Boas tardes nenos e nenas do Chouzo!
Volvemos cun novo mércores de recomendacións!
Un saúdo
Boas tardes nenos e nenas do Chouzo!
Volvemos cun novo mércores de recomendacións!
Un saúdo
Que ocorre o día 20 de novembro?
Para SABER MÁIS: O 20 de novembro é un día importante: celébrase o Día Universal do Neno/a e conmemóranse os aniversarios da adopción da Declaración Universal dos Dereitos do Neno (1959) e a aprobación da Convención dos Dereitos do Neno (1989).
![]() |
| "Crianzas" Sebastiao Salgado (TASCHEN) |
![]() |
| CLICK |
Para INFANTIL:
![]() |
| CLICK |
Para REFLEXIONAR sobre este tema, gustaríanos ver que cousas pensades que cambiaron para os nenos e nenas do mundo, pero tamén, que cousas cambiaron para vós, víronse minguados os vosos dereitos?
Doutra banda, en que estades a axudar para mellorar a situación? Para contarnos todo isto, podedes elaborar un debuxo acompañado dunha carta, ou unha redacción a modo de historia....Seguro que saen cousas moi interesantes!
Un saúdo, o equipo da biblioteca.
Un saúdo
Este mércores é a quenda de nosa mestra Inma de 6º A, que con moito amor déixavos as súas recomendacións.
Quizá no seu vídeo atopedes o que será o voso libro favorito, ou unha peli que recomendar a alguén nun futuro!
Bos días lectores e lectoras!
O 20 de Outubro foi un día moi especial, un dos vosos autores preferidos estivo de centenario.
Escribiu cousas como: Veinte historias más una, Érase dos veces el barón Lamberto, Cuentos para jugar Cu-Cú, Cuentos por teléfono...
Xa o adiviñastes?
Efectivamente: GIANNI RODARI!
Pero... e Quen era Gianni Rodari? Aquí contámosvos quen era, que facía e tamén vos deixamos algunhas propostas do autor para traballar coas palabras. Creando, mezclando, retorcendo, investigando, imaxinando, e buscando un sinfín de posibilidades! Animádesvos a probar?
Un saúdo dende o equipo de biblioteca!
Bos días a todos e todas!
Dende 1997 celébrase o Día das Bibliotecas o 24 de outubro.
Dende a biblio do noso cole queremos destacar o importante papel que xogan as bibliotecas, encargadas de ofrecer acceso á cultura, ao coñecemento e ao entretemento baixo calqueira circunstancia. E aínda que poidan vir anos atípicos, a biblioteca seguirá sendo o motivo polo que moitos e moitas achegadesvos á lectura dende ven pequenos/as, da man dos vosos familiares e dos vosos profesores/as.
As bibliotecas son un recurso fermosisimo para toda a comunidade educativa, e están sempre ao noso carón.
E aínda que a nosa biblioteca permaneza pechada ao público queremos seguir abrindoa ao mundo, así poís vos propoñemos que nos contedes: Onde te levou a túa última lectura? De onde eran os personaxes da obra?
Neste mapa podedes ir deixando o nome da vosa última obra lida, marcando xeográficamente de onde eran os personaxes da obra.
PARA FACELO:
![]() |
| Cascada de Ézaro. Río Xallas |


