lunes, 6 de abril de 2020

6 Abril

No "Día  Internacional do Deporte para o Desenvolvemento e a Paz", todos a moverse na casa!


Hoxe, 6 de Abril, celebramos o "Día Internacional do Deporte para o Desenvolvemento e a Paz",  instaurado pola ONU en 2013, consciente da importancia que o deporte ten non só na saúde corporal de quen o practica, senón na creación dun ambiente propicio para a potenciación de valores básicos como a solidariedade, respecto ao contrario, respecto a unhas normas, inclusión... necesarios nunha sociedade xusta e nunha convivencia en harmonía
Estadio Olímpico de Atenas no que tiveron lugar
os primeiros JJOO Modernos en
1896.
Por que o día 6 de Abril? Porque ese é o día no que en 1896, tiveron lugar os “Xogos da I Olimpíada” en Atenas, tras ser abolidos no ano 393

Na súa orixe, (ano 776 a. C.), eran uns xogos que se celebraban cada 4 anos en honra a Zeus e, era tal a súa importancia, que se requiría unha “tregua sacra“, isto é que, os heraldos percorrían todos os recunchos do país avisando de que cesase toda actividade bélica, liorta ou contenda que estivese a ter lugar dende unha semana antes e ata unha semana despois da súa celebración, . Ao mesmo tempo, convidaba a participar a todos aqueles que cumprisen as condicións físicas e persoais estipuladas. Os adversarios deixaban fora as súas desaveniencias para entrar a competir con nobreza, deportivamente e sometidos a unhas severas regras, en prol de impulsar unha contenda integral. (Por exemplo, prohibíase empuxar ao contrario, ou recorrer a calquera outro medio ilícito para vencerlle). Disputábanse diversas disciplinas: Carreiras, Lanzamentos de Disco e Xavelina, Salto Longo, Loita (estas cinco probas constituían o Pentatlón), Pancrasio, Puxilato, Carreiras de Cabalo, de Carros....
Os que acadaban o segundo lugar, eran coroados cunha rama de loureiro. Os gañadores, ademais de ser coroados cun ramo de oliveira e recibir manutención a cargo da cidade ata a súa morte, eran proclamados heroes e pasaban a ser adorados case como semidioses aínda despois de mortos. Esta esaxerada exaltación axudou a que se perdese o espírito e os valores orixinais dos xogos. Entrou en escena o desexo vivo de querer ser o mellor e destacar e, iso, levou a pugnar por ser o primeiro, relegando os ideais e os costumes orixinais daqueles xogos sans, que promovían a integridade dos participantes e, en consecuencia, favorecendo a súa decadencia e a súa final abolición polo emperador no ano 393.
Esa mesma pugna levou o deporte ao profesionalismo que vive hoxe en día, e someteuno ao mesmo perigo: a pugna por ser o mellor, deixando de lado as virtudes que o deporte debe e espérase que promova.
1.503 anos despois da súa abolición, Atenas volveu brillar un 6 de Abril de 1896 coa restauración dos Xogos Olímpiocos (JJOO). Esta vez, grazas ao millón de dracmas doado por un magnate ( Georges Averoff) para a construción do Estadio Olímpico, con novas disciplinas adaptadas aos novos JJ da era moderna e impensables 15 séculos antes! (9 en total: ademais de atletismo, halterofilia, loita grecorromana e tiro, incluía: ciclismo, esgrima, ximnasia, natación e tenis).
Spiridom Louis ganador de la primera  Maratón 
Ese ano celebrouse o primeira “maratón”. Bautizouse co devandito nome en memoria do soldado ateniense Filípides, que no 490 a. C, tras vencer ás tropas do rei persa Darío I, correu desde Maratón, (onde tiña lugar a batalla), ata Atenas (39 km), para informar da vitoria, tras o cal caeu morto.
Os novos Xogos mantiveron a tradición de coroar aos dous mellores con senllas coroas de oliveira (ao 1º) e de loureiro (ao 2º), aínda que incluía ademais unha medalla de prata e unha de bronce. Na súa III edición, en St. Louis (EEUU), repartíronse por primeira 3 medallas: ouro, prata e bronce. Na súa V edición, en Estocolmo (1912) entregáronse por primeira vez as medallas sobre podios. Pero, pese ao avance dos JJ e a mellora dos premios, non debemos esquecer as sabias palabras referidas á mantenta da IV edición de Londres (1908):O importante non é gañar, senón participar”!
Animámosvos a que nestes días de longas horas en casa, practiquedes algún “deporte”: ioga, hula hoop, táboas rítmicas (inventadas cada día por un membro da familia ao que todos os demais imiten), boleibol cunha bóla feita cunha folla de papel ou xornal engurrado (a ver quen aguanta máis sen perder o pase!!!), ximnasia rítmica...
Todo vale! A imaxinación ao poder!
Todo por un corpo e unha mente saudables ( "Mens sa in corpore san!)
Animádevos!!! E, podedes compartir con todos nós,
vosas suxerencias de exercicios, xogos etc.!

A gozar!  E sen olvidar que: 
Gana el que se divierte! Pierde el que se enfada!


No hay comentarios: