jueves, 26 de diciembre de 2019

Chega o Nadal!

A inminente chegada do tempo preferido polos nenos está marcada no ambiente.
Pasaron uns días de frenética actividade preparando a chegada do Nadal.
Original corona de Adviento
de la profesora Luz
Todos os corredores luciron fermosos  motivos navideños. O alumnado empregouse a fondo. 

O Departamento de Inglés deleitounos cun fermoso mural no que de atractivos agasallos saían como unha explosión as caras sorrintes dos nenos e nenas, auténticos protagonistas do Nadal, mentras cun brillante cartel nos desexaban a todos  “Merry Christmas” !!!
Os alumnos de 5º e 6º alegraron o seu corredor decorando unha fermosa árbore de Nadal con bolas de cores moi personalizadas!
Nenos e nenas de varios cursos montaron un pequeno belén ao abrigo da gran árbore de Nadal, no que grandes, medianos e máis pequenos puideron xogar.
 
E por suposto, tamén os Axudantes da Biblioteca lle deron o seu toque de Nadal cunha árbore e unha coroa de Advento moi particulares. 

Moitas grazas rapaces por poñer toda a vosa alegría nas vosas obras e dar exemplo de labor de equipo!

No hay comentarios: