viernes, 31 de mayo de 2019


30 de Maio

"35 kilos de esperanza" no Club de Lectura

Hoxe a profesora  Rocío reuniuse cos membros do Club de Lectura para falar de como a motivación xoga un papel importante para lograr metas difíciles ou superar obstáculos que "a priori" parecen insalvables, ou de como non basta con ser bo en algo, senón que tamén aquilo que non nos gusta ou no que non destacamos énos necesario coñecelo, e de outros moitos temas ineresantes que a autora Anna Gavalda foi proxectando no seu libro por medio dos pensamentos do seu protagonista Gregorio. 

Unha xornada amena e moi didáctica!

Moi ben rapaces!
E lembrade: se algo non vos apetece facelo ou credes que non seredes capaces de facelo, buscade sempre unha motivación, pois: 
Con esforzo e ilusión todo se  lógra! 


29 de Maio

Un fermoso "Wall of  Poetry" !


profesora Ángeles xa lle deu os últimos retoques e xa está listo. 
Xa é oficial: Está listo para ser visitado. Listo para ser admirado. Listo para ser disfrutado!

Noraboa aos excelentes poetas que coa profesora Luz construiron este peculiar terceiro Muro da Poesía todo en Inglés!   

Non volo perdades!
Poesías de temática diversa para todos os momentos e estados de ánimo. Buscade a vosa! A que vos axude ou a que vos reflicta cada día. 

E, como non ? Aproveitade para ampliar e... "improve your English"!! 

Hainas alegres, hainas máis ou menos infantís, e tamén as que chegan ao corazón... Para todos os gustos! 

Fermoso traballo, rapaces!!!

Aquí vos deixamos unha pequena mostra.Pero tedes que vir visitalo para velo completo!

Gracias profe Luz
Gracias profe Ángeles
Gracias rapaces

O esforzo, vese sempre recompensado, chegado o momento de disfrutar do resultado!

jueves, 30 de mayo de 2019

28 de Maio

O Dinoseto membro de honor do "Libro Viaxeiro" de 6º de Educación Infantil

Baixo o título "Unha caixa de Historias. A cidade a pinceladas", volo contabamos no mes pasado: os habilidosos e grandes escultores de 6º de Infantil, decidiron darlle forma a todos os monumentos que cidadáns e foráneos admiran na cidade olívica, para inmortalizalos nun fermoso "Libro Viaxeiro". Fermoso e histórico, xa que o Libro será un valioso Documento que lles servirá para lembrar como chegaron eles a coñecer algún destes rincóns que xa estarán transformadas deixando de existir como tales, para cando sexa
enmaquetado. Polas súas mans pasaron o Sereo, a Plaza de América coa súa Porta do Atántico, os cabalos do escultor Oliveira da Plaza de España, O Ferreiro da Plaza de Eugenio Fadrique, o monumento a Julio Verne ... e, por último,  para coroar a súa obra un realista Dinosetiño que baixo a atenta mirada do seu pai don Dinoseto parece non perder detalle de todo o que ocorre ao seu ao redor.  

Noraboa rapaces polo voso fermoso traballo. 
E noraboa as profes polo entusiasmo que lles trasmitides a todos!!!

27 de Maio

Literatura e novos amigos nun ambiente natural privilexiado: "VI Quedada Literaria" !

Os alumnos de 5º compartiron unha xuntanza de animación
á lectura con outros alumnos da comarca-











Este luns, celebrouse como ven sendo habitual, unha nova edición da Quedada Literaria (VI), ca que o Concello pretende buscar un intercambio de coñecementos literarios, animar aos máis xóvenes á lectura sobre todo en galego, facer da lectura un tema de conversación fora das aulas (entre uns xoves que, cada vez máis,  viven tan absorbidos polas tecnoloxías no seu tempo libre)...
Este ano, os alumnos de 5º de E. Primaria  foron os privilexiados en vivir esta experiencia de animación á lectura compartida cos alumnos doutros colexios da comarca, enchendo o parque Quiñones de León dun ambiente literario e alegre.

Noraboa lectores pola vosa boa disposición. 
E, gracias profes de 5º, pola vosa implicación!


24 de Maio

Qué está pasando en Vigo?

Para manterte ao día consulta as últimas novidades !!!  
Xa está enteramente renovado e cheo de novas o mural do que sucede en  Vigo!

Xa podes bañarte seguro. Xa temos de novo "Bandera Azul" na praia de Samil. 

Non te canses. As increíbles solucións ao Vigo vertical  xa funcionan! 
O flamante vagón imitando aos que en 1967
deixaron de existir

Cómo se desplazaban os nosos avós pola cidade? O vagón de tranvía do 1967 traído ao 2019. Máis de 50 anos despois da desaparición do tranvía, xa podedes saber cómo era aquel invento que facía a vida máis fácil aos vigueses e menos contaminante  que agora.


Os tranvías pola rúa Policarpo Sanz nos anos 60
Instalado por uns días casi a uns metros do que antano fora a súa estación (cocheras)  na Plaza das Travesas!


 
A Plaza de América coa
 estación dos tranvías




A Plaza de América hoxe en día







Estas e moitas máis novidades... 
  Non volas perdades!  
Unha auténtica ventana ao día a día da vosa cidade!

 

22 de Maio

"Día Internacional de la Diversidad Biológica"

O 22 de Maio foi elixido polas Nacións Unidas como "Día Internacional da Diversidade Biolóxica".


Senda do río Lagares
É tráxico o deterioro ao que o ser humán somete ao seu entorno en nome do moitas veces mal chamado "progreso",  coa connivencia  das autoridades correspondentes e a despreocupación e a deixadez dos propios individuos en tanto que usuarios, ou mellor dito "usufructuarios" da propia natureza, e coidadores do seu entorno.
Un millón de especies animais e vexetais están en perigo de extinción nas próximas décadas según a UNESCO se non se acomete un cambio radical nos métodos de producción e de consumo 

Senda do río Eifonso
Vigo, con 1/4 da súa superficie cuberta por montes, disfruta dunha rica biodiversidade acollida nos seus parques forestais, humedales, dunas... 
No Pazo de Castrelos atópanse algunhas especies que xa forman parte do Catálogo de Especies Singulares elaborado pola Xunta, entre elas a camelia Matusalén (de máis de 150 anos!). 
No parque botánico "Arco da Vella", no cauce fluvial do río Eifonso, pode atoparse a planta mercurial, pouco frecuente na costa galega, e nel atopan refuxio especies animais e vexetais incluidas no Catálogo Galego de Especies Ameazadas. 
Nenúfar gigante en la Fundación sales.
Imagen de "El Mundo"
No espacio dos "Piñeiros do Mundo"  no parque forestal de Saiáns, os peregrinos de Santiago que discurren polo camiño portugués da costa, poden recoñecer as especies do seu país ou continente, xa que nel se encontran 25 especies de piñeiros de diferentes puntos do planeta.  
As Nacións Unidas, recoñeceron a gran labor levada a cabo pola recuperación  do bosque atlántico e mediterráneo no parque forestal da Madroa
Planta mercurial
A riqueza medioambiental exténdese tamén aos humedales de "A Bouza" en Coia, os humedales de Goberna y Muiños  e á Marisma da Xunqueira no entorno do río Lagares, ás dunas do Bao, declaradas Espazo Natural de Interés Local e ó xardín botánico Fundación Sales, que acolle a planta máis grande do mundoúnico nenúfar xigante de España (Victoria Cruziana), unha árbore dinosaurio redescubierta en Australia en 1993,  e un exemplar da árbore da lonxevidad: un Ginkgo Biloba, única especie sobrevivinte á bomba atómica.
Unha considerable oferta para disfrutar ao aire libre en contato coa natureza!!!
Fervenza no río Eifonso
Pero sempre con coidado de non perxudicala!!!!
Senda río Lagares
Para máis información sobre estos espazos podedes acceder ao artículo do Faro de Vigo  "Los tesoros más verdes del Municipio", no enlace seguinte:



21 de Maio

Chega o final


As últimas novidades foron desplazándose ás vosas casas pouquiño a pouco. Esperamos que as disfrutárades.  Pero agora chega o momento de lembrar que é tempo de voltalas ao seu lugar para que se encontren con vos de novo o próximo curso. 
Lembrade a data:  Na primeira semana de Xuño remata o plazo para devolver todos os libros prestados.
Contamos coa vosa dilixente colaboración!


miércoles, 29 de mayo de 2019

20 de Maio

Pescanova, Alfageme, as murallas, o castro, o olivo...

Un pouco de historia, algunha das empresas que fixeron que a pequena vila mariñeira se convertise na gran cidade empresarial de hoxe, o seu río, construccións notables, as súas praias... son algunhas das cousas que ao longo deste curso todos hemos aprendido gracias ao proxecto.
Cada nivel, ao seu modo, foi compartindo os seus coñecementos cos demás compañeiros a través das diversas actividades realizadas: exposicións de maquetas (2º, 4º), exposicións de imaxes "in situ" (2º, Infantil), Presentacións (2º, 5º), Paneis murais e decoración das portas (Infantil), exposicións murais dos traballos (5º)...  os últimos incorporados foron os nenos de 6º  que nos mostran pequenos "retais" da vida da cidade ao longo da súa historia.  Podedes velos no rellano da  entrada do edificio de 5º e 6º. 
Noraboa rapaces pola vosa implicación en coñecer a vosa cidade.

18 de Maio

Un museo especial no "Día Internacional de Museos"

Concurso: "Coñeces ben Vigo?"
Coordinado polo "Consejo Internacional de Museos" (ICOM), cada ano ao redor do 18 de maio, celébrase o "Día Internacional de Museos". Unha oportunidade para achegar ao público o servicio destas institucións sen fins de lucro destinadas a coordinar, adquirir, conservar, investigar e dar a coñecer con fins de estudo, educación, e esparcimento, o patrimonio material e inmaterial, moble e inmueble dos homes e o seu contorno.

Con este motivo, nun Museo improvisado, unha exposición moi especial  a modo de concurso xurdiu  nos pasillos  de todos os niveis: 
O concurso "Coñeces  ben Vigo?" móstranos unha peculiar exposición:  "Vigo en imaxes", na que entre os rincóns, monumentos e iconos máis populares da cidade debemos  recoñecer algúns  elementos "infiltrados" que non deberían formar parte desta mostra.


Vos animamos a participar e,  divertíndovos,  demostrar voso dominio da cidade!


 Moitas gracias  ás Auxiliares de `Biblioteca Marina e Tatiana pola súa axuda na montaxe dos panéis!!!


15 de Maio

Un día para as  Familias. 

A Familia é o pilar fundamental da educación dos fillos, que serán os cidadáns de mañá.
La familia: tiempo de calidad

O 20 de Setembro de 1993, a Asamblea Xeral das Naciones Unidas, declarou o 15 de maio como Día Internacional das Familias co obxectivo de  crear conciencia sobre o papel fundamental que a familia ten na educación dos fillos  desde a primeira infancia. 
A familia é o núcleo fundamental da sociedade, e como tal, é o ente que vai contribuír no desenvolvemento integral da persoa. 
Por iso, 
La familia: diálogo 
1. É de vital importancia que se manteña sempre un bo diálogo familiar, que permita aos pais ensinar e transmitir aos seu fillos os valores e principios que os acompañarán no futuro, e que lles axudarán a desenvolver a súa confianza e as súas habilidades sociais... 
La familia: comunicación
 É fundamental ter unha boa comunicación. Pero, ter unha boa comunicación non significa "falar moito", senon que significa "saber falar". Isto é: escoitar, comprender, expresarse no tono adecuado e cos xestos oportunos para que o que escoita, reciba a mensaxe e a reciba correctamente. Porque si a evade ou a ignora de nada serve a " charla".
La familia: el ejemplo

2. Unha boa convivencia en familia é moi importante para o equilibrio e a salud de cada un dos membros da familia. É necesario respetar unha serie de normas. 
3. A familia é o mellor exemplo para a adquisición de habilidades sociais, practica de valores, adquisición de confianza... Este é o mellor tesouro que poida darse a un fillo.


Aquí vos deixamos un enlace á canción ilustrativa "No basta" de Franco de Vita, do seu album "Extranjero", na que como o título indica, para educar non basta con compralo todo, senon que o máis importante é que o tempo (moito ou pouco) que se poida estar xuntos, sexa un tempo de calidade: con diálogo, (transmitindo os valores fundamentais para convivir na sociedade)  e boa convivencia.
https://www.youtube.com/watch?v=Pmkk53FPIck
con letra: https://www.youtube.com/watch?v=BXbkgJRNhds
https://www.youtube.com/watch?v=BXbkgJRNhds&list=RDBXbkgJRNhds&index=1
Feliz día a todas as familias que con esforzo, constancia, ilusión e esperanza educan aos seus fillos e disfrutan facéndoo, ainda conscientes de que non sempre é tarea fácil.


jueves, 23 de mayo de 2019

14 de Mayo

Antón Fraguas Fraguas nas Letras Galegas

Esta semana estivo chea de actos co obxectivo de conmemorar a ardua actividade de Antón Fraguas para promover o idioma galego ao longo de toda a súa vida. Con só 18 anos xa cofundóu a Sociedade da Lingua para promover a defensa do galego e crear un dicionario (aínda que este non chegou a publicarse). 
A partir dese momento toda a súa vida transcorreu marcada polo mesmo obxectivo: a defensa da súa lingua.


Noraboa aos alumnos de 6º polo ameno  kamishibai sobre o homeaxeado.

E tamén noraboa a todo o alumnado que, desde os máis pequenos aos maiores, fixeron coas súas traballadas representacións un fermoso Festival das Letras Galegas.  

Non vos perdades o resumo de imaxes no blog do cole.

10 de Maio

Un colexio cheo de poetas  plurilingües!





Así se vía o "Muro da poesía" rematadas as súas dúas estructuras...
Pero queda constancia de que unha alma de poeta reside en cada un de vos e as musas vos acompañan con alegría, porque xa está a profe Pilar  rematando un terceiro muro
Si nos  expresamos en distintos idiomas, é lóxico que os versos emanen tamén en diversos idiomas, polo que  si os dous primeiros eran plurilingües ( español, galego, inglés...), este terceiro está dedicado íntegramente ás nosas musas inglesas. Xa o sabedes, este terceiro muro, ademais de proporcionarnos unha entretida e gustosa lectura , proporcionaranos a oportunidade de medir o noso nivel do idioma!

Vos avisaremos cando esté rematado. Non volo perdades!!!
Moitas grazas á profesora Luz por poñer o seu gran graniño de area en pro da poesía multicultural dos nosos incipientes artistas.

9 de Maio

Día de Europa

Desde 1985, o 9 de Maio celébrase o "Día de Europa", por ser un día crave para a creación da Unión Europea: trátase do día no que o Ministro de Asuntos Exteriores francés, Robert Schuman, propuxo no ano 1950, unha nova forma de cooperación política para Europa que fixese impensable unha guerra entre os países que a conforman. 

Naquel entonces foron 6 os países  fundadores: Alemania, Francia, Bélxica, Luxemburgo e os Países Baixos. Pero desde entón, foron incorporándose pouco a pouco máis países hasta chegar aos 28.
Entre eles, España, que entrou a formar parte da U.E. o 1 de Xaneiro de 1986.

¡Feliz día de Europa a todos!






8 de Maio

 Concurso "Cánto sabes de Literatura Clásica?"

Por distintos recunchos do colexio foron aparecendo curiosas edificacións e carteis de invitación a participar nun Concurso de Literatura Clásica.
Enmarcado na celebración do Día Internacional do Libro, pretende recordar que, fronte aos numerosos volumes que enchen as baldas cada día con novos títulos de novos creadores de fantasía en prosa e en verso, nas baldas das Bibliotecas, conviven tamén exemplares de Autores de sempre que coas súas paxinas e ilustracións moldearon as mentes de moitas xeracións e seguen a estar vixentes, porque son obras de toda a vida para toda a vida. Os nosos avós, os nosos pais, os nosos tataravós.. coñeceron e divertíronse con eses personaxes cheos de picardía, dulzura, moralexa, fantasía... agora facédelo vos... e o día de mañán faranno os vosos fillos porque, a literatura clásica é cultura ademáis de entretenimiento. E por iso compre coñecela.
Aos máis pequenos, as "Casiñas dos contos", permitiulles facer un repaso polos contos coñecidos por todos, para descubrir quen era o personaxe infiltrado ou invitado de cada piso.
Para os maiores, o concurso axudounos a lembrar títulos de literatura clásica, os seus autores, os seus protagonistas, e os lugares onde se desenvolve a  acción...



 







Noraboa a todos os gañadores !!! 
E seguide lendo, clásicos ou non, pero lede moito!!!




domingo, 5 de mayo de 2019

3 de Mayo

¡Nos ha visitado Ángeles Escribano Guiancé!

Una fantástica mañana para los alumnos que este viernes han disfrutado de una divertida sesión de animación a la lectura con Ángeles Escribano Guiancé.

Tras muchos años dedicados a imprimir en sus alumnos el amor a la lectura leyéndoles en el Aula, creando Clubs de Lectura de Alumnos, Clubs de Lectura de Profesores y Familias, Talleres de Escritura... y  haciéndoles disfrutar de los beneficios del Teatro a través del proyecto Interteatro, ahora, su gran pasión por la lectura y su amor por los niños le impiden dejar de hacer lo que siempre ha deseado: contarles cuentos que les despierten el deseo de leer y escribir, que activen su creatividad y su fantasía, y que les ayude a exteriorizar y expresar todo lo que lucha escondido en su profundo mundo interior
Este viernes, nos ha visitado nuevamente en su nueva faceta de Cuentacuentos. Algo que siempre ha venido haciendo con sus alumnos pero que, ahora, puede realizar con mayor dedicación en un auténtico despliegue de expectación y fantasía.  
Muchas gracias, Ángeles, por hacernos un huequecillo en tu apretada agenda.  
¡¡Esperamos volver a verte pronto!!

jueves, 2 de mayo de 2019

30 de Abril

Visítanos Xelís de Toro

Hoxe os alumnos de 3º, puideron ver e oír en persoa a trompeta coa que Xelís de Toro desarrolla a súa obra"O trompetista e a Lúa". Unha aventura musical que nos lembra  que, para conseguir os nosos soños, o máis importante é a nosa capacidade de traballo e o sacrificio que nos mesmos nos autoimpoñemos para poder alcanzar as nosas metas. Así mesmo, pon en valor a sensibilidade que cómpre para escoitar a música, amala, e reproducila. E lémbranos a importancia do silencio que cómpre para escoitar  a propia música da Natureza

 Toda unha experiencia vivida en primeira persoa coa trompeta do mesmo Xelís!!   Fantástico!!! 
                           Moitas gracias, Xelís!