domingo, 22 de marzo de 2026

 20 Marzo

Día Mundial da Poesía  na Biblioteca!

Este sábado, 21 de Marzo, celebrouse o Día Mundial da Poesía. Data establecida en 1999 pola UNESCO co obxecto de promover a diversidade lingüística, protexer linguas en perigo, estimular a creación poética e celebrar a poesía como un diálogo intercultural que une ás persoas. Unha oportunidade, en definitiva, para potenciar a lectura, a escritura e o ensino da poesía como elemento de socialización. 
Naturalmente, Leolo tamén quixo celebrar este día cun acto especial. Convidou a todos os amantes deste xénero literario, vehículo ideal para a transmisión de sentimentos, beleza e emocións, para gozalo, todos xuntos, ao grande!

No hay comentarios: