miércoles, 25 de diciembre de 2019

Nova sesión de  

"Lendas na Lareira"

Nada como reunirse fronte á lareira para superar o frío e as condicións climatolóxicas adversas do exterior!
Así superaban as longas noites de inverno os nosos antepasados e así o lembraron os alumnos de 6º A que, animados pola súa profesora Rocío,
reuníronse á súa calor para gozar dunha sesión moi animada de lendas populares e contos tradicionais
A verdade é que o tempo real destes días o propiciaba!!!


                                                             
Bonita estampa! 
Animámosvos a todos a compartir a experiencia!

No hay comentarios: