jueves, 25 de junio de 2020

25 Xuño

Un novo curso chegou ao seu fin


Cando a temperatura advirte que o verán se aproxima e, con el, chega o soñado descanso tras 10 meses de duro traballo para sacar o máximo rendemento ao noso tempo, certo nerviosismo e inquietude se apodera do ambiente escolar.
O remate do curso escolar se semella ao remate do curso dun río que, tras salvar estreitamentos, cambios e recuperación do sentido do seu fluxo tras os meandros, obstáculos e barrancos, desemboca no seu final nunha bulliciosa e alegre cascada. Como o noso río Xallas, (o único río de Europa que desemboca en cascada. Que ata niso somos Terra de exclusividade! Aproveitamos para invitarvos a coñecela aos que non a haxades visitado nunca, como parte do Proxecto!)
Pero, como o río que tras a bravura e velocidade do seu curso alto, preséntase tranquilo mostrando a súa máxima quietude cando chega ao seu fin, este curso terminou así mesmo dun modo diferente ao habitual: sen a emotividade e o nerviosismo característico que comeza a sentirse nos pasillos, patios e aulas, xa nos últimos días do mes de Maio.
Sen dúbida, vivimos un final atípico: non puidemos despedirnos dos nosos compañeiros coa alegría que produce o traballar e compartir xogos e ilusións ata o final, gozando xuntos as festas de despedida e as gradacións. Pero, non olvidedes que seguiremos aquí e que, no futuro, calquera momento será propicio para vivir a alegría do reencontro.

Para algúns, este verán será só unha paréntese como outros. Para moitos será a barreira que os separa dun "mundo" novo:

Para os que deixan atrás ás súas queridas profesoras de Educación Infantil, á volta espéralles un escenario moi diferente (patio compartido cos "maiores", novos profesores e materias, novos espazos e métodos de traballo...).
Para os que deixan atrás o CEIP, xa non hai "volta". O final do verán suporá para eles o paso a un "centro de estudio" diferente, con profesores e compañeiros cos que nunca antes compartiron patio nin festividades.


  • A todo o personal e Familias que ao regreso volveremos a reencontrarnos aquí para emprender con ilusión e alegría un novo curso
  • A vos, alumnos que emprenderedes unha nova etapa da vosa vida no IES Santa Irene, no Instituto Politécnico ou en calquera outro colexio da cidade, e
  • A vos, compañeiros profesores que no novo curso compartiredes a vosa sabiduría e a vosa experiencia cos afortunados compañeiros e alumnos dun novo centro,

A todos,
desde o Equipo de Biblioteca,
vos desexamos un
moi feliz verán!
Cascada de Ézaro. Río Xallas







26  Xuño

Momento de ser agradecidos: O noso agradecemento a todas a persoas e institucións que nos axudaron a desenvolver o noso Proxecto: "Coñezo Galicia"


Emprender un Proxecto require un  gran esforzo e levalo a cabo precisa de moita colaboración.


 Desde o Equipo de Biblioteca, agradecemos a todo alumnado e Familias que colaborastes activamente en todas as propostas que fixemos e tamén a todas aquelas persoas e institucións que o fixeron posible facilitándonos a información e o material necesario.
Gracias ao Centro de Atención ao Cidadán do centro de Turismo da Xunta de Galicia na Coruña, á
Oficina Municipal de Turismo de Lugo, á Casa do Mapa dependente da Cartoteca de Pontevedra, á Oficina Municipal de Turismo de Ourense, á Oficina Técnica do Servicio de Arqueoloxía de Santiago, á Turismo Rías Baixas da Diputación de Pontevedra, e de maneira moi especial, queremos agradecer a Paz Varela (do Servicio de Arqueoloxía de Santiago) e a Sheila Montenegro (de Turismo Rías Baixas da Diputación de Pontevedra) pola súa gran mostra de profesionalidade, infinita paciencia e gratificante disposición de colaboración con noso proxecto.


Moitísimas gracias a todos!

NOTA: A situación atípica vivida desde as últimas semanas do segundo trimestre, impediunos rematar todos os elementos do Proxecto tal como estaba previsto. Pero, non vos preocupedes porque, á volta, dedicaremos un tempo a rematalo!






miércoles, 24 de junio de 2020


22 Xuño

"Coñezo Galicia". Un Proxecto para coñecer e descubrir a grandeza da nosa Terra. 


Agora que o curso chega ao seu fin, é cando o noso Proxecto: "Coñezo Galicia" debe dar os seus frutos

Non esquezades mirar con outros ollos ao rededor cando saiades á rúa, cando deades un paseo, cando vaiades de visita a outro pobo, cando gocedes duns días de descanso en calquera lugar da xeografía galega, porque, se unha cousa quedounos clara co proxecto, é que en calquera recuncho, en calquera momento nunha beirarrúa, no muro dunha sinxela casa, no valado dun xardín ou horta, nun cruzamento de camiños, no terreo adxacente á estrada ou camiño polo que os nosos pasos discorran, poderemos atoparnos un importante elemento patrimonial, que, clasificado ou non como "BIC" (Ben de Interés Cultural), ou figure ou non na listaxe do "Patrimonio da Humanidade" da Unesco, será sen dúbida un elemento distintivo da fortaleza, enxeño, fe, pensamento, unión e cultura dos nosos antepasados de quen debemos sentirnos sempre moi orgullosos. Un pobo que non se sente orgulloso do seu pasado, renega da parte máis importante de si mesmo, pois, as súas loitas, acertos e erros son os que lle confiren a identidade presente.

Observade pois cada escudo, hórreo, capela, cruceiro, muíño, fonte, ponte ou viaducto... con respecto e coa sobriedade que todo anaquiño de historia merece. Non vexades simples cheas de pedras, senón a historia que vos contan.

Aproveitade o aprendido para aplicalo e ver a gran riqueza que ata o de agora pasaba desapercibida aos vosos ollos.


 Tedes a fortuna de vivir nun pobo cunha extensa e arraigada historia, coñecédea, descubrídea, aproveitádea, gozádea...



Non esquezades que hai que coñecer para comprender!
E que, tanto máis se coñece e máis se comprende, máis se "vive"





jueves, 18 de junio de 2020

17 Xuño

Xa están aquí as vacacións de Verán!


Dous largos meses para facer moitas cousas: xogar, viaxar, aprender... Pero non olvidedes que todo iso e moitas máis cousas poden facerse tendo ao lado un bo amigo: un libro!
Só tedes que elexir o adecuado a cada ocasión e o verán será perfecto!
Un libro pode acercarnos a calquera tema: á historia da nosa terra, aos enigmas da natureza,  ás causas dos diferentes climas, á vida submarina, aos inventos máis curiosos de todos os tempos, aos versos máis simpáticos, ás historias policiacas máis enreversadas, ás incombustibles bandas desinadas...  
En fin, que hay un libro para cada cousa, cada gusto e cada necesidade.  De modo que, este verán, lede e lede moito!!  
O que hoxe leades, permitiravos mañá opinar!

E si non sabedes por donde empezar, aquí encontraredes algunhas boas suxerencias:

https://view.genial.ly/5eea59998bed1e0d935554a4/presentation-recomendacions-lectoras-de-veran

 Feliz verán lendo!






sábado, 13 de junio de 2020

12  Xuño

Pranayama, vuestro rincón de crecimiento interior, os da las gracias


La profesora Silvia ha unido el gran esfuerzo invertido en crear su rincón tan "especial" y "único" de PranaYama y la ilusión de los numerosos alumnos y alumnas afortunados que habéis disfrutado de tantos momentos inolvidables en vuestro espacio favorito y os los dedica en un emotivo vídeo que os ha preparado para mostraros su agradecimiento.
Podéis acceder a él en este enlace:

https://youtu.be/ZbtfpeZRE2U
                                              ¡Disfrutadlo!



  ¡Sed muy felices!  y 
¡No olvidéis todo lo aprendido!

¡Ponedlo en practica cada día!









viernes, 12 de junio de 2020

11 Xuño

Xa está exposta a Torre de Hércules!


Hai uns días decíamos que Naiara e Leila, terían en breve a xentileza de compartir con todos vos a súa gran obra.
Ese día xa chegou!
Para os que teñades que acercarvos ao colexio a resolver algunha xestión, a imponente maqueta da Torre  de Hércules encóntrase  na entrada do edificio principal, xusto en frente da secretaría.
Non vola perdades!

Damos as gracias, novamente ás artistas Naiara (3º A) e Leila (1º B), polo seu xeneroso xesto!






jueves, 11 de junio de 2020

11 Xuño


Temos novas: Xa están listos os diplomas!


Informamos a todos os ávidos lectores que se involucraron tanto coas súas Familias na proposta  "Le cos teus", dando tan  loable exemplo, que xa están listos os diplomas que certifican a súa gran labor como transmisores do  recomendable hábito de lectura na casa, toda a familia xunta. 


Noraboa a todos os merecedores deste especial recoñecemento polo que significa poseelo:
Ser un gran lector é unha gran ventaxa para abrir a mente, adquirir amplio vocabulario, dispor de  fluidez verbal para expresarse con seguridade, transmitir con máis precisión e exactitude o que se sinte ou se pensa...
Todos son beneficios!


Como di o sabio dito: ler moito pon a dieta a ignorancia
de modo que, seguide así, lendo moito






viernes, 5 de junio de 2020

5 Xuño

Xa está aquí! Xa chegou "O Papagaio"!



¿Sabedes por qué os científicos din que a finales de século xa ninguén poderá ir a xogar a praia?
¿Cántos modos de construir unha sombra coñecedes?
¿Gústavos facer pesquisas?
¿Por que dan luz os vagalumes?
¿Sabedes qué animal é este?

É un anfibio
É unha especie endémica desde Galicia ata  chegar ao río Tajo en Portugal
É pequena, alargada e esbelta con unha cola moi larga que lle da nome e que pode amputar como o fan os lagartos co seu rabo... O seu nome científico é: .  Chioglossa lusitanica. ¿Sabedes cómo a chamamos en Galicia?

Se queredes coñecer as respostas a todas estas preguntas e máis, xa sabedes o que tedes que facer!
¡Abridea en pantalla grande e a ler a vosa revista!




                                 Ademáis,  este número chega cunha sorpresa!
Á volta das vacacións de verán, a revista traerá máis información, máis propostas, máis pesquisas... Porque terá 4 páxinas máis
Uauuu!
A disfrutala!




martes, 2 de junio de 2020

1 Xuño

Naiara e Leila nos presentan a súa Torre de Hércules!



Como repaso do Proxecto do centro "Coñezo Galicia",  e en resposta a una proposta do Departamento de Dinamización Lingüística, Naiara de 3º A e Leila de 1ª Bpresentaron unha maqueta do máis real do coñecido emblema da cidade da Coruña: a Torre de  Hércules.

Feita con cortiza, nela non falta o máis mínimo detalle. Tanto é así que ata a luz do faro está activa!
Aquí vos deixamos as imaxes dos laboriosos pasos que seguiron par obter un traballo tan logrado e brillante
E vos invitamos a que os que vaiades polo colexio nos próximos días,  non perdades a oportunidade de vela, pois tiveron a cortesía de aceptar  expoñela aos demáis dentro duns días.
Non vola perdades!

Se non vos da tempo a ler algún párrafo podedes darlle a pausa ou ben volver atrás. Só tedes que pasar o ratón pola parte inferior da diapositiva para que se active a barra de de botóns: pausa, avance, retroceso...
Disfrutádea!





              Gran traballo Naiara e Leila!

Seguide así!


Para os ávidos de coñecementos, aquí vos deixamos un pequeno documental sobre a súa historia:
https://youtu.be/MTKY51HuCrU