lunes, 29 de junio de 2026

 16 Xuño

Entrega de Premios na Biblioteca

Hoxe Leolo encheu a Biblioteca de premios. 

Na ceremonia de entrega desfilaron: os membros dos Clubs de Lectura de 5º e 6ºos Axudantes de Biblioteca en agradecemento pola súa fiel colaboración ao longo do curso facilitando a labor do Equipo de Biblioteca, os gañadores e finalistas do Campeonato de Xadrez e participantes no Campeonato de Damas, o alumnado máis lector e os gañadores do Concurso de Cómic.

Deste xeito tan alegre celebraron todos a súa última visita á Biblioteca e despedíronse ata o novo curso. Ata que en outubro as novidades e as novas propostas de actividades devólvaos á acostumada trasfega!!!!

Noraboa a todos os premiados e muitas gracias pola súa colaboración!


28 Xuño

Aventuras e lecturas sen présas no verán!

Por fin chegou o descanso e con él un montón de horas sen
plan á vista. Ou con moitos plans pero tamén con moitos intermedios sen nada con que entreterse.

Qué facer neses intres? Aquí vos deixamos un puñado de ideas que, ben sabedes que son só un breve exemplo dos millares que vos podedes elexir: vivir aventuras, descubrir misterios, axudar a superheroes, decubrir cómo funciona o mundo, coñecer outras culturas, viaxar a lugares exóticos... e todo sen sair do cuarto ou do lugar donde te atopes descansando! Sen facer e desfacer maletas, sen abrir e cerrar portas... Só abrindo un libro e despertando a túa imaxinación!

Ponte cómodo, elixe un libro e disfruta do increible mundo que as súas páxinas te ofrecen!

Aquí tedes algunhas suxerencias:

Si non podes visionar adecuadamente as suxerencias, podes consultalas tamén neste enlace:

https://view.genially.com/64a0216dbe04fb0013cf838e 

Aprovetitamos para agradecer a toda a comunidade educativa a súa colaboración ao longo de todo este  curso e desexámoslles a todos un:

Feliz verán !

Vérémonos de novo en Outubro e esperamos contar de novo con todos vos!




lunes, 8 de junio de 2026

 5 Xuño

Especial clausura do Club de Lectura de Adultos!

O Club de Lectura de Adultos celebrou a súa última sesión dun modo moi especial.

Elixiron a obra: "Cartografía de mis lunares", de Cristina Labrador, e contaron coa presenza da súa autora, quen é, ademais, profesora deste centro.

Coa alegría habitual que caracteriza as súas sesións desfrutaron compartindo opinións, fraguando novas amizades e desfrutando uns momentos especiais que só o que desfruta lendo e compartindo o que leu pode experimentar.

Unha longa pausa estival chega, non para esquecer, senón para lembrar, acumular novas ideas e descubrir novas lecturas que farán máis breve a espera ata o seu reencontro ao comezo do novo curso.

A este marabilloso grupo de ávidos lectores e lectoras, Leolo deséxalles un:

Feliz verán cheo de impactantes lecturas!

Vémonos de novo en setembro!


 5 Xuño


Xa temos gañadores do IV Torneo de Xadrez e Damas

Parabéns a todos os que desfrutaron con este xogo milenario ao longo destas semanas, e un merecido aplauso para os gañadores que, día a día, foron demostrando a súa gran habilidade para facerse coa vitoria.

Non foi doado! O nivel dos adversarios esixía concentración máxima para evitar o mínimo descoido! Rematado o Torneo de Xadrez, xa coñecemos aos gañadores:

André alzouse coa vitoria, seguido de preto de Enzo e Teo que empataron en segundo posto e seguidos, á súa vez, por Iago que proporcionou unha final moi rifada acadando o terceiro posto de finalista. Mención especial, merecen Samuel e Xoel que tamén mantiveron moi alto nivel de competición ata o final, deixando atrás a moitos xogadores! Parabéns a todos!

En canto ao Torneo de Damas, Enzo e Iago demostraron un gran dominio e estratexia, vencendo aos seus respectivos rivais.

Noraboa aos dous!