lunes, 8 de junio de 2026

 5 Xuño


Xa temos gañadores do IV Torneo de Xadrez e Damas

Parabéns a todos os que desfrutaron con este xogo milenario ao longo destas semanas, e un merecido aplauso para os gañadores que, día a día, foron demostrando a súa gran habilidade para facerse coa vitoria.

Non foi doado! O nivel dos adversarios esixía concentración máxima para evitar o mínimo descoido! Rematado o Torneo de Xadrez, xa coñecemos aos gañadores:

André alzouse coa vitoria, seguido de preto de Enzo e Teo que empataron en segundo posto e seguidos, á súa vez, por Iago que proporcionou unha final moi rifada acadando o terceiro posto de finalista. Mención especial, merecen Samuel e Xoel que tamén mantiveron moi alto nivel de competición ata o final, deixando atrás a moitos xogadores! Parabéns a todos!

En canto ao Torneo de Damas, Enzo e Iago demostraron un gran dominio e estratexia, vencendo aos seus respectivos rivais.

Noraboa aos dous!

No hay comentarios: