jueves, 19 de noviembre de 2020

20 DE NOVEMBRO- DÍA UNIVERSAL DO NENO/A

Que ocorre o día 20 de novembro?


Para SABER MÁIS: O 20 de novembro é un día importante: celébrase o Día Universal do Neno/a e conmemóranse os aniversarios da adopción da Declaración Universal dos Dereitos do Neno (1959) e a aprobación da Convención dos Dereitos do Neno (1989).



"Crianzas" Sebastiao Salgado (TASCHEN)


Para PRIMARIA:

CLICK


Para INFANTIL


CLICK


Para REFLEXIONAR sobre este tema, gustaríanos ver que cousas pensades que cambiaron para os nenos e nenas do mundo, pero tamén, que cousas cambiaron para vós, víronse minguados os vosos dereitos? 


Doutra banda, en que estades a axudar para mellorar a situación? Para contarnos todo isto, podedes elaborar un debuxo acompañado dunha carta, ou unha redacción a modo de historia....Seguro que saen cousas moi interesantes! 




Un saúdo, o equipo da biblioteca. 

miércoles, 18 de noviembre de 2020

MÉRCORES DE RECOMENDACIÓNS COA MESTRA MARÍA

Boas tardes a todos e a todas,
benvidos/as a outro MÉRCORES DE RECOMENDACIÓNS!
Este día temos a sorte de que a profe María de 5º B de primaria fíxonos un vídeo súper interesante. Nel fainos unha chea de recomendacións, así que estade atentos e atentas por se descubrides algunha que sexa do voso gusto.

Moitas grazas á profe por descubrirnos tantos títulos interesantes!

Un saúdo
O equipo da biblioteca

miércoles, 4 de noviembre de 2020

MÉRCORES DE RECOMENDACIÓNS CO MESTRE CIBRÁN

Boas tardes mozos e mozas!
Como xa sabedes hoxe é mércores, así que...hoxe toca MÉRCORES DE RECOMENDACIÓN!
Para este mércores témosvos preparada unha sorpresa moi especial. Esta vez é a quenda do noso mestre Cibrán de 6º B. Dámoslle as grazas por recomendarnos os seus "imprescindibles", que nos permitiron coñecelo un pouco máis, así como algúns dos seus intereses, sitios nos que estivo...

No seu vídeo atoparedes unha lectura moi especial, posto que está ambientada na cidade do noso centro.

Animámosvos a que o escoitedes para descubrir de que libro se trata!




Un saúdo

O equipo da biblioteca