SOLUCIÓN DO SEGUNDO RETO.
Amigos e amigas de primaria, que tal os debuxos?
Xa vin algúns e son moi bonitos. Aquí deixo unha mostra dos que fun vendo polos
corredores.
Lembrade que o xoves 10 teredes un novo reto esperando no sobre!
Un saúdo!
Leolo.
Con motivo do noso proxecto de Centro, desde a Biblioteca, queremos emprender tamén a nosa particular viaxe " Pasiño a Pasiño". Para iso, a partir do próximo mes de febreiro, Leolo, a mascota da Biblioteca, cada dúas semanas deixará unha nota en cada unha das portas de cada aula de infantil e de primaria, na que vos informará do reto a resolver durante esas dúas semanas.
Estes retos poderán consistir en diferentes actividades: unha procura de información, un Genially, unha adiviña, etc. Co obxectivo de que con cada reto conseguido, cada aula conseguirá un selo nas 12 xanelas da súa credencial e a súa correspondente compostelá, que Leolo deixará tamén na porta de cada aula ao comezo de febreiro.
E como saber se
desciframos ben cada reto? A solución será publicada aquí o xoves anterior ao cumprirse esas dúas
semanas.
Un saúdo.
O equipo de biblioteca.
Boas tardes mozas, mozos e familias do Chouzo!
Alguén sabe que día é hoxe?
Pois...o Día da Biblioteca!! Aproveitando esta conmemoración, anunciamos que a biblioteca, este curso 2021-2022, por fin abre as súas portas.
A partir do luns 25 de outubro, polas tardes, de 16:00 a 17:00, poderedes vir coas vosas familias a coller libros e películas. Debido á situación socio-sanitaria que estamos vivindo, a alumna ou o alumno, soamente poderá vir acompañado dun membro da unidade familiar.
Un saúdo
O equipo de biblioteca.
Ola mozos e mozas do Chouzo! Que tal estades? Imaxinamos que agora que se achega o verán, desexando empezar as vacacións para descansar e tomar forzas para o curso que vén!
Desde o equipo de biblio queriámosvos dar as grazas por acompañarnos durante este curso escolar, así como tamén, queriamos darlles as grazas a todas as nosas profes polo traballo tan bonito que fan a diario e por participar con tanta entrega das actividades que lles propoñemos!
Hoxe, como broche final dos nosos mércores de recomendacións traémosvos dous vídeos. O vídeo da nosa profe Victoria, e o vídeo da nosa querida directora, Pili. Felices vacacións!
Vémonos á volta!
O equipo de biblioteca
Ola mozos e mozas do Chouzo!
Que tal estades? Estabámosvos esperando!
Un novo mércores, xa sabedes, unha nova recomendación.
Esta vez, da man de Lorena, a profe de PT. Ela preparou para vós este fantástico vídeo onde recomenda unha chea de cousas chulísimas! Esperamos que vos guste! Moitas grazas á nosa profe por estas fantásticas ideas de lectura e cinema!
Un saúdo
O equipo de biblioteca
Bos tardes mozos e mozas do Chouzo!
Que tal vai a semana? Seguro que cada día con máis ganas de verán!
Xa sabedes que van quedando poucas recomendacións que ofrecervos, hoxe atesouramos dúas máis.
A primeira é a de nosa profe Mercedes de relixión, no seu vídeo ensínanos unha chea de contos e libros de literatura clásica que son un imprescindible de calquera biblioteca. Na nosa temos uns cuantos, así que se queredes pasarvos a por algún xa sabedes! Moitas grazas á profe Merce polo seu bonito vídeo!
O segundo vídeo é o de Elena, a nosa orientadora. Neste vídeo temos unha chea de recomendacións para os pais e as nais que queiran entender un pouco máis aos seus fillos e fillas, neles seguro que atoparán respostas a moitas das súas dúbidas. Mil grazas a Elena por este vídeo e por estas recomendacións que estamos seguras serán de moita utilidade.
Un saúdo
O equipo de biblioteca
Benvidos mozos e mozas a outro mércores de recomendacións!!
Cada vez son menos os profes que quedan por recomendarnos os seus descubrimentos lectores e cinéfilos. Este mércores, a nosa profe Patri de Infantil tráenos un vídeo moi especial, onde nos recomenda un libro para os máis pequenos/as e un libro para as familias, ademais dun curto moi bonito! Grazas a Patri polas súas marabillosas recomendacións!
Un saúdo
O equipo de biblioteca
Boas tardes mozos e mozas do Chouzo!
Que tal vai a vosa semana? Agora que estamos xa no ecuador traémosvos novas recomendacións das nosas profes! Xa son moitas as recomendacións que imos sumando á nosa colección, e desde o cole esperamos que vos estean gustando!
Esta semana é a profe Lucía de 4º A de Educación Infantil a encargada de recomendarnos unha serie de libros dun dos autores máis coñecidos da literatura infantil dos últimos tempos, Hervet Tullet. Se non vos soa, botádelle unha ollada, merece moito a pena e aos máis pequenos e pequenas da casa, encantaralles! Moitas grazas á nosa profe polo seu vídeo!!
Doutra banda, a profe Cristina de 6º A de Educación Infantil tamén quixo deixarvos a súa recomendación lectora. Un clásico entre os clásicos, que conta con personaxes que son xa referencia da nosa cultura popular, unha pista: un deles é un coello que leva sempre encima un reloxo. Adiviñades? Seguro que si! Esperamos que vos guste este vídeo tan bonito que nos preparou a profe, moitas grazas a ela!
Un saúdo
O equipo de biblioteca
Un saúdo
Boas tardes nenos e nenas do Chouzo!
Volvemos cun novo mércores de recomendacións!
Un saúdo
Que ocorre o día 20 de novembro?
Para SABER MÁIS: O 20 de novembro é un día importante: celébrase o Día Universal do Neno/a e conmemóranse os aniversarios da adopción da Declaración Universal dos Dereitos do Neno (1959) e a aprobación da Convención dos Dereitos do Neno (1989).
![]() |
| "Crianzas" Sebastiao Salgado (TASCHEN) |
![]() |
| CLICK |
Para INFANTIL:
![]() |
| CLICK |
Para REFLEXIONAR sobre este tema, gustaríanos ver que cousas pensades que cambiaron para os nenos e nenas do mundo, pero tamén, que cousas cambiaron para vós, víronse minguados os vosos dereitos?
Doutra banda, en que estades a axudar para mellorar a situación? Para contarnos todo isto, podedes elaborar un debuxo acompañado dunha carta, ou unha redacción a modo de historia....Seguro que saen cousas moi interesantes!
Un saúdo, o equipo da biblioteca.
Un saúdo
Este mércores é a quenda de nosa mestra Inma de 6º A, que con moito amor déixavos as súas recomendacións.
Quizá no seu vídeo atopedes o que será o voso libro favorito, ou unha peli que recomendar a alguén nun futuro!
Bos días lectores e lectoras!
O 20 de Outubro foi un día moi especial, un dos vosos autores preferidos estivo de centenario.
Escribiu cousas como: Veinte historias más una, Érase dos veces el barón Lamberto, Cuentos para jugar Cu-Cú, Cuentos por teléfono...
Xa o adiviñastes?
Efectivamente: GIANNI RODARI!
Pero... e Quen era Gianni Rodari? Aquí contámosvos quen era, que facía e tamén vos deixamos algunhas propostas do autor para traballar coas palabras. Creando, mezclando, retorcendo, investigando, imaxinando, e buscando un sinfín de posibilidades! Animádesvos a probar?
Un saúdo dende o equipo de biblioteca!
Bos días a todos e todas!
Dende 1997 celébrase o Día das Bibliotecas o 24 de outubro.
Dende a biblio do noso cole queremos destacar o importante papel que xogan as bibliotecas, encargadas de ofrecer acceso á cultura, ao coñecemento e ao entretemento baixo calqueira circunstancia. E aínda que poidan vir anos atípicos, a biblioteca seguirá sendo o motivo polo que moitos e moitas achegadesvos á lectura dende ven pequenos/as, da man dos vosos familiares e dos vosos profesores/as.
As bibliotecas son un recurso fermosisimo para toda a comunidade educativa, e están sempre ao noso carón.
E aínda que a nosa biblioteca permaneza pechada ao público queremos seguir abrindoa ao mundo, así poís vos propoñemos que nos contedes: Onde te levou a túa última lectura? De onde eran os personaxes da obra?
Neste mapa podedes ir deixando o nome da vosa última obra lida, marcando xeográficamente de onde eran os personaxes da obra.
PARA FACELO: