Mostrando entradas con la etiqueta concurso Leolo cambia de look. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta concurso Leolo cambia de look. Mostrar todas las entradas

viernes, 12 de septiembre de 2025

 11 Septembro

Leolo quere cambiar o seu look!!!


Bos Dias! Xa estamos de volta!

O descanso estival chegou ao seu fin e a actividade volve encher de alegría os patios e corredores dos colexios, ata o de agora sumidos nun profundo silencio. Xa volvemos todos a marcar no noso calendario as actividades, descansos, compromisos, obrigacións... desta nova etapa.

Tamén Leolo está a traballar no seu calendario! E a súa primeira decisión foi marcarse unha pequena renovación: Quere actualizar o seu look!
Sen perder a súa personalidade, pretende poñerse en forma para poñerse a ton co novo Proxecto que vai presidir: as
"ChouzOlimpiadas"!!! E, para iso, decidiu pedirvos axuda a todos os seus amigos e fans! Xa fixo pública a súa decisión! E espera que todos colaboredes coas vosas propostas para atopar unha "imaxe" final que lle faga sentirse un auténtico deportista!!!
Ánimo e a pensar como vos gustaría velo!!
Conta con todos vós!