jueves, 2 de abril de 2009

GERÓNIMO STILTON


Os nenos de 6ºA fixéronnos rir cunha representación do famoso Gerónimo Stilton.

Ao principio estaban un pouco nerviosos, pero a verdade é que estiveron moi ben e levaron os aplausos do público. Felicidades!!!

Nesta aventura desapareceu unha querida plantiña e todo era un agobio, pero as investigacións levaron ao grupo por bo camiño e ao final resolveuse todo satisfactoriamente.

Se queres acceder á páxina web de Gerónimo Stilton fai "clic" no seu nome.





sábado, 21 de marzo de 2009

ARTISTAS GALARDONADOS-CONTOS CLÁSICOS

Como recompensa ao esforzo que obtivo como resultado un traballo ben feito, os artistas foron galardonados con material axeitado á animación á lectura e a que repitan este tipo de actividades.

E, como non, FELICIDADES E PARABÉNS AS SÚAS TRES "PROFES"!!!


domingo, 15 de marzo de 2009

EL CAPITÁN CALZONCILLOS


Os alumnos de 5ºB impresionáronnos coa escenificación dunha aventura do famoso "CAPITÁN CALZONCILLOS".

Unha vez máis, o Capitán ten que loitar para defenderse dos maleficios dos seus inimigos. Aventura da que, como sempre, sae airoso.

O guión, a posta en escena, o atrezzo... todo foi iniciativa deles.

A verdade é que o fixeron moi ben e que pasamos un rato moi divertido. Agora solo queda que veñades á Biblioteca a ler estes libros.

PARABÉNS!!!


Contacontos 2º trimestre, marzo 2009

Este curso, na Biblioteca, estamos cun proxecto de Contos Clásicos titulado "CAIXÓN DE FANTASÍA".

Os nen@s de 4ºA e 4ºB prepararon este trimestre dúas versión de "Carapuchiña Vermella", dúas versións de "Os tres porquiños", "A princesa e o chícharo" e "A Cincenta".

Pero foi un Contacontos moi especial xa que fixeron unhas fantásticas representacións teatrais dos mesmos.

Felicidades a estes artistas!!!


CARAPUCHIÑA




CARAPUCHIÑA VERMELLA




A CINCENTA



A PRINCESA E O CHÍCHARO



OS TRES PORQUIÑOS



TRES PORQUIÑOS

domingo, 1 de marzo de 2009

EMILIO CALATAYUD, xuíz de menores

O popular xuíz de menores de Granada, Emilio Calatayud, é coñecido polas súas sentencias educativas e orientadoras.


Watch Un juez especial  |  View More Free Videos Online at Veoh.com

DECÁLOGO PARA FORMAR DELINCUENTES

MOCHILAS VIAXEIRAS

Este curso, no pasado mes de xaneiro, puxemos en marcha "As Mochilas Viaxeiras".

Todos os cursos, desde infantil de 3 anos ata 6º, teñen unha Mochila que cada nen@ leva a súa casa durante uns días (máximo 1 semana).

É unha iniciativa para Ler en Familia e compartir as lecturas no tempo de lecer.


Hora de ler
Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa
Subdirección Xeral de Centros

Asesoría de bibliotecas escolares
http://www.edu.xunta.es/biblioteca.blog

MOCHILA VIAXEIRA

Os libros gustan da viaxe e da sorpresa, agardan nos
andeis ou nos expositores por esa man que, ao abrilos,
poña en funcionamento a maxia da lectura.
A mochila viaxeira permitirá levar libros á casa para
compartilos coa familia: ese conto que tanto nos
gustou, ese libro de poemas que ten palabras fermosas,
as imaxes dun álbum que tanto me abraiaron, esa
música que fai bailar ás pedras, unha película, un libro
que fala do tema que andamos a estudar...


Finalidade

A mochila viaxeira está pensada para que, desde a biblioteca
escolar, se poida organizar unha actividade que implique ás
familias, e así proporcionar un motivo de encontro entre os
distintos membros desta, tomando como motivo o mundo dos
libros e da lectura. A mochila é o soporte que permitirá aos
rapaces e rapazas levar á súa casa, en préstamo temporal, uns
materiais que reforcen o vínculo entre familia e escola no seu
labor común para a formación dos lectores máis novos.
2009: Año Internacional de la Astronomía


En 1609, un científico italiano llamado Galileo Galilei hizo historia al dirigir su telescopio casero hacia el cielo nocturno. 400 años después, hay telescopios espaciales girando en torno a la Tierra y sondas espaciales que exploran los planetas y las lunas de nuestro Sistema Solar.

Para celebrar el aniversario de la era del telescopio se ha escogido 2009 como Año Internacional de la Astronomía. El objetivo es ayudar a la gente a redescubrir su lugar en el Universo. Este año especial se inició entre el 15 y 16 de Enero con una espectacular ceremonia inaugural en París. Entre los invitados había 200 estudiantes, de 18 a 21 años de edad, procedentes de distintos países.





Nosotros también participamos en esta celebración con los profes Ángeles y Miguel Ángel que nos pusieron unas fotografías y unos vídeos y nos dieron una charla sobre el Universo y los avances de la humanidad en el conocimiento del mismo.

Luego nos repartieron unas fichas con dibujos espaciales para colorear a infantil y primer ciclo y unos cuestionarios de educación documental sobre Astronomía a segundo y tercer ciclo.

Nos gustó mucho, pero lo que más , lo que más nos gustó a todos fue el vídeo del "Rover Marciano"

Seguramente, alguno de nosotros, cuando sea mayor, será uno de esos científicos que trabajan investigando el Universo.





Simulación del "Rover Marciano"



Lanzamiento del cohete "Ariane 5"


Lanzamiento del transbordador "Shuttle"


Aterrizaje
Juegos y Entretenimiento
Ahora que ya sabes algunas cosas sobre Astronomía y el Universo puedes aprender, jugando, algunas cosas más de forma divertida.
Haz clic en "Juegos de la ESA" , "Juegos de la NASA" , o en "SpaceNASA" y ¡suerte!
HISTORIA DA ASTRONOMÍA
XOGA E APRENDE
Preme aquí para comezar.
Traballo realizado por QUINI do ceip Condesa de Fenosa

miércoles, 25 de febrero de 2009

CLUB DE LECTURA PARA NAIS-PAIS


Imos comezar un Club de Lectura de nais/pais e" profes" do colexio. Reunirémonos unha ou dúas veces ao trimestre. En cada unha desas reunións comentaremos un libro e proporemos outro, falaremos das lecturas dos nenos, de actividades interesantes sobre lectura, libros, aprendizaxe...

Se che gusta ler podes compartir as túas lecturas e as túas opinións.

Se queremos que os nenos lean teñen que vernos ler a nós.

Libro: O noso primeiro libro para comentar é: "El beso del Sáhara" de Gonzalo Moure.

Día: Reunirémonos o martes día 24 de marzo

Hora: 18:00h

Lugar: Biblioteca; sala "Gonzalo Moure"

Información: Blog da Biblioteca

domingo, 8 de febrero de 2009

O ENTROIDO

Este enlace é unha aportación de Julia, compañeira do PLAMBE. Grazas outra vez Julia.


Preme na imaxe e...
Comeza a aventura do Entroido

jueves, 5 de febrero de 2009

SE TI LES, ELES LEN






GUSTARÍACHE PERTENCER A UN CLUB DE LECTURA?





Sabes que é un Club de Lectura?

Un Club de Lectura é un grupo de persoas que se reúnen para compartir o pracer de ler e conmentan os libros que len no seu tempo libre.

Os obxectivos dun club de lectura son:

  • Aumentar o pracer pola lectura
  • Servir de apoio e estímulo para ler autores variados
  • Compartir o que lemos con persoas de diferentes niveis educativos
  • Comprender as obras desde o contexto da súa creación
  • Coñecer amigos que compartan o gusto pola lectura

Cómo funciona?

Fórmase o grupo cando hai inscritas algunhas persoas, o ideal é que o grupo sexa dunhas 20 persoas.
Hai un moderador que se encargará de moderar ao grupo.
As reunións son un día a unha hora, que se fixa previamente, na Biblioteca do cole.

É importante saber que……

  • O ingreso é gratuito
  • Non é necesario ler en voz alta nas reunións
  • Non é necesario intervir nos debates
  • Podes acudir aínda que non leras o libro na súa totalidade
  • Todas as actividades que se realizan no club son voluntarias

Que se vai a ler?

  • Narrativa
  • Poesía
  • Teatro
  • Biografías
  • Calquera outra cousa que nos apetezca

Actividades do club:

Ademais de ler libros e sempre que poidamos, tamén teremos outras actividades como:

  • Lectura Publica
  • Foro aberto
  • Invitados especiais
  • Círculos de autor
  • Presentación de películas
  • Comparación entre a obra escrita e a película
  • Concursos...



miércoles, 4 de febrero de 2009

LIBROS CON ESTRELA DOURADA

Ven á Biblioteca a coñecer algunhas das nosas novidades. Estes son algúns dos libros cos que poderás entrar nun mundo máxico e maravilloso.

ALICIA EN EL PAÍS DE LAS MARAVILLAS



EL MAGO DE OZ

martes, 3 de febrero de 2009

UN BONITO CUENTO

“Este cuento está dedicado a todas las mujeres valientes

que quieren cambiar su vida y a todas aquellas que la perdieron

y nos iluminan desde el Cielo”

Nunila López y Myriam Cameros


“La Cenicienta que no quería comer perdices” es un cuento moderno, realista, divertido y profundamente esperanzador que nos muestra la situación de tantas mujeres que un día descubrimos que nuestra vida no es ese cuento de hadas que nos prometieron y que nosotras nos creimos.


La autora Nunila López Salamero y la ilustradora Myriam Cameros Sierra reinventan el cuento clásico de la Cenicienta con una protagonista vegetariana, marchosa y rebelde.


Las ilustraciones tienen fuerza y nada tienen que ver con otros dibujos femeninos más azucarados, y el texto es pura esencia porque, en su brevedad, consigue aunar una crítica feroz contra nuestra sociedad y el papel oficial de la mujer con una visión positiva y holística de metamorfosis.


Son 45 páginas de imágenes y textos minimalistas que se leen en 5′ y que sientan tan bien como un buen masaje.


Os recomendamos a todas y todos leerlo y analizar cuánto hay de cuento o de realidad en nuestras vidas.

THE PRESTO - "O mago e o coello"

Esta curtametraxe fainos reflexionar, entre outras cousas, sobre o traballo en equipo e o compañeirismo.

viernes, 30 de enero de 2009

Hai que ler, ler, ler...

Busca unha lectura, busca un lugar, ponte cómod@ e... le.

Cando queiras, con quen queiras, onde queiras e... le.

Hay que ler, ler, ler...

"La segunda estrella a la derecha"

2ª PARTE


1ª PARTE

miércoles, 7 de enero de 2009

Concurso de "PASAPALABRA"

Para rematar o trimestre houbo un concurso de "Pasapalabra".
Houbo moitos nervios, moita expectación e moitas sorpresas.

E, como non, tamén moitos premios.

GONZALO MOURE

O día 17 de novembro de 2008 o escritor Gonzalo Moure veu ao colexio.
Descubrimos a placa á entrada da Biblioteca co seu nome.
Tivo unhas charla cos nenos maiores, medianos e pequenos, cos profes e os pais moi interesantes e divertidas.
Foi un día moi emotivo para todos.
Grazas Gonzalo pola túa compañía, polas túas palabras e por todo o que representas.

lunes, 5 de enero de 2009

MARCADORES

Nos recreos dos xoves temos talleres.
Esta vez fixemos uns marcadores co abecedario para que sexa máis doado atopar e colocar os libros nos andeis.
Queremos agradecer aos compañeiros do ceip Carrasqueira as ideas que comparten con nós.
Esta, aínda que fixemos outro modelo, é unha delas.

Axudantes de Biblioteca

Este novo curso houbo moita participación dos nenos para axudar e colaborar na Biblio.
Foron tantos os que se anotaron que a profe Vicky tivo que facer varios turnos por trimestres.
Como era de esperar, tamén nós confeccionamos uns chalecos distintivos para estes axudantes de biblioteca tan entusiastas.
Felicitacións para os que participaron na primeira quenda. Foron moi responsables, tomáronse moito interese por aprender e fixeron un bo traballo.
Parabéns!!

domingo, 4 de enero de 2009

CONTOS DE MEDO POLO SAMAÍN

No mes de novembro escribimos e debuxamos uns Contos de Medo.
Cada ciclo reuniuse na súa zona e, aínda que todos os contos foron moi interesantes, como premio os mellores de cada clase léronse aos compañeiros por estes "bruxos e curuxas" autores dos mesmos.


SAMAÍN - Música de Mamá Cabra


CURSO 2008-09

PRESENTACIÓN DA COLECCIÓN DE LIBROS DE MORTADELO


Nenos de 6º B prepararon a escenificación dunha das aventuras do famoso detective da "Tía" para a presentación da colección de libros TODO MORTADELO.


O guión, o atrezzo e os efectos especiais estiveron a cargo de eles mesmos.


A verdade é que o fixeron moi, moi ben. O éxito foi rotundo e así o demostrou a afluencia de público, as risas e os aplausos.


¡Felicitacións para este grupiño de improvisados cómicos!