martes, 31 de octubre de 2023

  30 Outubro 2023


Hoxe abrimos!

 A esperada apertura produciuse e todos quixeron coller postos para disfrutar da lectura nos seus rincóns preferidos!

Volveu o bule-bule á nosa Biblioteca!
Os andéis volveron a ser obxeto de intercambios e os libros volveron a cobrar vida
Público de todas as edadesde 1º a 6º, encheron a sala en segundos! 

Benvidos a todos! Esperamos veros con moita frecuencia!









 27 Outubro 2023


"Contacontos de Familias", un éxito rotundo!

Este venres inaugurouse a nova proposta da Biblioteca:


"Contacontos de Familias".

 Esta primeira sesión celebrouse cun cheo total! 
A obra elexida foi:"As veces mamá ten tronos na cabeza", de Beatriz Taboada.
Parabéns á mamá que deu o primeiro paso, polo seu éxito e pola súa valentía ao enfrontarse a primeira a este novo reto! 

 Esperamos que esta nova senda para captar a atención dos pequenos lectores sexa efectiva e anímelles a amar a lectura como o fan as súas familias! 
Moitas grazas á valente mamá e a todas as familias que a acompañaron  nesta estrea

Xa esperamos con ansia o segundo encontro!

Terá lugar o vindeiro  venres, 24 de Novembro!

Ahí esperamos veros a todos! 


 


domingo, 29 de octubre de 2023

 26 Outubro 2023

Que éxtase de semana!

Leolo visítanos!


Ao longo da semana, todos os cursos foron
saudando a
Leolo: desde os máis pequeniños que o visitaban por primeira vez anonadados ao verse rodeados de tantos libros, ata os máis veteranos que esperaban con expectación o momento de ver como quedara o seu lugar favorito tras a nova reestruturación, e volver atoparse cos seus libros preferidos. Pero o que ningún deles esperábase era atoparse cun feito insólito que causaría gran axitación entre os máis miúdos: Leolo visitounos! E é que, este curso,
Leolo montou o seu tobo nun rinconcito discreto da Biblioteca para estar sempre preto dos lectores! Aproveitou a fin de semana para pasearse por todo o colexio e, sen darse conta, ao regreso ao seu tobo, foi deixando as súas pegadas por todos os rinconciños!

Desde que os primeiros en descubrilo deron a voz de alarma, todo foi
excitación! Todos se puxeron a seguir as súas pegadas para pescudar onde se atopaba!
E claro, el, tan tímido, ao ver tanto alboroto, non se atreveu máis que a asomar un pouquiño a cabeciña pola portiña da súa casa!

Pero ninguén dubidou en agacharse con sixilo para
saudarlle sen asustarlle!

  


Que feliz encontro!


Aquí deixámosvos un breve resumo da frenética actividade da semana de inauguración!:

Ollo! Moi importante! Para visualizar mellor as imaxes, debedes premer co rato nelas! Cun sinxelo "clic" a imaxe en cuestión duplica o seu tamaño!!!

Se non podedes abrir a presentación directamente podedes facelo a través de este enlace:



 

23 Outubro 2023

Inauguramos a Biblioteca! 


Que nervios! Que emoción! Xa ninguén podía esperar máis! Hoxe deu comezo a semana de inauguración!
Leolo vestiu de festa a súa Biblioteca para este gran momento e así a atoparon os afortunados primeiros visitantes: unha entrada espectacular de brillo e cor para darlles a benvida! A lousa
do proxecto “Artellando no chouzo

lles lembraba e anticipaba o que sería o colofón da esperada sesión. Un “Carriño da fantasía” coa que executarían o plan de "Artellar no Chouzo", entre todos.
Un enorme mural, para encher de arte o corredor da súa Biblioteca!





E tamén un agasallo! Leolo tróuxolles a cada un: un chaveiro para personalizar a súa mochila coa súa imaxe!

Tremenda inauguración!

Valeu a pena esperar!




 

17 Outubro 2023


"ARTELLANDO" no Chouzo!

Continúa o bule bule da Biblioteca!

E transmítese a todo o colexio!  


Os corredores énchense de carteis anunciando o que se aveciña!

Pero só dentro e fóra da biblioteca? E nas aulas?

Tamén! 

Así se prepararon os potenciais lectores de 3 aniños, coa súa profesora Maribel, para coñecer á súa mascota favorita: Leolo! Facendo honra ao novo proxecto, xa se puxeron a "Artellar" e modelaron un Leolo propio moi peculiar!! Parabén artistas!!




E é que o novo proxecto da Biblioteca anima a todos á acción e vén cargadiño de novidades e sorpresas!










Ánimo! Falta menos!



 10 Outubro 2023

Xa estamos de volta! Menudo traxín!


Achégase o día tan esperado: 

A reapertura da nosa Biblioteca!

Unha reapertura chea de sorpresas!

E todo ten que estar a punto para recibir de novo aos ávidos lectores que con tanta ansia esperan para visitala! O equipo funciona a toda máquina! Todo está xa preparado: 

Os libros debidamente colocados nos seus andeis; os novos clasificadores no seu punto correspondente para facilitar que non haxa equívocos (A orde é moi importante! (Cada libro debe estar no seu lugar, non o esquezamos!); os novos pasaportes esperan xa aos seus donos; as mochilas viaxeiras están xa listas con novos libros e algunhas novidades (non só para os pequenos lectores senón tamén para os seus papás: unha carta de Leolo, o “Decálogo dunha Familia comprometida coa Lectura”e algúns "consellos" especiais para momentos especiais do día a día en familia)…

E as invitacións ás familias?

Tamén enviadas! E é que unha das innovacións de este curso é que habrá unha sesión moi especial na Biblioteca os últimos venres do mes pola tarde: "CONTACONTOS DE FAMILIAS" !

Que emoción!

Os titores xa recibiron a vosa carta de invitación!

Soamente queda esperar un pouquiño! Un nada! 

Ánimo!