martes, 28 de abril de 2026

 23 Abril

Día Mundial do Libro na Biblioteca: Un abanico de actividades para todos os gustos e agasallos para todos!


O
23 de Abril conmemorouse o Día Mundial do Libro e, a Biblioteca, volcouse na celebración convidando a todos a participar en todas as súas propostas: agasallos de libros para alumnado de todas as idades; agasallos de libros para as familias; lectura da
obra universal da nosa literatura: "O Quixote", os días 23 e 24; apadriñamento lector...
Un espléndido plan!!

O noso alumnado, ávido de coñecementos e novas aventuras, deron boa conta dos agasallos que os esperaban no patio!


Pero non só o alumnado pudo disfrutar dun bo libro! Tamén as
Familias contaron cos seus merecidos agasallos!
Ubicados no "Punto Lectura Familias", os proxenitores puideron elixir entre un bo número de exemplares, o volume que amanizaría a súa xornada.

Na Biblioteca, os máis osados, fixeron gala do seu arte lector, lendo para todos os seus compañeiros, de modo continuado e en verso, os capítulos de  "O Quixote"!.
Aquí vos deixamos un pequeno fragmento:
Muchas gracias  chicos y chicas que habéis hecho posible esta actividad: Lola, Iago, Bastián, Alex, Lía... Sois unos campeones!!!

Naturalmente, os lectores viron recompensada a súa colaboración, cun marcapáxinas especial de esta data.


Por motivos alleos á vontade do equipo, o apadriñamento lector tivo que posporse ata a vindeira semana. De modo que, a festa do libro... continúa!



sábado, 25 de abril de 2026

 23 Abril

Os membros do Club de Lectura de 5º xa se embarcaron nunha nova aventura!

Esta vez, mergulláronse no mundo de aventura e fantasía que a escritora,
Laura García Gallego, creou para Jonathan, o protagonista da súa historia "O coleccionista de reloxos extraordinarios". Con el, os membros do Club realizaron unha amena viaxe no tempo, chea de maxia e sorpresas! Bravo por estes intrépidos viaxantes ávidos de lectura!

sábado, 18 de abril de 2026

 17 Abril  

O Dia Mundial do Libro na Biblioteca

Este xoves 23 de Abril, coincidindo coa data da morte de Miguel de Cervantes e a de Shakespeare, (os dous máximos referentes da Literatura), celébrase o "Día Mundial del Libro y del Derecho de Autor".
Para celebralo, un ano máis, Leolo invítavos a todos a participar na lectura continuada da obra mestra da Literatura Española: "El Quijote", de Cervantes, que terá lugar na Biblioteca, na hora do recreo, os próximos días 23, xoves e 24, venres!
Animádevos a pasar uns intres didácticos e divertidos coas súas andanzas!
Esperámosvos a todos!

17  Abril

IV Torneo de Xadrez na Biblioteca

Este venres deu comezo o IV Torneo de Xadrez na Biblioteca.

Nomes xa habituales nestas lides e novos ingresados, desfrutan danbdo o mellor de sí por facerse coa victoria.

Ánimo, seguide gozando co voso xogo preferido!!

martes, 14 de abril de 2026

 10 Abril

Novo éxito do "Club de Dozura"

O Club de Lectura de Adultos, o noso Club de Dozura,  reuniuse de novo para desfrutar co intercambio de opinións, sensacións e experiencias personais evocadas no transcurso da lectura da súa última obra: "Comerás flores", de Lucía Solla Sobral.
E xa están a desexar que chegue o momento de mergullarse na lectura seguinte!

Xa teñen data e título! Atentos ttodos aqueles que queiran unirse á próxima sesión!!



 9 Abril

O Club de Lectura de 5º segue a súa singradura!

Esta vez atrevéronse coa obra de Francesca Simon: "Pablo
Diablo y la maldición de la momia
". 

Están ben dispostos a acompañar ao traveso Pablo na consecución dos seus difíciles e non todos loables retos!

Ánimo lectores e a disfrutar con esta nova travesía!!