viernes, 22 de diciembre de 2023

 22 Decembro

Os mellores desexos de Leolo e o seu Equipo

A
todas
as persoas que compoñen a nosa comunidade educativa e aos seus familiares, desexámoslles un moi bo Nadal e un novo ano 2024 cheo de ilusión, de novos proxectos e esperanza e que nel vexan cumpridos todos os seus soños máis inmediatos.


A todas aquelas persoas que ao longo desta primeira etapa de curso involucráronse nos nosos proxectos logrando que se fixesen realidade, agradecémoslles infinitamente o seu apoio.
A todas aquelas que xa están a pensar en sumarse a todas as nosas convocatorias dicímoslles: "Moitísimo Ánimo! Esperámosvos con ilusión! E a todos os que aínda seguen indecisos: " Non o dubidedes! A gratitude dos nenos compensará con fartura o voso esforzo!!"
¡Felices Festas en Paz e Harmonía!


 21 Decembro

María Oruña para o Club de lectura de Adultos

Tras o éxito da anterior sesión, o Club de Lectura de Adultos xa ten nova data e novo obxectivo. A súa próxima cita será o venres 23 de febreiro. E a obra elixida para a devandita cita é a novela de intriga e terror "El bosque de los cuatro vientos", de María Oruña, autora da soada serie de novelas " O porto escondido ". Misterio e crime. A combinación perfecta para unha lectura co corazón en pleno suspense mentres se repasan retales do costumismo da sociedade medieval, nunha contorna aínda hoxe idílica, como é a dos turísticos Canóns do Sil.

Vos animamos a todos a lela, e a participar na nosa próxima sesión!!
Esperámosvos!!


 19 Decembro 


Lecturas suxeridas para o Nadal!
Aproxímanse unhas longas vacacións. E vacacións é
sinónimo de tempo libre. Tempo libre é sinónimo de tempo de pracer. E non hai maior pracer que o que nos proporciona unha boa aventura vivida en primeira persoa, pero na que os riscos e sobresaltos sexan asumidos por outros, é dicir... polos protagonistas da nosa lectura favorita!!
O mellor agasallo de Nadal
: un bo libro! Animarvos e non esquezades incorporar na vosa lista de agasallos de Papa Noel ou dos Reis Magos, un ou dous libros dos que máis vos gustan ou das materias que máis vos interesan. Ou ben podedes pedir un maior número de volumes se acudides a calquera das bibliotecas da cidade !!!
Para facilitarvos a tarefa se non tedes moi claro que ler,
non esquezades botar unha ollada ao tríptico de suxestións
de lectura que vos entregaron de parte de Leolo!

Felices lecturas e felices vacacións de Nadal!!

 17 Decembro

Un Nadal con moita Arte

Como non podía ser doutro xeito, non só os corredores
énchense de arte, senón tamén o interior da Biblioteca.
Coa axuda da artística árbore de Nadal, comodamente sentados no sofá, podedes realizar unha breve viaxe por diversos museos do mundo.

As súas grandes bólas non só son decorativas, senón que, tamén, observalas resulta unha experiencia moi didáctica e relaxante, xa que no seu interior conteñen algunhas das obras máis importantes e máis coñecidas da
historia da arte.
Desde "La Gioconda" de Leonardo da Vinci ata "La noche estrellada" de Vincent van Gogh, pasando por "El grito" de Munch.

Se queredes ilustrarvos ou poñer a proba como xogo , os vosos coñecementos sobre Arte, non deixedes de pasar a velo e gozalo no voso recuncho favorito!

Animarvos e pasarédelo ben aprendendo e descubrindo!!
Por exemplo: Quen é o autor do retrato máis popular de Marilyn Monroe? Ou, quen pintou ao gran mercader Giovanni Arnolfini e a súa esposa?
Achégate a velo e descubriralo!!

 16 Decembro

O museo interactivo:  "Artellando no Chouzo"

 segue a súa expansión

A luz da arte segue iluminando os recunchos do colexio.  Nos últimos días sumáronse novas mostras interactivas de pintura: "

Os espellos", de Van Gogh; "Nenos comendo dunha fiambreira", de Murillo, (polo alumnado de  5º B);  "Arte da Antiga Grecia: Cerámica" (polos nenos de 2º A); "Vivir sin plástico" de Caroline South (dos nenos de 5º de Infantil , "El estanque de las  ninfas"  de Monet (dos nenos de 3º A y B)...

Aquí vos deixamos unha pequena mostra do que estes días estivo "artellándose" nas aulas:
Se non podedes ver  o resumo, podedes acceder a el a través do enlace que se facilita ao pe do genially:

NORABOA  ARTISTAS!!!

https://view.genial.ly/653537f279f99d001185e60a/interactive-content-artellando-no-chouzo-pintura                                                                                                                                                                            Lembrade que:                                                                        Para coñecer máis datos sobre as devanditas obras,       (técnica utilizada, autor, ubicación...) podedes visitar o novo    Blog de "Leolo comunica". Alí atoparedes o código QR asignado a cada obra, e pinchando nel, accederedes a un audio elaborado polos propios autores da obra con todas as explicacións ao respecto dela. No seguinte enlace accederedes directamente a dito blog: https://leolocomunica.blogspot.com 

domingo, 17 de diciembre de 2023

 15 Decenbro

Club de Lectura de Adultos

Este venres, a biblioteca foi un torvellino.
Tras a extraordinaria sesión de "Contacontos de Familia", deu comezo a esperada sesión do Club de Lectura de adultos.
A obra elixida era " Infamia", de Ledicia Costas.
Unha obra na que a autora mostra como o ser humano pode chegar a ser destrutivo ata límites que lle sitúan fóra de toda humanidade, cando é guiado polos seus medos, pola súa fraquezas ou pola prepotencia que lle outorga o sentirse escudado pola autoridade que lle ven dada pola súa posición. Ningún estamento está exento de presentar individuos destrutores dado que non están conformados por robots ou deuses senón seres humanos coas súas virtudes, os seus defectos e a súa vulnerabilidade.
Policía, Xuíces, sacerdotes... todos eles son seres humanos dispostos a prestar unha función de servizo á sociedade. O problema chega cando eses seres humanos, cunha misión tan especial como é protexer a nosa fraxilidade, non cumpren coa súa encomiable misión senón que aproveitan o seu status para infrinxir as leis, usalas no seu propio beneficio ou esconder os delitos máis deleznables.
Non se xulga na obra á autoridade en si, (non sería sensato), senón aos individuos que se aproveitan dela ou miran a outro lado. O desenlace descobre como tomadas a tempo as medidas correctas evitaríanse tantas atrocidades. A educación é a arma máis poderosa, como dicía Nelson Mandela. Se educamos ao home este cambiará e con iso cambiará o mundo. Pero, para un mundo mellor, cada home debe ser mellor! Porque, se cada home é mellor, é boa persoa, entón non importa se é policía, xuíz, profesor ou sacerdote, avogado ou médico, carniceiro, vendedor de froita ou panadeiro... porque será un bo policía, un bo xuíz, un bo profesor, un bo sacerdote, un bo avogado, un bo médico, un bo carniceiro, un bo vendedor de froita, un bo panadeiro...

Moitas gracias a todos os membros pola vosa participación e vémonos na próxima sesión!


 15  Decembro

Gran éxito da sesión dobre de "Contacontos de Familia"

Este venres disfrutamos con: "O àrbol de Nadal do señor Viladomat", de Robert
Barry e "Cando Martiño
tivo ganas de mexar na noite de Reis", de Chema Eras.

Primeiro, Adelaida, o xardineiro Tomás, o oso Barnabás, o raposo Facundo, o coello Fermín… e a longa lista de personaxes que logran decorar os seus humildes fogares co que sobra na mansión Viladomat, mantivo atento e animado ao numeroso público asistente.

Pequenos e maiores gozaron da rima e a mensaxe subliminal desta didáctica historia, moi apropiada para calquera día da nosa vida consumista, pero en especial para estas datas do Nadal.
Despois, a sesión continuou coa inesperada aventura do pequeno Martiño, que ve perigar o seu agasallo de Nadal por mor da súa inoportuna necesidade fisiolóxica nocturna.

E para finaliar esta sesión tan especial, nada mellor que facelo cunha divertida actividade do Nadal!




Novamente a creatividade foi a protagonista!

E se non xulguen o resultado!!!
 
Novamente damos as grazas á Familia protagonista por cedernos o seu valioso tempo
e beneficiarnos a todos con esta divertida sesión. Parabéns polo seu gran éxito!

E moitas grazas tamén a todas as Familias que coa súa presenza fixeron posible que, unha vez máis, este proxecto siga adiante.

Esperamos veros a todos na seguinte sesión!


sábado, 16 de diciembre de 2023

 13 Decembro

Un século de Bambi


Hoxe a "xornada especial de lectura
" dos
nenos e nenas de 5 anos, deparaba unha sorpresa.
Tras ler, gozar e compartir os seus libros favoritos, a profe Natalia sorprendeulles coa lectura de Bambi, a obra de Felix Salten, que fixo chorar e ao mesmo tempo sorrir pola súa tenrura, a tantas xeracións de nenos desde que a escribise en 1923. Hai xa un século!

Os "nenos de hoxe" , non son como os de entón, pero a súa alma nobre e sensible non cambiou. Segue vibrando coa mesma forza e inxenuidade ante as adversidades do pequeno corzo ou os momentos de amizade e tenrura nos que coa axuda dos seus amigos vai descubrindo o mundo da selva e poñendo nome a cada elemento. Os atentos lectores non perdían detalle en cada cambio de voz, en cada pausa,...empatizando co doce e indefenso protagonista en cada un dos distintos momentos da súa aventura.

Seguide así queridos lectores!!


jueves, 14 de diciembre de 2023

 12 Decembro

Este Venres, sesión dobre de "Contacontos de Familia"!

Este próximo venres, 15, o Nadal coarase na sesión de
contacontos cunha
estrea dobre: "Cando Martiño tivo ganas de mexar na noite de Reis", de Chema Eras; e "O àrbol de Nadal do señor Viladomat", de Robert Barry.

Xa todo está listo para gozar coa divertida historia de Martiño e a didáctica aventura da enorme árbore de Nadal que inesperadamente acabará decorando e alegrando non só a mansión Viladomat senón multitude de fogares máis !! Non vos perdades esta última sesión do ano!! Esperámosvos a todos!!


jueves, 7 de diciembre de 2023

1 Decembro

Un "Recuncho diverso" para o Día da Diversidade Funcional

Esta semana, con motivo do Día da Diversidade Funcional (3 de decembro), o alumnado puido gozar dun recuncho moi especial na Biblioteca: o "Recuncho diverso".

N
el, atoparon un conxunto de lecturas adaptadas a necesidades específicas TEA, e tamén puideron introducirse no mundo braille, experimentando non só coa lectura de contos senon tamén coa escritura!
Unhas plantillas con instrucións de uso, lles permitiron escribir os seus propios textos!

Unha mensaxe secreta atraía a súa atención. Enseguida afixéronse ao material e probaron a súa pericia descifrando a mensaxe.

Unha práctica moi instructiva que lles transportou a un mundo diferente cunha linguaxe específica que, do mesmo xeito que a lingua de signos, segue a permanecer case invisible na nosa sociedade.




 30 Novembro

A travesía polo deserto

O Club de Lectura segue de preto os pasos de Bachir.
Folla tras folla vaise debullando ante os seus ollos un mundo moi diferente, árido e hostil, no que o protagonista lles dá coa súa aventura unha gran lección de vida: o mundo non nos pon tantas limitacións, as limitacións poñémonolas nós cando non aprendemos a xestionalas e usalas ao noso favor como aprende o protagonista grazas a Jamida.
Ánimo e a seguir aprendendo con esta fermosa e didáctica aventura!
 

sábado, 2 de diciembre de 2023

 30 Novembro


O proxecto "Artellando no chouzo" enche de arte e cor os corredores.


O Nadal en Vigo 1º B
O proxecto (da PDI) deste curso, segue dando moito que falar e moito que ver!.
Estas semanas comezaron xa a emerxer os resultados da primeira fase: a Arte na pintura.
Os primeiros lenzos deixan ver o gran potencial artístico do noso alumnado.
B presentou a súa obra: "O Nadal en Vigo", inspirándose para a súa creación, no Guernica de Picasso!
Os corpos artísticos 1º A

1ºA compartiu con todos nós a súa obra " Os corpos artísticos" inspirado no traballo de Hervé Tullet!




E, 2º B, presentounos o seu lenzo: "Teselas".
Para coñecer máis datos sobre as devanditas obras, (técnica utilizada, autor, ubicación...) visitade o novo
Blog de "Leolo comunica".
Alí atoparedes o código QR asignado a cada obra, e pinchando nel, accederedes a un audio elaborado polos propios autores da obra con todas as explicacións ao respecto dela.
No seguinte enlace accederedes directamente a dito blog:


Non volo perdades!


miércoles, 29 de noviembre de 2023

 29 Novembro


"A mellor sopa do mundochega á Biblioteca


Hoxe, Clara e Aloia de 6º B, desvelaron ao seu público cal é o secreto para obter a mellor sopa do mundo! Esta fermosa historia de Susanna Isern sobre o valor da auténtica amizade e o extraordinario efecto que esta produce en quen a posúe, convertendo cada pequena tarefa compartida nunha auténtica festa, encheu de ilusión a sala de lectura.

As protagonistas, ademais, demostraron a súa profesionalidade como contacontos, ao ir debullando a aventura da pequena tartaruga e os inesperados convidados que o frío conducía á súa pequena cabana, coa axuda dunhas
marionetas realizadas por elas mesmas para a ocasión. Fixeron as delicias dos seus fans e gañáronse un enorme aplauso!
Clara, Aloia, parabéns polo voso saber facer!!
Esperamos volver vervos moi pronto con outra das vosas increibles actuacións!!