5 Xuño
Especial clausura do Club de Lectura de Adultos!
O Club de Lectura de Adultos celebrou a súa última sesión dun modo moi especial.Elixiron a obra: "Cartografía de mis lunares", de Cristina Labrador, e contaron coa presenza da súa autora, quen é, ademais, profesora deste centro.
Coa alegría habitual que caracteriza as súas sesións desfrutaron compartindo opinións, fraguando novas amizades e desfrutando uns momentos especiais que só o que desfruta lendo e compartindo o que leu pode experimentar.
Unha longa pausa estival chega, non para esquecer, senón para lembrar, acumular novas ideas e descubrir novas lecturas que farán máis breve a espera ata o seu reencontro ao comezo do novo curso.
A este marabilloso grupo de ávidos lectores e lectoras, Leolo deséxalles un:
Feliz verán cheo de impactantes lecturas!
Vémonos de novo en setembro!

No hay comentarios:
Publicar un comentario