lunes, 16 de diciembre de 2019

Uns aniversarios moi especiais. Un pequeno xesto, un gran agasallo!

Dirixidos pola profesora Noelia e acompañados polos acordes da súa guitarra, nenos e nenas voluntarios de 3º, 4º, 5º e 6º do noso colexio, e inclusive algunhas mamás, uniron as súas voces para cantarlles na tarde do venres un moi feliz cumpleanos a dous avoiños do centro de día "Vigo Maior" que celebraban xuntos o seu aniversario. Unha gratificante experiencia na que os agradecidos avós, ademáis de disfrutar dunha fermosa canción máis "No puedo vivir sin ti", non quixeron deixar marchar ao inesperado coro sen ser agasallados ainda cunha canción máis, que, por estar en época navideña, acabou sendo o tradicional villancico que todos coñecen: "Campana sobre campana".
Aos avós agasallados:
Felicidades e a seguir cumplindo moitos máis!!!
Aos alumnos voluntarios que decidiron alongar a tarde do venres por unha tan boa causa:
Noraboa polo voso corazonciño!
Un pequeno xesto, un enorme agasallo!!



No hay comentarios: