jueves, 5 de diciembre de 2019

Bibliotecas: lugares de ocio e de aprendizaxe ao mesmo tempo

O alumnado de quinto e sexto realizou estes días unha visita á Biblioteca Juan Compañel, no centro da cidade. Alí explicáronlle o funcionamento da biblioteca asi como todo o material que temos os usuarios a nosa disposición.  
Foi unha mañá moi interesante. Tanto é así que foron varios os alumnos e alumnas que esa mesma tarde foron con seus pais a facerse o carné de usuarios da biblioteca

Noraboa ás profesoras por saber promocionar o uso dun soporte tan importante na educación dos nenos de hoxe pois, serán o día de mañá, uns xoves  cun hábito adquirido que determinará en gran medida o seu futuro!


No hay comentarios: