jueves, 5 de diciembre de 2019

4 de Decembro

Hoxe, o Teatro viu ao colexio!

 
"U-la Lúa?" é unha proposta chea de valores como a tenrura, o respecto ou a 
solidariedade e onde a violencia non ten cabida e a ilusión fai dos soños unha realidade.
Lúa é unha gatiña pequena, algo tímida e asustadiza. Vive coa súa avoa nunha humilde casa. No exterior contan cun fermoso xardín no que Lúa pasa as horas xogando soa. Non ten irmáns e a avoa non lle deixa saír fóra, mais Lúa soña con viaxar, coñecer novos lugares e ter amigas e amigos para xogar. 
Foi unha actividade moi interesante e que nos deixou moitas cousas para reflexionar.




No hay comentarios: