domingo, 1 de marzo de 2009

MOCHILAS VIAXEIRAS

Este curso, no pasado mes de xaneiro, puxemos en marcha "As Mochilas Viaxeiras".

Todos os cursos, desde infantil de 3 anos ata 6º, teñen unha Mochila que cada nen@ leva a súa casa durante uns días (máximo 1 semana).

É unha iniciativa para Ler en Familia e compartir as lecturas no tempo de lecer.


Hora de ler
Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa
Subdirección Xeral de Centros

Asesoría de bibliotecas escolares
http://www.edu.xunta.es/biblioteca.blog

MOCHILA VIAXEIRA

Os libros gustan da viaxe e da sorpresa, agardan nos
andeis ou nos expositores por esa man que, ao abrilos,
poña en funcionamento a maxia da lectura.
A mochila viaxeira permitirá levar libros á casa para
compartilos coa familia: ese conto que tanto nos
gustou, ese libro de poemas que ten palabras fermosas,
as imaxes dun álbum que tanto me abraiaron, esa
música que fai bailar ás pedras, unha película, un libro
que fala do tema que andamos a estudar...


Finalidade

A mochila viaxeira está pensada para que, desde a biblioteca
escolar, se poida organizar unha actividade que implique ás
familias, e así proporcionar un motivo de encontro entre os
distintos membros desta, tomando como motivo o mundo dos
libros e da lectura. A mochila é o soporte que permitirá aos
rapaces e rapazas levar á súa casa, en préstamo temporal, uns
materiais que reforcen o vínculo entre familia e escola no seu
labor común para a formación dos lectores máis novos.

No hay comentarios: