miércoles, 2 de diciembre de 2020

Mércores de recomendación coa profe Conchi

Ola mozos e mozas, que tal estades?

Hoxe é mércores e polo tanto toca unha nova recomendación por parte do noso profesorado. Chegou a quenda da profe Conchi de 4º A de Educación Primaria. Neste caso a profe déixanos unha presentación marabillosa sobre dúas das súas lecturas favoritas, dúas lecturas por certo, moi valiosas. Seguro que algún ou algunha xa as coñecedes. Se non é así, animámosvos a botarlles un ollo, ou mesmo agora que se achega o Nadal, podedes aproveitar para pedir algún destes dous libros aos Reis Magos.


Moitas grazas á profe polas súas recomendacións!
Un saúdo
O equipo de biblioteca


No hay comentarios: