domingo, 27 de febrero de 2011

CLUB DE LECTURA - Febreiro

O libro proposto nesta ocasión foi

Anxo Fariña

Título: "O ladrón de palabras"
Autor e Ilustrador: Anxo Fariña.
Antes de ler o libro non coñecíamos ao autor, pero agora xa sabemos un pouco sobre el.

Comentarios sobre o Autor:
  • Escribe moi ben
  • Ten moita imaxinación
  • É un bo escritor
  • Escribe uns libros moi orixinais
Comentarios sobre o libro:
  • Moi guay porque era moi interesante, curto, entretido e orixinal
  • Pódense formar cousas coas letras e coas palabras
  • Moi interesante porque, ademais de ler, podense aprender algunhas palabras que probablemente non se sabían 
  • Que desaparezcan as palabras e un grupo de nenos as recuperen
  • É un libro moi imaxinativo
Vai dirixido: a calquer tipo de persoa, non hai que poñer idade.


martes, 15 de febrero de 2011

Os nenos de 2º fixeron estes libriños dun conto do seu itinerario lector.
Aquí tedes algúns deles.
Quedaron así de bonitos.
Estes nenos escriben moi requeteben.
Felicidades!! Están preciosos


sábado, 5 de febrero de 2011

DÍA DA PAZ

Catro alumnos de 6º prepararon, para conmemorar o día da paz, unha sinxela dramatización sobre os dereitos humanos e a educación en valores.
Todo o mérito é para estes catro artistas que tiveron cativados os nenos de infantil e tamén os máis pequenos de primaria.
A representación quedou fenomenal.
Parabéns e felicidades!!

Día da Paz Infantil on PhotoPeach

Día de la Paz Primaria on PhotoPeach

Os nenos de 1º ciclo escoitamos a canción de "Vicentiño" un paxaro que descubriu que nas polas das árbores aniñaba a palabra Paz.
Logo escoitamos o relato de "A historia de Erika", un bebé que se salvou na 2ª guerra mundial.
Despois fomos a ver os murais que elaboramos entre todos.

1º ciclo Día de la Paz on PhotoPeach

O SOLDADIÑO DE CHUMBO

A alianza de tres empresas, a Editorial Galaxia, Continental Games e Moonbite acaba de lanzar ó mercado unha revisión en clave galega do tradicional conto de Hans Christian Andersen: " O Soldadiño de Chumbo", que presenta un innovador formato 2.0, con texto ilustrado, unha curtametraxe de animación e unha aplicación de Ipad.
O libro, adaptado por Xavier Senín, está editado como álbum e foi presentado onte. Inaugura a colección Contos de Cine de Galaxia. o libro inclúe un DVD cunha curtametraxe de animación que narra a historia, a cargo de Virginia Curia e Tomás Conde, que se presenta en castelán, galego e inglés.

(Información de: http://www.elcorreogallego.es/tendencias/ecg/a-revision-galega-multimedia-de-o-soldadino-de-chumbo/idEdicion-2010-12-15/idNoticia-620938/ )

O actor e director Emilio Aragón compuxo a banda sonora.