miércoles, 26 de febrero de 2020

21  Febreiro

Galicia a través dunha mostra da gastronomía, a música, os traballadores do mar e algúns dos seus entroidos emblemáticos   


os "Cigarróns de" Verín
Chegou o gran día do desfile. O alumnado cubríu as rúas adxacentes ao colexio de cor,   música e alegría. 
E facendo honor a Galicia, os transehúntes puideron observar e gozar dunha pródiga mostra de inxenio e creatividade usada na representación

- de dous dos seus moitos entroidos emblemáticos:
"Os Cigarróns" de Verín (Ourense), e as "Mamadamas e Galáns" de Cobre (Pontevedra).
"Madamas ...
...e Galanes" de Cobre


-  duns aguerridos traballadores do mar uniformados de Capitán Pescanova;

- dunha festiva lexión de "galegos e galegas" engalanados co seu traxe rexional tuneado para a ocasión e interpretando ao unísono a festiva música "A saia de Carolina";

A alegre dotación "Capitán Pescanova"
- e, como non? Duns acreditados chefs da "Polveira Chouzo". Unha nutrida comunidade de polveiros que desfilou cunhas peculiares tapas de "polbo á feira" ineludibles en toda festa!!


Elengantes e tuneados acorde  ca música 

Ficción e realidade para abrir o apetito
Aquí vos deixamos un pequena mostra da xornada que, rematou dun xeito moi divertido, cando o alumnado de 6º  expuso públicamente todos os cargos polos que se enxuiciaba ao meco deste entroido 2020, e cos que o Xulgado Popular, desde as gradas, manifestou o seu unánime acordo con efusivos aplausos tras cada un dos cargos recoñecidos.


Unha xornada perfecta gracias ao "bo facer" de: 
 todos os participantes, dos organizadores, das autoridades, á paciencia dos conductores e viandantes e a todo o conxunto de familiares que apoiaron a actividade e "donaron" o seu valioso tempo para lograr a orde e a seguridade necesaria ao longo de todo o percorrido.
Gracias a todos!





21 Febreiro

Chegou un entroido moi galego!


Coralia y Maruja  Fandiño Ricart
Chegou precedido duns días previos de quecemento, nos que se puxo de moda o peculiar e colorido estilismo que popularizou ás irmás santiaguesas Maruxa e Coralia Fandiño Ricart, coñecidas como "as Marías" ou "as dúas en punto" e en cuxo recordo se erixe, desde 1994, a popular escultura da entrada da Alameda. Estas irmás, para moitos símbolo do pobo reprimido tras o estalido da Guerra civil e nos anos da posguerra, conservaron ata o final dos seus días o costume de pasear xuntas, collidas do brazo e sempre ás dúas horas da tarde, exhibindo unha vestimenta e unha maquillaxe de esaxerado colorido que moitos interpretaron como un berro de liberdade, de non deixarse vencer pola inxusta represión, a humillación e as vexacións ás que se viron sometidas, nas décadas da súa mocidade, por mor das
 Luns un colorido pano como Maruxa 
circunstancias familiares e políticas da época.

Dona Maruxa, a maior, faleceu en Santiago en 1980 aos 82 anos. Coralia viviría entón na Coruña con outra irmá pero morrería 2 anos máis tarde coa nostalxia do apoio da súa irmá Maruxa, e os seus puntuais paseos xuntas polas rúas de Santiago.  

Martes beizos e ollos pintados
como Maruxa
Mércores: un peculiar peinado









Pola súa valentía, este ano foi Dona Maruxa a encargada de encher de colorido aulas, patios e pasillos.
De luns a mércores, un pano na cabeza, os seus coloridos beizos e ollos, e un orixinal peiteado serviron de homenaxe ao seu peculiar modo de rebelión.
Xoves, de mandil
E o xoves, para rematar a homenaxe, todos portando un mandil!! Porque debaixo do seu "personaxe" escondíase unha persoa de carne e óso con sentimentos rotos e cunha vida cotiá que non distaría da de calquera outra ama de casa, de non ser polas penurias que lle foron infrinxidas.

Aquí vos deixamos un breve resumo do colorido preludio do entroido :

Si queredes saber máis sobre as irmás e a época vivida, hai 
- un documental do ano 2013, no que poden escoitarse  relatos feitos por veciños, familiares, persoas que as coñeceron, como o mesmo autor e promotor da súa escultura da Alameda.
Este é o enlace: 
Só o dato final sobre as tumbas é incompleto. Pois desde o 2014 as entidades que se citan no documental lograron o seu obxectivo de reunilas para  a eternidade nunha mesma tumba.

- E tamén un libro, escrito por Aurea Sánchez : "As Marías de Santiago"

E como o importante é coñecer Galicia, nas clases de 3º e 4º de E.P., os nenos e nenas estiveron a estudiar moito sobre  un entroido moi peculiar:  "O entroido de Cobres", na provincia de Pontevedra, moi preto de Vigo, noutro extremo da ponte de Rande, casi.
Eles e elas fixeron un estudio moi pormenorizado das costumbres, vestimentas e demáis, e compartiranno con  todos nós, no expositor da segunda planta que estamos invitados a visitar. 
Non volo perdades!!! 
Estade atentos!!
Aquí vos deixamos un adianto: 
Nenos e nenas de 3º A preparándo
a exposición do "Entroido de Cobres"
O alumnado de 3º A distribuye
as súas funcións para
reparar a exposición






















martes, 25 de febrero de 2020

20 Febreiro

Biblioteca:  Lectura para todos y Responsabilidad de todos


Os alumnos de 1º coa súa titora Anxa.
Asiduos usuarios do recuncho
Se buscamos un lugar especialmente ambientado para a lectura compartida, esa é a nosa Biblioteca. 
A súa jaima é o lugar preferido por todo o alumnado para realizar as súas lecturas tanto individuais como compartidas.

Lecturas, xogos de palabras, actividades relacionadas coas lecturas... momentos de diversión didáctica para animar ao máis "preguiceiro" a converterse no máis ávido lector, ou a fortalecer a súa paixón pola lectura ao que xa a goza.

Pero, se a lectura beneficia a todos sen diferencia de idades, tamén a responsabilidade de coidar a orde e o material ha de ser responsabilidade de todos. E, facelo respectar, ofrécenos unha gran oportunidade para ir imprimindo os bos hábitos de uso, coidado e goce dos bens e zonas comúns. Así o entenden os máis pequenos, que con gran ilusión e entusiasmo apoian ao grupo de Auxiliares no mantemento da orde dos fondos.

Os máis pequenos entusiastas
axudantes dos Auxiliares

Seguide así rapaces!
Gracias polo voso apoio e o voso exemplo!


Animamos a todos e todas
a poñer o voso granito de area por unha Biblioteca máis ordenada
sen facer recaer toda a carga nas mesmas persoas de sempre.
Se é labor de todos,
unha tarefa compartida é menos pesada e máis divertida!





jueves, 20 de febrero de 2020

19 Febreiro

Coñeces ben o noso idioma?

Atreveste a averigualo xogando?


O "Portal das Palabras", ( proxecto da RAG e a Fundación Barrié para a  
dibulgación do léxico galego
), ofrécenos a oportunidade de descubrir o
ben que coñecemos o noso idioma, dun modo moi divertido!
A través de múltiples xogos, como "verdadeiro ou falso", "só unha vale", "dimo con letras", "canto sabes", ...
podemos poñer a proba o noso coñecemento sobre ortografía, (tentando escribir correctamente os termos que se nos ditan: suburbio, abusivo, anoxo, iotacismo...), coñecer o término exacto que convén utilizar en contextos moi concretos, ou descubrir cal é a palabra que realmente considérase válida dunha lista que adoita usarse inapropiadamente, por exemplo.
O osado que queira aprender palabras novas ou correxir os erros que está cometendo sin sabelo ao usar o noso idioma, ten aquí a posibilidade de perfeccionar o seu vocabulario decidindo no só o modo de facelo (é dicir, o tipo de xogo: mediante dictado de palabras, mediante test de verdadeiro ou falso, mediante preguntas e respostas alternativas...) senon tamén o tema específico que lle interesa perfeccionar ( entroido, oficios, sentimentos, festas, verdades da lingua...)
Atrévete a botarlle un pulso aos teus coñecementos e tenta pescudar con que seguridade coñeces a nosa lingua!
En solitario, en parella, en equipos... Tes 15 segundos para demostrar a túa/vosa mestría no manexo das palabras en 10 probas!

Para practicar o vocabulario que vos fará falta nos próximos días, sobre o entroido, aquí vos deixamos o enlace directo á súa sección:



Ánimo!

Xoga!

Descobre!

Aprende divertíndote!


miércoles, 19 de febrero de 2020



EN ESPACIO PRANAYAMA LAS GRACIAS NO LAS DAMOS POR EDUCACIÓN SINO CON EL CORAZÓN.

ESTA VEZ, QUISIÉRAMOS DAR LAS GRACIAS, CON TODO NUESTRO CORAZÓN, A JOSE POR VENIR A REGALARNOS SU PRESENCIA Y SU ENERGÍA
UNA EXPERIENCIA ÚNICA DONDE NOS HEMOS PODIDO SUMERGIR EN EL FABULOSO MUNDO RELAJANTE DEL SONIDO DE LOS CUENCOS TIBETANOS Y DE CUARZO.

A TRAVÉS DE UNA MEDITACIÓN GUIADA, PUDIMOS ADENTRARNOS EN EL BOSQUE Y SUS PERSONAJES FANTÁSTICOS QUE NOS HICIERON CONECTAR UNA VEZ MÁS CON EL AMOR DE LA NATURALEZA.



¡¡MUCHISIMAS GRACIAS DE CORAZÓN JOSE POR HABER VENIDO A ESPACIO  PRANAYAMA!!

¡¡OS DEJO UN MANTRA QUE HEMOS CANTADO TODOS JUNTOS DURANTE  LA MEDITACIÓN GUIADA!!


Somos los duendes y hadas del bosque.
Somos los duendes y hadas que calman.
Te envío energía,
recibo la tuya.
Y siento que  mi cuerpo ahora se relaja.




17 Febreiro

O "Carballo Lector"  cúbrese de follaxe literario!


1º Escribimos nuestra sugerencia
Estes días, o alumnado de 6ºA foi o responsable da aparición dunha incipiente follaxe
no gran "Carballo Lector". Nas súas ramas, ao alcance de todos, colocaron xa as primeiras suxerencias lectoras. En cada unha das súas follas, poderedes atopar o título da obra que vos animan a ler e o seu nome, por se queredes recibir máis información sobre o mesmo.

2º. Recortamos la silueta de la hoja
Animádevos todos a seguir o seu exemplo!

As "follas" do carballo para facer a vosa propia invitación lectora, tédelas á vosa disposición na Biblioteca, nunha coqueta canastilla sobre a mesa de rexistro de préstamos e devolucións. Só tedes que escribir o título a compartir, o voso nome e curso, recortala e pegala nalgún dos "brotes" que emerxen das ramas do carballo.
Hojas para elaborar tu sugerencia


3º Pegamos la hoja sobre alguno de
los brotes que emergen de las ramas

É ben sinxelo!

Aporta a túa suxerencia e comparte ás dos demais!
Non dubides en facerlle unha visita cando queiras saber qué obra está máis de moda ou gusta mais.










16 Febreiro

Os "sanandresiños"


Algunhas das fermosas creacións:
a escaleira (o traballo),
a coroa (protección), a flor (amor)
Formando parte do contido do Proxecto "Coñezo Galicia", o alumnado de 1º A  coa súa titora Anxa, aprendeu un costume tradicional de San Andrés de Teixido (A Coruña). 
Nesta aldea elaboran amuletos con miolos de pan chamados "sanandresiños". 
Cada un deles protexe diferentes ámbitos da vida: o traballo, a saúde, as viaxes, o amor...
Eles fixeron a súa propia versión no horario de Plástica, con plastilina e cola.
Estes son algúns exemplos!

Bravo rapaces pola vosa creatividade!
E gracias a súa titora por compartir con todos nós unha tradición tan arraigada, 
e descoñecida por moitos!
Aprender cousas da nosa terra,  coñecela mellor, axudaranos  a valorala, querela e coidala!




martes, 18 de febrero de 2020

15 Febreiro

Chega o Antroido, o Entroido ou o Carnaval?


Xa se sinte a  proximidade das datas que traen de cabeza a todos: preparación de disfraces, máscaras, cantinelas, organizacións, percorridos... Toda unha morea de decisións a tomar e un millón de cousas a recortar, coser, pegar,  pintar...
Pero todo iso para qué? Para celebrar o entroido, para disfrutar o antroido ou para pasalo ben co carnaval?
Sabemos cómo se denomina verdadeiramente a celebración que nos ocupa tanto tempo?
Par os ávidos de sabedoría, aquí tedes un enlace que vos conecta ca iniciativa da RAE para dar a coñecer un pouco máis o noso idioma: o "Portal das Palabras"


https://portaldaspalabras.gal/video/antroido-ou-entroido/

Animaivos a coñecer un pouco máis do noso fermoso idioma!



14 Febreiro

E o "Valse da Amizade" para rematar!


Como guinda final, para celebrar a alegría dun día tan especial, estabamos todos convidados a cantar con Pilar o seu "Valse dá Amizade". Foi moi divertido e instructivo, pois aproveitou para falarnos dalgúns instrumentos e costumes musicais típicas da nosa terra como a "botella de anís", as vieiras, as tisolas... instrumentos ao alcance de todos os fogares, cando a música era algo habitual para acompañar as tarefas domésticas, as celebracións tras o final da colleita ou calquera evento importante nos pobos que requirían celebración.

Cantamos todos ao son do pandeiro. E logo amosounos como se tocaban as "culleres" e as "tarrañolas". A súa habilidade nos deixou a todos anonadados.

A súa firma quedou rexistrada no libro de visitas especiais e
a súa alegría nos nosos corazóns para celebrar o Día da Amizade

Moitas gracias Pilar
por estes momentos tan divertidos e didácticos!