miércoles, 24 de febrero de 2021

Mércores de recomendacións coa profe Cris e a profe Nerea

Boas tardes nenos e nenas do Chouzo!
Que tal estades? Unha semana máis, as nosas profes tráenvos os seus libros e pelis favoritas para que poidades achegarvos á lectura e ao cinema a través dos seus propios gustos. Esta segue sendo unha bonita maneira de coñecer aos nosos docentes un pouco máis!
Esta semana chegou a quenda de nosa profe Cris de 1º A de Primaria, as súas recomendacións non pasarán desapercibidas e son moi necesarias. Estamos seguras de que gozaredes escoitándoa, moitas grazas á nosa profe por descubrirnos un pouco máis dela e por dedicarnos un ratiño tan interesante.


Doutra banda, a profe Nerea de 5º A de Primaria preparou para vós un vídeo onde tráenos dúas recomendacións imprescindibles para seguir avanzando na deconstrucción das nosas diferenzas, e así empezar a valoralas como algo positivo. Millóns de grazas a Nerea polo seu tempo e dedicación!



Un saúdo
O equipo de biblioteca

miércoles, 10 de febrero de 2021

Mércores de recomendacións coa profe Pilar e a profe Grecia

Ola mozos e mozas do Chouzo!!
Outro mércores máis, nosas profes déixannos por aquí as súas recomendacións para que poidades botar un bo intre collendo inspiración para futuras lecturas, e ideas de pelis para ver a fin de semana!
Esta semana a profe Pilar de 1º B de primaria preparou un Genially onde recomenda un dos seus libros favoritos, o cal ten coma protagonista a un neno. A peli que nos recomenda a profe tamén ten como protagonista a un neno e é sen dúbida, unha das películas máis divertidas dos últimos anos. Moitas grazas a Pilar polas súas recomendacións e por este Genially!

Hoxe ademais, a profe Grecia 6º B de primaria tráenos unha chea de recomendacións lectoras, como ela fixo un xogo de adiviñas imos deixar que vexades o vídeo e tentedes adiviñar os títulos dos seus libros favoritos. En canto ás súas recomendacións cinéfilas Grecia regálanos dúas grandes películas, unha delas, pon en valor a figura das mulleres loitadoras e empoderadas. Moitas gacias á profe por dedicarnos o seu tempo e descubrirnos tan boas recomendacións!



Un saúdo
O equipo de biblioteca

miércoles, 3 de febrero de 2021

Mércores de recomendacions coa profe Elena e a profe Laura

Boas tardes mozos e mozas do Chouzo!
Como vai esa semana? Esperamos que xenial! Para facervos o mércores máis levadío traémosvos unhas novas recomendacións das nosas profes do cole. Alá imos!
Abrindo hoxe a entrega de recomendacións traémosvos o vídeo da profe Elena Batán de 2º B de primaria. Ela deixounos unha recomendación lectora que revisiona dándolles un novo punto de vista, os contos clásicos que todos e todas coñecemos. Doutra banda, a súa recomendación cinéfila é nada máis nin nada menos que unha película de 1956. Que non vos de medo o ano, é das películas máis divertidas da historia do cinema. Encantaravos! Moitísimas grazas á nosa profe polas súas recomendacións!


Hoxe traémosvos recomendación por partida dobre, xa que a profe Laura de ARCO tamén quixo deixarvos nun vídeo a película que marcou a súa etapa de primaria, se queredes saber cal é botádelle unha ollada ao vídeo. Nel, tamén descubriredes a súa recomendación lectora, un libro en galego que está situado en Pontevedra. Moitas grazas á profe Laura por deixarnos coñecela un pouco máis!



Un saúdo
O equipo de biblioteca