miércoles, 9 de diciembre de 2020

MÉRCORES DE RECOMENDACIÓN COA PROFE CHELO

Boas tardes a todos e todas,

Benvidos/ as a outro novo mércores de recomendacións!

Hoxe chegou a quenda da nosa querida profe Chelo de 4º B de Primaria. A profe realizou un estupendo Genially, que tedes dispoñible aquí abaixo, onde nos conta cousas moi interesantes sobre o seu libro favorito, todo un clásico da literatura.

Seguro que o coñecedes! E se non e así, este é o momento.


Moitas, moitísimas grazas á nosa profe por esta marabillosa recomendación.


Un saúdo
O equipo da biblio

miércoles, 2 de diciembre de 2020

Mércores de recomendación coa profe Conchi

Ola mozos e mozas, que tal estades?

Hoxe é mércores e polo tanto toca unha nova recomendación por parte do noso profesorado. Chegou a quenda da profe Conchi de 4º A de Educación Primaria. Neste caso a profe déixanos unha presentación marabillosa sobre dúas das súas lecturas favoritas, dúas lecturas por certo, moi valiosas. Seguro que algún ou algunha xa as coñecedes. Se non é así, animámosvos a botarlles un ollo, ou mesmo agora que se achega o Nadal, podedes aproveitar para pedir algún destes dous libros aos Reis Magos.


Moitas grazas á profe polas súas recomendacións!
Un saúdo
O equipo de biblioteca