27 Febreiro
Contacontos de Familias
Este venres, Jamaica e a súa nai Ana, proporcionáronnos unha instructiva e divertida sesión de Contacontos de Familias.Con Dhor como protagonista, tivenmos a oportunidade de reflexionar sobre o noso importante papel como axentes activos no coidado do noso medio ambiente.
Ao rematar, os presentes gozaron cunha divertida e orixinal actividade mergullados entre os elementos
naturais máis importantes que nos dan vida: a terra e as plantas.
Moitas gracias Ana e Jamaica por esta inolvidable sesión!


No hay comentarios:
Publicar un comentario