jueves, 30 de abril de 2020

29 Abril

"Todo sairá ben"  Xa está aquí o voso éxitazo! 


Sentímonos moi orgullosos de todos vos pola vosa implicación na chamada a participar en facer algo tan fermoso todos xuntos!

Gracias profesora Elsa pola túa labor de edición, realización, banda sonora... Pola nosa parte concedémosche o noso Grammy con todos os honores
Noraboa e gracias campeóns e campeonas, adultos e pequenos polo voso arte.

Xa podedes disfrutalo!
Aquí o tedes!





Se non podedes velo directamente, podedes acceder a través do enlace
https://www.youtube.com/watch?v=_T8IqyS03lw&feature=youtu.be

Seguide a facelo tan ben como ata agora!
Vémonos pronto!

domingo, 26 de abril de 2020

26 Abril

Chegan os Maios!


Chega Maio!
E como ben dicía o coñecido "Romance del prisionero":

Maios de Orense
"Que por mayo era por mayo,
cuando hace la calor,
cuando los trigos  encañan
y están los campos en flor..."

Así é. Chega Maio. Os campos vístense de mil cores e algúns pobos galegos aproveitan esta circunstancia para engalanar as súas rúas e prazas coas prezadas xoias que a natureza lle brinda: as súas fermosas flores.
Maios de Pontevedra
Chega o mes de Maio e con el unha das máis alegres e coloridas festas de Galicia: Os Maios!

Sabedes todos que son Os Maios?
Coñecedes a súa historia?
Sabedes cómo se constrúen?
Cales son os máis populares?...
Se aínda non o sabedes ou si o sabedes pero desexades saber máis sobre eles, a profesora Rocío explícavolo na seguinte ligazón:


Ide preparando papel, tixeiras, material para pegar ou atar ... 
porque a diversión dos maios  chega 
se vos animades a construir un... 
con flores de papel!
Ánimo!


26 Abril

COLABORANDO DENDE A DISTANCIA CON Mº DEL MAR MARÍN, AUTORA DE "ABUELITA, ¿ERES TÚ?"


No mes de setembro, o alumnado de 6ºA coa súa mestra Rocío fixeron unha actividade entrañable para conmemorar o Día Mundial do Alzheimer que se celebrou o 21 de setembro, contando para iso co conto “Abuelita, ¿eres tú?
"Caixas de recordos" elaboradas
polo alumnado de 6º A
A través dos ollos de María, vemos a evolución da relación coa súa avoa Antonia. Vemos o cambio de visión que se produce, pouco a pouco, na súa vida debido a unha terrible enfermidade como é o Alzheimer.
É por iso que os nosos nenos e nenas se aventuraron, naquel momento, a crear unhas caixas de recordos para que toda a comunidade educativa depositara os seus recordos nelas. Eses recordos aos que nos queremos aferrar e non queremos esquecer. Houbo caixas por todo o cole, nos relanzos, na secretaría, na sala de mestres... E que grazas a todos, se foron enchendo deses recordos.
Recordando esa actividade co día do libro tan presente, a mestra Rocío, púxose en contacto de novo coa autora, Mª del Mar Marín, nada nun pequeno pobo de Granada. Apesares da distancia que as separaba, a Mª del Mar encantoulle tanto esta iniciativa que nos quixo mandar un pequeno vídeo en agradecemento pola iniciativa dos nosos nenos e nenas.
Tanto Mª del Mar como a mestra Rocío concordan en que o mellor regalo que lle podemos dar aos nosos avós, estean enfermos ou non, é o noso amor e cariño. Neste tempo no que moitos de vós vos atopades lonxe dos vosos para protexelos e coidalos, seguro que os estades botando moito de menos e estades desexando darlles unha aperta.

Dende aquí queremos agradecerlle a Mª del Mar as súas palabras e darlle as grazas polo seu traballo e esforzo.

26 Abril

"Móvete conncosco na casa"


Así se chama a proposta coa que a Consellería de Educación anímanos a paliar os efectos do sedentarismo provocado polo confinamento.
Unha proposta ao alcance de todos e que, con moi poucos materiais permítennos pasar un intre divertido en familia á vez que traballamos a “Velocidade de reacción” da nosa mente, a "Forza-Resistencia” do noso corpo ou a paz interior cunha “Iniciación ao ioga". Podedes atopalas nas ligazóns:

Ánimo!
A organizarse e a divertirse poñendo a punto mente, corpo e espíritu!







 
Ánimo! 
Feliz Domingo e non olvidedes:
 Nos vemos pronto!


25 Abril

Cuentos "a la carta"


Non hai momento mellor para un neno que a lectura dun conto. Non importa a idade. Escoitar a lectura dunha historia que lle enganche e lle permíta recrear a súa imaxinación montando os escenarios,
os personaxes, os diálogos... a medida
que estes van intervindo na historia que
escoita, sen necesidade de lelo liña a liña, é un pracer que lle embarga sen límite de idade.
Aínda de adultos, quen non goza escoitando unha lectura ben narrada, coa voz adecuada, as súas pausas ben marcadas, levados a sentir o suspense, a sorpresa, a alegría, a sensibilidade do personaxe...da man da entoación do narrador?
Por xentileza da Profesora Cristina, aquí deixámosvos unha pequena selección de contacontos para que elixades o máis oportuno á idade e interese de cada un.

 A disfrutalos! 
 Moitísimo Ánimo Campeóns e Campeonas:
Nenos, Nenas e Familias


Vémonos pronto!

Gracias profesora Cristina!



sábado, 25 de abril de 2020

23 Abril

"Día del Idioma Español" o "Día de la Lengua Española en las Naciones Unidas"


Coñecemos o 23 de Abril (data da morte de M. de Cervantes e de W. Shakespeare) como o Día do Libro, pero esta data foi elixida tamén polas Nacións Unidas para celebrar o "Día del Idioma Español" ou "Día de la Lengua Española en las Naciones Unidas".
Con iso pretende apoiar os programas e o desenvolvemento do Multilingüismo e Multiculturalismo e, ao mesmo tempo, facer conscientes aos seus funcionarios e ao mundo en xeral, da historia, a cultura e o uso do español como idioma oficial.

Os idiomas oficiais das Nacións Unidas, é dicir, aqueles nos que este Organismo emite os documentos oficiais son: Árabe, Chinés, Inglés, Francés, Ruso e Español. E dado que Cervantes e Shakespeare comparten data de defunción, ambos idiomas (Español e Inglés), comparten tamén o seu Día oficial de celebración.

Desde hai máis de 300 anos, (se fundou no 1713 gobernando Felipe V), a Real Academia Española ( RAE), traballa polo desenvolvemento, regulación e conservación do idioma (establecendo regras, aceptando novos conceptos...).
Pero, cal é o noso coñecemento do idioma?
B ou V? G ou J? H ou non?...  Atréveste a comprobalo?



Qué tal? 
 Cómo foi campeóns e campeonas? 
Estamos seguros de que foi moi ben!
 Ánimo!





jueves, 23 de abril de 2020

23 Abril

¡Feliz Día Internacional do Libro!


Na entrada do 19 de abril xa explicamos o por que, o para que e o desde cando celebramos este día. E xa levades algúns días gozando con diversas propostas.
Tamén explicamos xa que, en Cataluña, onde este día coincide coa festividade de san Jorge (Sant Jordi), é tradición regalar un libro e unha rosa. Tradición que se foi incorporando a outras comunidades.

Non podemos regalarvos un libro pero si vos deixamos a opción de ler un moi especial. É especial porque é dun dos vosos autores preferidos cuxo centenario se celebra este ano (20 de Outubro) e que festexaremos ao grande cando volvamos.
Escribiu cousas como: Veinte historias más una, Érase dos veces el barón Lamberto, Cuentos para jugar Cu-Cú, Cuentos por teléfono... Xa o adiviñastes?
Sí, ese mesmo: Gianni Rodari!
O que vos deixamos, máis que un conto son moitos contos nun, pois trátase dunha serie de contos que escribiu para un programa de radio chamado "Cuentos para jugar". E ademáis de ser varios contos... cada un ten tres finales posibles e se vos invita a inventar, escribir ou debuxar o voso propio final, no caso de que non vos guste ningún dos propostos nin o que ao final elixe o propio Rodari!,,, Ou sexa, que vos mesmos podedes ser coautores de cada unha das historias reescribindo o final perfecto delas! Uauuu!
En canto á rosa... Non unha soa rosa senon as que queirades!
O Equipo de Biblioteca, para celebrar este día tan importante para todos os lectores e usuarios, tiña previsto un taller no que vós mesmos elaborásedes vosa propia flor para regalarlla neste día á persoa ou persoas que tanto queredes .
Non se puido levar a cabo! Pero podedes facelo vós na casa!
Vos deixamos unha imaxe do que podedes facer... pero a creatividade move o mundo así que vós mesmos podedes crear, inventar e innovar... A idea é divertirse!


Todo o Equipo de Biblioteca, desexamos un bo Día a bibliotecarios, libreiros, repartidores de prensa, editores, escritores, ilustradores... e todas aquelas persoas que cada día traballan por facer un mundo máis culto, un mundo máis informado, un mundo máis alegre.
Feliz Día para todos!


Aquí tedes os contos para contar, ler, reescribir...e pasalo ben neste día:




Feliz día campeóns e campeonas!
Vémonos pronto!





miércoles, 22 de abril de 2020

22 Abril


Nos tamén "#Estamosxuntosnisto"!



Queridas familias, 
Acabamos de recibir a noticia de que a TVG busca canción para pór banda sonora a este confinamento #EstamosxuntosnistoÉ por iso que nos animamos a querer participar neste concurso coa canción que a profe Elsa preparou gracias aos versos que alumnos e mestres enviaron para conmemorar o día da poesía. 


Debido a que o prazo para entregar as cancións á TVG remata o venres 24, vímonos na obriga de adiantar o prazo para que nos enviedes as vosas achegas, sendo o último día o xoves 23 de abril ás 15 horas, para que poidamos facer a montaxe do vídeo e enviala con tempo.

Gracias pola vosa colaboración!
Moitísimo ánimo. 
Xa falta menos!



22 Abril

 A xogar!  Cap. II  "Os Muiños galegos"


Estades Listos? Chegou  a segunda entrega para coñecer Galicia!



Hoxe,  imos falar dos muiños. Eses lugares máxicos tan importantes antaño paras as vidas das xentes do seu arredor. 
Inspiradores de cancións,  poemas,  lendas e novelas nos seus tempos de esplendor e agonizantes e destartalados hoxe, tras a irrupción da electricidade que fai o traballo máis rápido, menos  penoso pero, tamén, con menos encanto.  Atrás quedou o feiteceiro runm-rum das súas moas esmagando o gran, o sonoro triqui-traque do tarabelo sumerxido  no sonsonete cantarín do torrente da auga que o facía funcionar, aquela complicidade coa luz da lúa para facer nas quendas nocturnas os serpenteantes  sendeiros voltando de vagar cargando aqueles preciados sacos de maná. 
Caíron no olvido. Os que tanto ben fixeron e tanta fame solventaron, xa non teñen lugar nun  mundo de prisas e sons artificiais. Perdeuse o vocabulario ao non ter sentido nin utilidade algunha recordalo.
Pero, o certo é, que o que agora xa non serve, pasa a cobrar importancia non polo que é senon polo que foi. Agora non son muiños, pero son patrimonio, testigos dun modo de vida ancestral.

As "aceñas" ou presas serven para
desviar a auga do río hacia a canle
que ha de conducila ata o muiño
E por iso, porque son unha mostra do inxenio dos nosos antepasados que souberon aproveitar algo tan sinxelo, económico e san como as correntes da auga e o vento, tan pródigos ambos na nosa comunidade, para levar á súa casa o pan, imos repasar as súas funcións, o seus tipos, as súas partes, a súa ubicación... imos rendirlle a homenaxe que se merecen en agradecemento e, tamén, como orgullo  da riqueza do noso chan recorrido por regos, regatos, fervenzas, ríos... auga que nos da vida e nos arrulla co seu cantar.

Canto sabedes sobre o tema?
Agrupade  a vosa  Familia e... A xogar!
Estade a tentos a todo o que poidan contarvos ao respeto 
os vosos avós, tíos, papá, mamá... 
Canto máis aprendades, mellor!

Ánimo!


Cómo foi, campeóns?  
Seguro que xa sabiades todo!

Se non lograde velo directamente podedes acceder a través do seguinte enlace: 


Ánimo, e atentiños a terceira entrega:  


 A xogar!  Cap. III  "As pontes e as fontes"






martes, 21 de abril de 2020

19 Abril

"E ti, qué me recomendas?"


profesora Luz e a profesora Rocío tamén os propoñen  facer a vosa propia recomendación!
Observade o seu exemplo e... a facer recomendacións!



Enviádellas ao correo que xa coñecedes:


Ánimo!

Ler moito é a mellor vacuna contra a ignorancia!

Cando non sabemos que ler, é bo contar coas suxerencias dos demáis!
Comparte as túas!
Cantas máis opcións mellor!





domingo, 19 de abril de 2020

19 Abril

Máis plans para o próximo  xoves 23  "Día do Libro!


Como vos decíamos na entrada anterior , aquí tedes máis propostas para pasar o Día do Libro!

Nun día tan especial non pode faltar a lectura!

A profesora Rocío preparouvos unha bonita mensaxe cunha especial invitación.

Podedes acceder a ela neste enlace:

https://view.genial.ly/5e9c5670124e5b0d7bd50aa7/horizontal-infographic-review-recomendacions-lectoras-dia-do-libro


Observádeas ben
elexide as que máis os gusten 
e.... a disfrutar!!!!




19  Abril

Achégase o "Día do Libro". Xa tes un plan?


Se non é así, atento porque aquí atoparás moitos!

Miguel de Cervantes
O primeiro é recordar por qué e para qué se celebra este día!
Estamos totalmente seguros de que se esta fose unha pregunta de exame, moitos sacariades un 10! 
Ben, pero como sempre hai alguén que se incorpora novo, imos recordalo entre todos!
Se celebra desde 1996 coa finalidade de promover a literatura e tamén o traballo das editoriales e dos autores, sen os cales as fermosas historias que enchen as librerías e bibliotecas do mundo non poderían chegar a todos nós ! Sería unha pena, non?
William Shakespeare
E se elixiu o día 23 de Abril por coincidir coa morte de dous grandes escritores: Cervantes (1616) e William Shakespeare. Así de sinxelo!
En lugares como Cataluña, como este día coincide coa celebración de Sant Jordi, teñen por costume regalarse un libro e unha rosa.  Pouco a pouco, ainda que non sexa o seu patrono, outras cidades foron adoptando tamén este costume!
Agora que xa estamos ilustrados, (é moi importante saber sempre por qué se fan as cousas!), pasamos as propostas!

Atentos porque van a gustarvos  e vades a divertiros moito!!!

Aquí tedes un xogo que a profesora Rocío preparou para entreteros, aprender e xogar en Familia estos días:
Como a Tecnoloxía a veces é moi traviesa, por si non podedes acceder directamente, vos facilita tamén o enlace de acceso: 
https://learningapps.org/display?v=pvbtqmowk20 

    Ben, a reunir a toda a Familia e... a Xogar!!
Sen facer trampas. 
Recordade que a misión de todos os xogos 
non é gañar senon aprender e divertirse!!


Ánimo campeóns!!





sábado, 18 de abril de 2020

18 Abril

A xogar!  Cap. I   "Os Hórreos galegos"


Aquí está a primeira entrega para coñecer Galicia!
Comezaremos por a primeira das construccións: o Hórreo. 
Canto sabedes sobre o tema?

Agrupade  a vosa  Familia e... A xogar!




Cómo foi campeóns e campeonas
Atentos á seguinte entrega! A Xogar. Cap. 2. "Os Muiños! 
 Ánimo!

No xogo incorpórase uns enlaces interesantes para coñecer máis sobre as partes, os tipos, as medidas,. album de imaxes, etc.
Aquí os tedes tamén por si voso interesa saber máis sen ter que acceder ao xogo cada vez que queirades comprobar os datos:

https://horreosdegalicia.com/

Album de imaxes : 


Un abrazo a todos e todas e sede comprensivos e colaboradores coas vosas familias nestes días. Vale, campeóns?