA CO TÍTULO DA OBRA
  4. ENGADE A LOCALIZACIÓN AO MAPA






Un saúdo

O equipo da biblioteca