27 Febreiro
Nova sesión do Club de Lectura de Adultos
Este venres, o Club de Lectura de Adultos ( "Club de Dozura" !)
puxo en común as súas impresións sobre a obra de Pedro Feijoo: "Onde nacen as bestas". Unha obra apaixonante cuxo denso e confuso argumento lévanos, en ocasións, a dubidar se lemos unha historia real ou tan só paseámonos polo limiar dunha lenda.
E, a próxima cita, para cando? O Club de Dozura xa estableceu o seu próximo encontro!
Será o venres, 10 de Abril. E, para ese día, elixiron a novela coa que debutou Lucía Solla Sobral: "Comerás flores". Unha historia, desgraciadamente á orde do día, que ocorre con máis frecuencia do debido e cuxos protagonistas ignoran vivir. Pois cando os malos tratos de calquera tipo (psicolóxicos ou físicos), tenta disfrazarse de "amor profundo", as vítimas son sempre remisas en aceptar que o son e, polo tanto, nunca tentan defenderse ou aceptar axuda, pois se negan a ver a realidade!
Unha cita na que esperamos vervos a todos!


No hay comentarios:
Publicar un comentario