Cada día temos unha sorpresa nova na biblioteca!
Esta vez tivemos a sorte de contar con Sabela Gago, que trouxo consigo contos cargados de aventuras e emocións. Tanto os nenos/as como as profes gozamos moitísimo, grazas Sabela Gago!
jueves, 1 de junio de 2017
4ª QUEDADA LITERARIA
Aquí vos deixamos as fotos da 4ª Quedada Literaria.
Os nenos e nenas pasaron unha xornada marabillosa compartindo momentos de lectura con alumnado doutros coles e en contacto coa natureza.
Quedada Literaria Maio 2017 - Kizoa Editar Videos - Movie Maker
Os nenos e nenas pasaron unha xornada marabillosa compartindo momentos de lectura con alumnado doutros coles e en contacto coa natureza.
Quedada Literaria Maio 2017 - Kizoa Editar Videos - Movie Maker
lunes, 22 de mayo de 2017
4ª QUEDADA LITERARIA
Mañán martes 23 de maio o alumnado de 5º de primaria vivirá una xornada moi especial, xa que terá lugar a 4ª Quedada Literaria no Parque de Castrelos.
Deixámosvos aquí toda a información.
sábado, 20 de mayo de 2017
VISITA Á BIBLIOTECA AFUNDACIÓN
O pasado xoves 11 de maio as nenas e nenos de segundo visitaron a Biblioteca Afundación.
A Biblio do cole é moi chula, pero a estes/as lectores tan entusiastas encántalles descubrir novos espazos de lectura. Tiveron a oportunidade de coñecer libros interesantísimos, puideron compartir cos compañeiros/as momentos de lectura, fixeron o carné e incluso levaron libros prestados.
Ademais, tamén contribuíron a renovar os libros da Biblio intercambiando libros que levaban do cole por libros que tiñan alí. E se non atopaban ningún do seu interese, dábanlle un vale para que puidesen volver noutro momento a coller outro libro do seu gusto.
jueves, 4 de mayo de 2017
CLUB DE LECTURA: VISITA DE MÓNICA RODRÍGUEZ
A Biblioteca impregnouse onte das cores cálidas do deserto e da nobreza das súas xentes grazas a Mónica Rodríguez e o seu libro “La bicicleta de Selva”. A autora visitou o noso Club de Lectura, transmitíndonos a importancia de "ler co corazón" (sentindo e saboreando cada liña), e a importancia de por o corazón en todo aquilo que se escribe. Só así, unha historia e uns personaxes sinxelos como é o caso de Selva, poden rezumar vida e mostrarnos unha inmensidade de mundos e sentimentos escondidos baixo cada palabra.
Grazas Mónica por animarnos a ler, por ensinarnos a “ler co corazón” e por animarnos a amar a lectura!
BIBLIOPATIO III
A Bibliopatio deste trimestre tivo un toque diferente, xa que esta vez tivemos
que pensar nunha persoa importante para nós á que realizarlle un dos mellores regalos que se poden facer: UN LIBRO.
Curioso, o alumnado de infantil e primaria, foise achegando ao carriño e escollendo a lectura que máis se axustaba á persoa que tiña en mente. Acompañaron este agasallo dun marcapáxinas no que puideron escribir dedicatorias cargadas de cariño e gratitude.
jueves, 27 de abril de 2017
DÍA DO LIBRO: APADRIÑAMENTO LECTOR
O luns 24 de abril celebramos o Día do Libro dunha forma moi especial.
Encántanos compartir momentos de lectura coas persoas que nos rodean, ben sexan os nosos seres queridos, ou os/as nosos/as compis do cole. Un curso máis levamos a cabo o apadriñamento lector entre o alumnado do centro, no que os nenos/as maiores leron contos aos/ás máis pequenos/as do colexio. Ao rematar a lectura fixemos intercambio de agasallos, pasámolo fenomenal!
martes, 25 de abril de 2017
CLUB DE LECTURA: "QUERIDO HIJO: ESTÁS DESPEDIDO"
Os
nenos e nenas do Club de Lectura reuníronse hoxe para falar do libro
"Querido
hijo: estás despedido".
É
importante establecer unhas normas de convivencia en casa?
É
necesario por uns límites?
Quen
pon os límites?
Como
chega un neno, como o protagonista, a ser un individuo tan molesto,
egoísta e irreverente?
Estas
e outras cuestións leváronlles a iniciar espontáneamente un
interesante debate no que, por unanimidade, destacaron a importancia
de que os pais e nais establezan
aos seus fillos/as unhas normas e uns límites e se preocupen,
tamén, por facelos/as respectar desde
moi pequenos/as,
para que os seus fillos/as non crezan como individuos egoístas,
cómodos e irreverentes, incapaces de manter unha convivencia
armoniosa coa súa familia, cos seus veciños/as ou no colexio.
A madurez das súas opinións e o seu saber estar deron mostra da esmerada educación recibida polos seus proxenitores (Parabéns mamás e papás!) e fíxoos/as merecedores/as dun doce premio! Obtido, iso si, gracias a súa compenetración como equipo! Parabén Lectores/as!

domingo, 23 de abril de 2017
CIENCIA NA BIBLIOTECA: OS ARTRÓPODOS
Unha vez máis, a profe Teresa encandeou aos futuros científicos/as e
investigadores/as do colexio cos máis descoñecidos e impactantes segredos
dos artrópodos. Todo un éxito que continuará aínda nunha próxima
sesión, o vindeiro mércores.
Se es un/unha fiel e incondicional seguidor/a lémbrao, non o podes perder!
DÍA DO LIBRO
Este próximo luns, día 24, encheremos o patio de
recordos e emocións: non esquezades traer ese libro que un día vos
conmoveu tanto, vos emocionou, vos sorprendeu, vos acompañou... de tal modo
que se converteu no voso preferido.
Como "madriñas" e "padriños"
tentaredes transmitir esa mesma emoción a un compañeiro/a máis pequeno/a,
facéndolle sentir o mesmo interese que vós posuídes polo mundo máxico da
lectura.
Ánimo!
miércoles, 19 de abril de 2017
jueves, 6 de abril de 2017
GUÍAS DE LECTURA
Aquí tendes as novas guías de lectura para os distintos niveis,
esperamos que vos gusten as propostas que con moito cariño preparamos en colaboración coas mestras do cole.
Agora toca mergullarse nunha fermosa historia ou nunha emocionante aventura.
Que pasedes unhas felices vacacións da man dun bo libro!
Esperámosvos á volta na Biblioteca!
viernes, 17 de marzo de 2017
BIBLIOPATIO II
Nenas e nenos de diferentes cursos puideron disfrutar dunha nova xornada de bibliopatio no cole.
Foi moi emocionante ver chegar o carriño cheo de libros, cómics, revistas, etc. dos que gozar durante o recreo, e unha vez que tocou o timbre, levaron estes agasallos tan especiais para casa.
Encántannos os recreos con sorpresa!
jueves, 16 de marzo de 2017
CLUB DE LECTURA: ESPEJOS VENECIANOS
GALILEO GALILEI e COPÉRNICO levaron ás nenas e nenos do Club de Lectura a descubrir os misterios dos Espellos Venecianos.
En primeiro lugar cada membro do Club debía averiguar a que equipo pertencía e posteriormente descubrir a identidade da/o mestra/e que lle daría as instrucións.
Os libros da biblioteca comezaron a encherse de pistas e deron paso á busca dos textos perdidos. Pero sería a derradeira pista a que desvelaría o misterio que encerraba o espello veneciano.
Finalmente atoparon as flores e o escrito de Giovanni Conti, quen lles deixou un doce agasallo.
Estas rapazas e rapaces fixeron unha gran labor de investigación, parabéns!

martes, 14 de marzo de 2017
CIENCIA NA BIBLIOTECA: OS ARTRÓPODOS
Estades preparadas/os para un recreo científico na biblioteca?
Temos organizada unha actividade para mañá mércores 15 de marzo
que porá a proba as vosas habilidades investigadoras.
Que sabedes dos ARTRÓPODOS?, sodes capaces de distinguir un insecto dun arácnido?,
estas cuestións e moitas máis estaranvos agardando,
miércoles, 8 de marzo de 2017
8 DE MARZO: DÍA INTERNACIONAL DA MULLER
Hoxe conmemoramos o Día Internacional da Muller, unha xornada para reivindicar a
igualdade e reflexionar sobre a situación das mulleres na sociedade.
Aínda que na nosa comunidade as cousas mudaron ao longo dos séculos, queda camiño por percorrer para que poidamos falar de
igualdade.
Na biblioteca preparamos unha exposición de libros interesantísimos, para que coñezades ben ás mulleres que fixeron e están a facer historia.
Etiquetas:
Día Internacional da Muller
martes, 7 de marzo de 2017
DÍA INTERNACIONAL DA MULLER: MULLERES NA CIENCIA
Nun día coma este debemos reflexionar sobre o papel da muller na ciencia, por iso queremos compartir este vídeo convosco.
E ti, cantas mulleres científicas coñeces?
miércoles, 22 de febrero de 2017
TALLER DE ESCRITURA CREATIVA 5
Aviso para escritores/as inquedos/as:
non vos esquezades da vosa cita co libro "La Historia del Cine".
Este será o novo comezo para o relato do
TALLER DE ESCRITURA CREATIVA.
martes, 21 de febrero de 2017
CONCURSO: GREGOR MENDEL
É tempo de investigar, descubrir e aprender.
Se te divirtes aprendendo cousas novas, se che gusta investigar, se che apasiona realizar descubrimentos... propoñémosche o mellor pasatempos: un concurso que te levará a coñecer cousas sobre ti mesma/o que nunca pensaras.
Por que os teus ollos son marróns, azuis, verdes ou negros?
Por que o teu cabelo e liso, rizo ou ondulado?
Por que o teu nariz é...?
Atoparás a información sobre este orixinal concurso no taboleiro que está no corredor da biblioteca.
Tes ata o 17 de marzo para investigar, ánimate a participar!
viernes, 10 de febrero de 2017
EXPOSICICIÓN FOTOGRÁFICA DE LECTURA
Aquí temos unha exposición de fotografías de lectura que fixeron os alumnos lendo na casa coas súas familias.
Coa avoa, co avó, co pai, coa nai, coa madriña, co irmán, coa irmá, coa mascota...
Grazas rapaces!!!
Felicitacións e boas lecturas todo o ano!!!
Coa avoa, co avó, co pai, coa nai, coa madriña, co irmán, coa irmá, coa mascota...
Grazas rapaces!!!
Felicitacións e boas lecturas todo o ano!!!
![]() |
| Fai "clic" na imaxe para ver máis grande |
Etiquetas:
Animación Lectora,
Fotografía
sábado, 4 de febrero de 2017
TALLER ESCRITURA CREATIVA 4
Aquí están nuestros grandes escritores de relatos.
¡Felicidades a todos!
Y estas son sus fantásticas historias.
¡Felicidades a todos!
Y estas son sus fantásticas historias.
martes, 31 de enero de 2017
30 DE XANEIRO DE 2017: DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E DA PAZ
Xa queda pouco para celebrar o Día escolar da non violencia e da Paz e queremos aproveitar para recomendarvos lecturas moi interesantes que vos motivarán a reflexionar sobre valores como a solidaridade, a xustiza e a convivencia pacífica.
Podedes atopar estes libros na biblioteca e dialogar, gozar e aprender ao lado dos/as vosos/as mellores amigos/as.
"As persoas que queren cambiar o mundo acostuman ser lectoras, pero non é menos certo que, despois de ler, xorden máis facilmente as ganas de cambiar o mundo." (Blanca Calvo).

sábado, 28 de enero de 2017
VISITA DE RICARDO GÓMEZ
Hoy recibimos a Ricardo Gómez en nuestra Biblioteca.
En la Sala Gonzalo Moure los mayores de 5º y 6º del Club de Lectura.
Leímos "El cazador de Estrellas".
Una historia que se desarrolla en el desierto, en un campamento del Sáhara.
Los personajes basados en personajes reales saharauis que Ricardo conoce y quienes le inspiraron esta interesante historia.
En la Sala Antonio García Teijeiro los pequeños de 1º.
Leímos "El perro que buscaba estrellas".
Una entrañable historia de un perro vagabundo basada en algunos recuerdos de Ricardo cuando era niño.
Un encuentro fantástico, como siempre con Ricardo.

Escritores,
Libros,
Visitas
domingo, 22 de enero de 2017
sábado, 21 de enero de 2017
TALLER ESCRITURA CREATIVA 3
Muy bien, chicos.
Unos relatos muy diferentes y muy imaginativos.
Fueron todos fantásticos.
Damos la bienvenida a los nuevos escritores.
¡Felicidades a todos!
miércoles, 18 de enero de 2017
VISITA CENTRO DE DÍA COIA
Onte visitamos, un ano máis, o Centro de Día Coia con algúns dos rapaces do Club de Lectura e os Axudantes de Biblioteca.
Compartimos coas persoas maiores algunhas das actividades do noso Proxecto de centro deste curso.
Despois dunha magnífica presentación a cargo de Jorge e Iria, practicamos coa Cinta de Moebius e contamos coa colaboración de tres voluntarios do centro que quedaron sorprendidos dos resultados e falamos dos usos que actualmente ten esta estratexia matemática.
A continuación, outros rapaces fixeron dúas actividades divertidas co tema do equilibrio e o centro de gravidade e explicáronas moi ben.
O público maior quedou abraiado, aplaudiu moitísimo e fixeron planes para practicar estas actividades cos seus netos.
Sira, que tiña moitas ganas de participar nesta visita desde que era pequeniña hai uns anos, viu cumprido o seu desexo e ela quixo ler un poema de Fran Alonso do libro "Cidades".
Tamén acompañounos esta vez Marisé e fixo unha demostración do que pasa cos cores e a percepción dos nosos ollos dependendo da luz.
Antes de marchar, deixamos como agasallo unha macetiña con margaridas azuis feita con material de reciclaxe.
Gustounos o significado que An Alfaya transmitiunos nunha das súas visitas do que representan para ela as margaridas azuis das que fala no seu libro "Down", que limos hai pouco.
E quixemos tomar prestado de An este sentimento con estas persoas maiores que nos recibiron con todo o seu agarimo para que souberan que para nós significan iso, que son especiais e que as queremos.
Eles agasallaron aos rapaces cunha manualidade que fixeron e que lles levou moito traballo.
Queremos agradecer ás familias a colaboración nesta actividade.
E un agradecemento especial a Cruz, do Centro de Día, porque grazas a ela compartimos estas vivenzas nestes anos.

Suscribirse a:
Entradas (Atom)