lunes, 9 de enero de 2023

UN NADAL DE CINEMA

Benvidos/as outra vez mozos e mozas!! 

Esperamos que durante estas vacacións de nadal gozásedes de pasar tempo en familia e descansásedes todo o posible despois de todo o traballo realizado durante este primeiro trimestre. 

Os días previos ás vacacións na biblio viviuse un Nadal de cinema. No noso espazo puidestes atopar recomendacións tanto de literatura relacionada co Nadal como de películas para gozar nas vacacións.





Vémonos xa pola biblioteca en horario normal de mañás e ás tardes de 16 a 17:00h.


Unha aperta, 

O equipo de Biblio