miércoles, 29 de noviembre de 2023

 29 Novembro


"A mellor sopa do mundochega á Biblioteca


Hoxe, Clara e Aloia de 6º B, desvelaron ao seu público cal é o secreto para obter a mellor sopa do mundo! Esta fermosa historia de Susanna Isern sobre o valor da auténtica amizade e o extraordinario efecto que esta produce en quen a posúe, convertendo cada pequena tarefa compartida nunha auténtica festa, encheu de ilusión a sala de lectura.

As protagonistas, ademais, demostraron a súa profesionalidade como contacontos, ao ir debullando a aventura da pequena tartaruga e os inesperados convidados que o frío conducía á súa pequena cabana, coa axuda dunhas
marionetas realizadas por elas mesmas para a ocasión. Fixeron as delicias dos seus fans e gañáronse un enorme aplauso!
Clara, Aloia, parabéns polo voso saber facer!!
Esperamos volver vervos moi pronto con outra das vosas increibles actuacións!!


 28 Novembro


Ollo! "Leolo Comunica", a nosa radio, estrea blog!



A partir de agora  podedes seguir todos os podcasts do colexio a través da súa ligazón:


Alí encontraredes non só os podscats do proxecto "Artellando no Chouzo", tamén os do Equipo de Radio e os podcasts creados polos distintos cursos!

Animádevos a seguilo para estar ao día de todo o que se está a "artellar" nas outras clases!


Coma a nosa radio "Leolo Comunica" xa está a emitir, poderedes acceder ao primeiro episodio a través da ligazón que vos deixamos arriba e que tamén atoparedes na entrada correspondente do 15 de Novembro deste blogue (xa modificado!).
Neste primeiro episodio, entrevistamos á nosa querida profesora Pilar Rajoy aproveitando a súa recente visita ao colexio.



lunes, 27 de noviembre de 2023

 24 Novembro

"Contacontos de Familias" con "O monstro e a nena" de Jorge J. Costas

Un venres máis, grandes e pequenos gozaron coa sesión de "Contacontos de Familias".

Nesta ocasión, coñecemos a aventura do amoroso monstro ao que lle doía un corno e, chegado á cidade, non achaba modo de chegar ao médico para poñer solución á súa dor, por mor do temor que infundía a todo aquel que lle vía. (Triste realidade a capacidade humana para prexulgar sen coñecer!)


Foi unha xornada moi divertida na que, ademais, esperáballes unha actividade sorpresa!
Ao finalizar a lectura, atopáronse cunha mesa chea de fantasías para personalizar
o seu propio marcapáxinas!

As emocións emanadas da lectura, a ilusión, a creatividade e a
diversión encargáronse de facer desta, outra sesión inesquecible!


Moitísimas grazas á Familia lectora por dedicarnos o seu tempo e parabéns por captar a emoción de todo o público coa súa gran profesionalidade.
E moitísimas grazas a todas as Familias asistentes porque sen elas esta fermosa e didáctica actividade non podería ser posible!

Esperámosvos
a todos con ilusión no noso próximo encontro!!




domingo, 26 de noviembre de 2023

 23 Novembro

O Club de Lectura mergúllase nun mundo de sensacións con Bachir

O Club de lectura, comezou xa a gozar coa súa singradura polos
costumes e encantos do pobo árabe a través de
Bachir
.
El, afectado dunha enfermidade pulmonar, se sente "obrigado" a permanecer prostrado na súa tenda do campo de refuxiados saharauís, afastado do mundo que bole ao seu ao redor e comunicado con el, unicamente, polos sons que os seus veciños e transeúntes fan ao pasar e que lle axudan a identificarlles,( aínda que sen poñerlles cara!).
Deste xeito, os lectores van coñecendo o seu mundo, a súa cultura, as súas percepcións... ao mesmo ritmo que el as vai descubrindo .

"O cazador de estrelas" de Ricardo Gómez, xa lles cativou! Grandes sorpresas e moitas reflexións espéranlles ata o final!
Ánimo e a seguir viaxando e descubrindo a diversidade do mundo a través desta fermosa lectura!!


sábado, 18 de noviembre de 2023

 16 novembro

Lectura e marionetas con 5 anos


Hoxe, os nenos e nenas de 5 anos da
profesora
Natalia, no seu día especial de Biblioteca, gozaron dunha emocionante sesión. Ao finalizar as súas lecturas, volveron a gozar dese especial momento no que se converten en protagonistas dos seus contos favoritos, representando os seus papeis axudados polas marionetas Tim e Tom e o seu amigo
Rony . Unha especial mini-sesión de contacontos improvisada na que os actores, sen guion previo, poñen en xogo toda a súa creatividade e capacidade de organización baixo a única dirección da súa espontaneidade.
Hoxe foi a quenda de Sabela, Roi e Carmen. Coas súas inesperadas actuacións encheron de gargalladas o auditorio e gañáronse un gran aplauso!!!
Parabéns!
Seguide gozando coa lectura!



jueves, 16 de noviembre de 2023

 15 Novembro

"Leolo Comunica"... Xa está nas ondas!!

Entrevistamos á nosa querida profesora Pilar Rajoy, inpulsora incansable de actividades na nosa Biblioteca!
Os intrépidos xornalistas,
pesar de todos os
obstáculos, conseguiron
con éxito sacar adiante a súa primeira entrevistaA partir de agora, permanecede atentos ás súas novas
publicacións, pois segundo adiántannos nesta primeira edición, haberá distintas seccións para compracer o gusto de todos.

Esta primeira entrega non é máis que unha breve posta a punto. En diante, o seu contido verase ampliado.

La profesora Pilar Rajoy,
impulsora incansable de actividades
en nuestra Biblioteca. Foto de archivo.
Hoxe visitounos a nosa querida profesora Pilar Rajoy!
Aproveitamos a ocasión para entrevistala!

Aquí quédavos a ligazón:


                  Animarvos a seguirnos!

                

martes, 14 de noviembre de 2023

 14 Novembro 


Relatos curtos na Biblioteca

Hoxe, os asistentes á Biblioteca gozaron cunha historia
sorpresa!
No Taller de Escritura, contamos coa presenza de Iván, un alumno de 6º que entusiasmou ao público asistente cun vibrante relato curto da súa creación.
Bravo Iván!
Moitísimas grazas por compartir connosco a túa creatividade e enxeño!
Esperamos contar contigo, de novo, moi pronto!!

viernes, 10 de noviembre de 2023

 10 Novembro

Yanira e Elena trouxéronnos a "Elmer"!

Yanira e Elena léronnos hoxe o conto: "Elmer", de David Mckee.
Co seu protagonista multicolor encheron de emoción o auditorio.

Elmer deunos unha lección moi importante: non importa cuán diferentes sexamos aos demais,
nin cuán diferentes dígannos os demais que somos, pois as nosas diferenzas non nos fan peores, senón que pola contra axúdannos a ser especiais!!
Por iso é moi importante aceptarnos e querernos a nós mesmos tal como somos!!

Ao rematar, esperábanos unha sorpresa!
Elena e Yanira habían preparado un agasallo que, coa colaboración de Carla, recibiron todos os asistentes!
Moitas gracias!

Noraboa pola vosa elección!
E moitas gracias pola vosa participación!
Vémonos na seguiente!!


 9 Novembro 




O Club de Lectura comeza a súa rodaxe!!

Hoxe tiveron a súa primeira reunión!
Nela, ademais das directrices a seguir, tomaron xa a súa primeira gran importante
decisión de equipo: de modo democrático elixiron o primeiro libro que compartirán neste primeiro trimestre: "Cazador de estrelas" , de Ricardo Gómez.
O día a día de
Bachir no deserto saharauí, non transcorre como o dos demais. As características que lle condicionan son tamén as mesmas que lle dan unha especial habilidade.
Tomade boa nota de todo aquilo que vos chame a atención, sorpréndavos, desconcértevos, fágavos reflexionar... para poñelo en común na próxima sesión!

Ánimo e a gozar con esta fermosa e conmovedora historia mozos e mozas!


jueves, 9 de noviembre de 2023

 8 Novembro

5 anos reestrea o seu calendario de visitas!

Tras o longo verán, a Biblioteca espertou xa do seu letargo. Retomáronse as actividades e tamén os hábitos dos lectores. 
Hoxe os alumnos de 5 anos da profesora Natalia volveron a recuperar o seu "Día especial de Biblioteca" con gran alegría.

Leolo
lembroulles o importante que é respectar as normas e compartiu con ele os seus libros preferidos.
Eles pola súa banda, encherono

de mimos e caricias e puxeron toda a súa boa vontade en respectar a orde e o cuidado do seu recuncho preferido e dos andéis.


A seguir así de bos lectores rapaces!!!



martes, 7 de noviembre de 2023

 7   Novembro 

Suspense con Alba e os seus monstros na 2ª parte do Taller de Escritura

A Biblioteca volveu encherse hoxe dun halo de misterio e
suspense coa participación de
Alba (de 6º).

Nesta 2ª parte do Taller de Escritura, a protagonista  amenizou a mañá sorprendéndo a todos  cunha historia de suspense. Todo discurría dun xeito adecuado ás coordenadas típicas de toda historia de medo ou suspense, ata que, de súpeto, todo cambiou. A autora obsequiounos cun final inesperado. A ambigüedade do seu final  converteu o relato en múltiples relatos ao permitiunos elixir un final á carta, ao gusto de cada oínte: Toda a historia era un soño? Seica o soño converteuse en realidade ao espertar?  Creía espertar pero só espertaba no soño?...
 
Parabéns pola túa imaxinación e moitas grazas por estes minutos de lecer.

Esperámoste de novo!

Se queredes convertervos en protagonistas, apuntádevos!
E, se queredes gozar de máis historias como esta, non faltedes á próxima cita!


lunes, 6 de noviembre de 2023

 6 Novembro 

Regresou o xadrez!!

Hoxe, os taboleiros a cadros brancos e negros volveron vestir a
sala, e con eles, pezas e xogadores volveron establecer as súas contendas . Os máis veteranos xa se buscaban entre eles para medir a súa mestría, mentres os máis noveis poñían todo o seu esforzo en defender as súas posicións básicas.
Uns e outros gozaron dunha sesión divertida e ao mesmo tempo estrañada, aínda que algúns deles aproveitaron o descanso estival para perfeccionar a súa táctica coas súas familias.
Vémonos ao longo de todo o curso!


sábado, 4 de noviembre de 2023

 4 Novembro


Club de Lectura de Adultos!


Este venres tivo lugar o primeiro encontro do Club de Lectura
de Adultos
.
Un novo reto que desexamos chegue ao final de curso cun gran éxito de participación. Todas as Familias foron xa convidadas a participar na reunión que terá lugar o venres, 15 do vindeiro mes de decembro ás 17:00h. A obra elixida para esta ocasión foi: "Infamia", de Ledicia Costas.
Unha vibrante historia de misterio chea de amor, odio e un pouco de tolemia.
Unha gran elección!
Esperamos expectantes a posta en común!



 3 Novembro

Estade atentos!

Seguen abertas as listas para apuntarse ás actividades de Leolo. Non esquezades apuntarvos porque xa comezamos !

No rellano de primeiro ciclo seguen expostas cada unha das propostas cos días de celebración correspondente.
Non vos preocupedes,
ningunha delas vai coincidir no mesmo día
, para que poidades participar en todas! Aquelas cuxos horarios son idénticos, por exemplo
Club de Lectura e Taller de Escritura que están propostos para o xoves ambos, celebraranse en días alternos, é dicir, un xoves hai Club de Lectura e ao outro xoves hai Taller de Escritura!
Estade ben atentos a este panel, porque nel lembraranse as modificacións ou especificacións inherentes a cada unha destas actividades
(cambios de data...), así como as actividades de puntual celebración
(como concursos, etc.), e un recordatorio dos eventos de celebración inmediata en cada semana, ao longo do curso!

Animarvos!








 3 Novembro 2023


Terroríficas historias!

Dúas grandes escritoras de 3º ciclo, amenizaron a sala da

Biblioteca coas
súas creacións de terror e misterio!
O público de todas as idades congregado alí, gozou coa súa imaxinación e creatividade. E tras finalizar a sucesión de escenas
petrificantes que os seus relatos desencadearon nas súas mentes, outorgáronlles un caloroso aplauso ! Dúas grandes historias! Á altura de Shirley Jackson ou a mesma Mary Shelley e a súa obra Frankestein !
Parabéns ás dúas !
Moitas grazas pola vosa colaboración.
Esperámosvos de novo!