23 Abril
Día Mundial do Libro na Biblioteca: Un abanico de actividades para todos os gustos e agasallos para todos!
O 23 de Abril conmemorouse o Día Mundial do Libro e, a Biblioteca, volcouse na celebración convidando a todos a participar en todas as súas propostas: agasallos de libros para alumnado de todas as idades; agasallos de libros para as familias; lectura da obra universal da nosa literatura: "O Quixote", os días 23 e 24; apadriñamento lector...Un espléndido plan!!
O noso alumnado, ávido de coñecementos e novas aventuras, deron boa conta dos agasallos que os esperaban no patio!
Pero non só o alumnado pudo disfrutar dun bo libro! Tamén as
Familias contaron cos seus merecidos agasallos! Ubicados no "Punto Lectura Familias", os proxenitores puideron elixir entre un bo número de exemplares, o volume que amanizaría a súa xornada.
Na Biblioteca, os máis osados, fixeron gala do seu arte lector, lendo para todos os seus compañeiros, de modo continuado e en verso, os capítulos de "O Quixote"!.
Aquí vos deixamos un pequeno fragmento:
Muchas gracias chicos y chicas que habéis hecho posible esta actividad: Lola, Iago, Bastián, Alex, Lía... Sois unos campeones!!!
Naturalmente, os lectores viron recompensada a súa colaboración, cun marcapáxinas especial de esta data.
Por motivos alleos á vontade do equipo, o apadriñamento lector tivo que posporse ata a vindeira semana. De modo que, a festa do libro... continúa!