jueves, 2 de noviembre de 2017

VALENTES DE PRIMEIRO VISITANDO A EXPOSICIÓN DE MEDO


Os nenos e nenas de primeiro visitaron a biblioteca coas súas mestras Pilar e Isabel.


viernes, 27 de octubre de 2017

EXPOSICIÓN DE MEDO!! NON FALTES


Convidámosvos a visitar a exposición de medo na biblioteca,veeennnn.........
Se te atreves claro!!!!



miércoles, 25 de octubre de 2017

CITA CO MEDO O DÍA 31 DE OUTUBRO


Lembrade que axiña, o martes 31 de outubro, terá lugar a nosa cita na biblioteca dentro da semana do medo..para compartir esos relatos terroríficos. 
Lede as bases nos carteis que atoparedes pola escola.
Agardamos polos vosos terroríficos relatos!!!!








                                






           













martes, 24 de octubre de 2017

APERTURA DA BIBLIOTECA

Chegou o día tan esperado polos nenos e nenas.... hoxe,  24 de outubro abrimos a biblioteca.

                         


Temos moitísima sorte de contar cos AUXILIARES DE BIBLIOTECA, nenos e nenas que  xenerosamente adican tempo a axudar a mestras, nenas e nenos para que isto marche!
Moitísimas grazas!!!



                   Benvidos a tod@s !!!!


                                                                  

                                         
     
                                                                            



 


             


                         




domingo, 22 de octubre de 2017

CONCURSO DE RELATOS DE MEDO!!!


PRÓXIMAMENTE....EXPOSCIÓN DE MEEEDOOO!!!


Os amantes de ter pesadelos lendo obras de terror, horror e calafríos, poderán visitar a exposición de "Historias intrigantes, feitos inquietantes e personaxes espeluznantes", que con seguridade farán as súas delicias.





 Preparando cousiñas medoñentas para a exposición da biblioteca



A SEMANA DO MEDO NA BIBLIOTECA


Este curso comezamos a travesía cunha semana inquedante en grao máximo:  A " Semana do medo na Biblioteca". Non vola perdades!!! Convidámosvos a participar no concurso de relatos curtos de medo. Lede as bases  e á escribir!!!! Agardamos os vosos terroríiiificooos relatos!!!!

COMEZAMOS AS ACTIVIDADES DA BILIOTECA!!!


TOD@S ATENTOS! Por fin chega o día tan esperado. O martes, 24, abre as súas portas a Biblioteca, retomando todas as súas actividades:  Club de lectura, Taller de escritura creativa, Animación a la lectura, Experimentos científicos, Concursos... e moito máis.


jueves, 19 de octubre de 2017

A PIQUES DE COMEZAR!!!!



A Biblioteca pónse a punto para abrir ás súas portas o próximo 24 de Outubro.


sábado, 14 de octubre de 2017

PARABÉNS A ANTONIO GARCÍA TEIJEIRO!


Parabéns ao escritor Antonio García Teijeiro, que da nome a unha das salas da nosa biblioteca,  gañador do premio de literatura Infantil e xuvenil coa obra : "Poemar o mar".





martes, 27 de junio de 2017

DIVERXIBOT

Presentámosvos a DiverXiBot, elaborado peza a peza polo alumnado que recibe apoio de PT e AL. 
Os/as alumnos/as traballaron duro e puxeron moito cariño nesta obra coa que quixeron transmtir o enriquecedora e valiosa que é a diversidade.
Moitas grazas rapaces/as!




lunes, 26 de junio de 2017

VISITA DE LEDICIA COSTAS

Ledicia Costas visitou a biblioteca do cole, leunos o seu libro "Inmundicia e Roñoso" e aproveitamos para facerlle moitas preguntas sobre a historia que nel narra.
Preme na imaxe para acceder a máis información e fotos.
Grazas pola túa visita Ledicia!




sábado, 24 de junio de 2017

GUÍAS DE LECTURA PARA O VERÁN

E para rematar este marabilloso curso, aquí vos deixamos unhas refrescantes recomendacións literarias para este caluroso verán, esperamos que vos gusten!







jueves, 22 de junio de 2017

EXPOSICIÓN "UNHA MIRADA AO PASADO. EVOLUCIONAMOS" - VISITA DAS FAMILIAS

Este martes convidamos ás familias a visitar a exposición "Unha mirada ao pasado. Evolucionamos". Moitas grazas por acudir e tamén a todas as persoas que fixeron este proxecto posible grazas ás súas aportacións.






martes, 20 de junio de 2017

VISITA DO CSIC

Preme na imaxe e accederás á información sobre a visita que nos fixeron Luisa, Eva e Marta do CSIC (Consello Superior de Investigacións Científicas).
Os/as nenos/as aprenderon unha morea de cousas sobre os animais mariños, moitas grazas!



EXPOSICIÓN: UNHA MIRADA AO PASADO

Presentámosvos a exposición "Unha mirada ao pasado: Evolucionamos" á que podedes acudir nos recreos. 
Contamos coa colaboración Navia, Uxía, Paula e Zeltia, unhas guías fantásticas que vos explicarán todo o que precisedes.
Grazas ás familias polas valiosas aportacións, invitámosvos a visitar a exposición este martes de 16:30 a 17:30.














jueves, 15 de junio de 2017

GRAZAS AXUDANTES DE BIBLIOTECA

As mestras e mestres do cole estamos moi orgullosas/as do equipo de axudantes da Biblioteca, nenas e nenos que asumiron un compromiso importante ao longo do curso e que demostraron día a día ser uns rapaces e rapazas moi responsables.
Fixeron un gran traballo e quixemos agradecerllo cuns agasallos, parabéns!



PRESENTACIÓN: INVENTOS CON HISTORIA IV

O pai de Xela transportounos hoxe á entrañable época do vinilo. Puidemos gozar do envolvente son do tocadiscos, e comprobamos que a súa música é dunha calidade incomparable fronte a almacenada nos CD´s dixitais de hoxe en día.
Grazas por este fermoso momento! 





PRESENTACIÓN: INVENTOS CON HISTORIA III

Tivemos unha nova visita no cole, a avoa e o avó de Inés e Nico viñeron cargadiños de inventos moi interesantes.
Grazas a eles/as viaxamos ao pasado, a tempos nos que a radio ensinaba, entretía e axudaba a desenvolver a imaxinación.
A máquina de escribir non tiña memoria nin programas de autocorrección, o teléfono non tiña tarxetas de memoria, xogos, internet, nin "tamaño bolsillo". 
Ademais, grazas ao almirez e ó molinillo recrearon un "mini taller" de aromas e sabores que esperamos ampliar nos próximos días.
Moitas grazas!