domingo, 24 de febrero de 2013

150 ANOS de "CANTARES GALEGOS"

Homenaxe a Rosalía de Castro, escritora e poetisa galega.


O 24 de febreiro de 2013 celébrase o 150 aniversario da publicación da obra de Rosalía "Cantares Galegos".

 
O 24 de febreiro tamén se celebra o aniversario do nacemento de Rosalía.
Nestes vídeos podes escoitar algúns dos seus poemas do libro "Cantares Galegos".
 

 

miércoles, 20 de febrero de 2013

EL VENDEDOR DE HUMO

El Vendedor de humo es un cortometraje de Animación realizado integramente por los alumnos de PrimerFrame.com, promoción de Octubre de 2010.


domingo, 17 de febrero de 2013

KAMISHIBAI 2013

O ano pasado falamos varias veces sobre o Kamishibai, pero o tempo non estirou máis e quedounos pendente este tema.
Por fin, hai algunhas semanas, nenos voluntarios de 3º B reunímonos na Biblioteca e asistimos a unha representación dun primeiro Kamishibai.
Despois asistimos a unhas sesións de visionado doutros nenos que fixeron Kamishibai, que nos aportaron información e algunhas ideas.
KAMISHIBAI 2013 on PhotoPeach
"KAMISHIBAI" significa "Teatro de papel".
É unha técnica que procede de Xapón.
O contador de historias de Kamishibai vai polas aldeas e cidades.
Chama a atención do público cun Hyoshigi, un instrumento de percusión que podes ver na imaxe.
Unha vez que escoitas o seu son hai que estar moi caladiño porque empeza a historia...
KAMISHIBAI na Biblioteca do Chouzo on PhotoPeach

Aquí podes ver o vídeo do conto: "O Gato Sol"


PARABÉNS!!! Fixéstelo moi ben.
MOITAS, MOITAS GRAZAS.

miércoles, 13 de febrero de 2013

ENTROIDO 2013

ENTROIDO 2013 on PhotoPeach

martes, 12 de febrero de 2013

PROXECTO 2012-13, "A ORIXE: EVOLUCIÓN"

Este curso empezamos un novo proxecto para aprender moitas cousas sobre a orixe da vida e a súa evolución.
As nosas actividades educativas, didácticas, lúdicas... xirarán arredor desta temática tan interesante.
Esperamos aprender e divertirnos un montón ao mesmo tempo.
Aquí podes ver algúns, porque temos moitos máis, dos materiais: libros, documentais, películas, xogos... que contan cousas sobre os dinosaurios, a Prehistoria, Darwin e a súa teoría sobre a orixe das especies, diferentes civilizacións: romanos, celtas, exipcios..., a Idade Media cos seus castelos... e, así, ata que o home puxo o seu pé na Lúa e os novos proxectos da humanidade no descubrimento e a conquista de novos mundos.
Ven á Biblioteca e lévaos!!
PROXECTO 2012-13 "A ORIXE: EVOLUCIÓN" on PhotoPeach



Para saber un moitas, moitas cousas sobre a Prehistoria, a orixe do home, os dinosauros... na Biblioteca podes encontrar libros, películas, xogos, etc...
Aquí tes algúns deles.
Que te divirtas aprendendo un montón!!!
LIBROS PROXECTO "A ORIXE" on PhotoPeach

sábado, 26 de enero de 2013

MARÍA LADO, CONTACONTOS NA BIBLIOTECA

O día 24 de xaneiro os nenos de 1º tivemos a sorte de recibir a visita da escritora María Lado.
Contounos os seus tres contos favoritos.
Tres contos fantásticos e divertidos que nos gustaron moitísimo e nos fixeron rir.
María escribe poesías. 
Unhas poesías moi bonitas.
Esperamos que nos visite de novo e nos recite algún dos seus poemas.

"A VACA QUE PUXO UN OVO"  

 "A CASA DA MOSCA CHOSCA"  
"A COUSA QUE MÁIS DOE DO MUNDO"

lunes, 21 de enero de 2013

GAÑADORA CONCURSO POESÍA


Estela I. Trigo Castro é unha nena como vós. 
Ela ten 8 anos e está en 3º de Primaria no ceip Nº1 de Tui.
A Estela gústalle escribir e escribe moi, moi ben. 
Hai pouco gañou un concurso de poesía:
 
"XVIII Certame de Poesía na Escola"
Convocado pola "Asociación de Amigos da Poesía do Baixo Miño"
Entregou os premios  a presidenta: Dna. Emilia Rosende.


Neste concurso tamén gañaron outros nenos.
Felicidades e Noraboa para todos eles e, en especial, para Estela!!!
Estas son a poesía gañadora e outras dúas máis.

Fai "clic" para ampliar



domingo, 20 de enero de 2013

TEATRO NADAL

Y por fin tenemos los vídeos de las representaciones que, por cierto, quedaron ¡¡¡chulísimas!!!
Rodrigo dijo al terminar: "¡Me habéis dejado impresionado!"
Y, la verdad, toooooodos quedamos impresionados.
¡¡¡Felicidades y enhorabuena a estos fantásticos actores!!!  

ITINERARIO LECTOR DE 2º DE PRIMARIA

Os nenos de 2º leron estes días o libro titulado "Shola y los leones". 
Dixo a profe que lles gustou moitísimo.
E, para demostralo, aquí temos catro debuxos das portadas que fixeron cando escribiron un libro-resumen.
Escribiuno toda a clase!!!
Felicidades a todos os lectores!!! 
E aos escritores!!!

viernes, 21 de diciembre de 2012

"MIL COUSAS PODEN PASAR"

Foi un verdadeiro pracer recibir e escoitar a Jacobo, que tivo a xenerosidade de achegarse ao noso colexio para compartir connosco unhas horas do seu tempo para que puidésemos gozar das súas anécdotas, a súa obra e a súa agradable compañía. 
Esperamos que volva moi pronto.
Jacobo Fernández Serrano: "Mil cousas poden pasar" on PhotoPeach

miércoles, 19 de diciembre de 2012

TEATRO NADAL 2012

Haz"clic" en la imagen para verla más grande

viernes, 14 de diciembre de 2012

BIBLIOTECAS ESCOLARES GALEGAS PREMIADAS

FELICIDADES E NORABOA AOS PREMIADOS!!!


 O luns 10 de decembro tivo lugar en Madrid, na Biblioteca Nacional, o acto de entrega de diplomas acreditativos dos Premios Nacionais de boas prácticas na xestión e dinamización de bibliotecas escolares, correspondente ao ano 2011, e última convocatoria deste premio, ata o momento. Estiveron presentes os representantes dos seis centros galegos galardoados, acompañados do Director Xeral de Centros e Recursos Humanos e o Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.
 Modalidade A (centros de ensino infantil, primaria, educ. especial e educ. de adultos):  
Súmanse así, aos 29 centros que obtiveran premio nacional nas convocatorias no período 2003-2010
Información de aquí. 

martes, 4 de diciembre de 2012

TI TAMÉN PODES "SER LIBRIS"

Fermosa iniciativa de Illa Bufarda para a Asociación Galega de Editores, presentada co gallo do Culturgal, nestes pasados días. Afortunado descubrimento dese estraño animal, o "ser libris".
(Información de Asesoría Bibliotecas Escolares)
 
Ser Libris from Illa Bufarda on Vimeo.

lunes, 3 de diciembre de 2012

CONOCERNOS PARA QUERERNOS

Los niños saharauis nos correspondieron con sus escritos y cartas.
Aquí podéis ver lo que nos cuentan.
Les gustaron mucho nuestros trabajos sobre "Islas Cíes" y nuestras cartas y han querido compartir con nosotros sus vivencias, costumbres, modo de vida...
Tenemos una copia en papel en la Biblioteca para los que lo quieran ver y leer.
Un gran abrazo para todos los participantes.
Gracias, chicos.


Open publication - Free publishing - More cultura
Si quieres tener una copia, lo puedes imprimir haciendo "clic" en la palabra Expand y clicando en el icono de imprimir.

sábado, 1 de diciembre de 2012


Estimadas familias:

Desde a Biblioteca Escolar, centro de recursos e aprendizaxe, unha das novidades deste curso é a creación dun Punto de Lectura para as Familias.

Aínda que xa temos un servizo de préstamo para vós na Biblioteca, queremos amplialo con outro de autoxestión para facilitar este servizo a todos os membros da comunidade educativa.


Este Punto de Lectura está situado na entrada principal do colexio ao lado das oficinas e está accesible a calquera hora dentro do horario escolar.


Como é un servizo de autoxestión, podedes escoller e levar o libro que vos guste respectando as normas de funcionamento.

NORMAS DE FUNCIONAMENTO
Para levar un libro en préstamo hai que cubrir os datos no caderno de "Préstamo Libros Familias".

Os libros deberán devolverse no mesmo estado de conservación. En caso de producirse algún deterioro deberase comunicar a alguén do Equipo de Biblioteca.



martes, 6 de noviembre de 2012

24 OUTUBRO: DÍA DAS BIBLIOTECAS

INAUGURACIÓN Curso 2012-13
24 de outubro : Día das bibliotecas on PhotoPeach

domingo, 28 de octubre de 2012

CELEBRAMOS O SAMAÍN

Facendo "clic" na imaxe das cabazas poderás acceder a unha fantástica páxina de recursos e actividades elaborada pola biblioteca do ceip Mestres Goldar. 
Atrévete a divertirte!!! 


PREMIO AO PROXECTO BUBISHER

A Fundación Luis Tilve outorgou o seu premio anual 2012 de Acción Solidaria ao Proxecto Bubisher o venres 26 de outubro no auditorio do Concello de Vigo. 
O premio foi recollido por Luisa Sánchez, coordinadora dos "Voluntarios Bubisher" e por Maribel Cajide, coordinadora do proxecto colaborativo cos campamentos de Smara "Coñecernos para querernos" e profesora do ceip Isaac Peral.
A este acto asistiron a asesora de Bibliotecas Escolares Pilar Sampedro, profesores do ceip Isaac Peral de Ferrol, profesores do colexio San Narciso (de onde partiu a idea do proxecto Bubisher) e profesoras do ceip Emilia Pardo Bazán como representantes de máis cen bibliotecas de centros escolares de Galicia que, desde hai anos, estamos colaborando con este proxecto solidario.
A nosa felicitación para Gonzalo Moure, que non puido estar presente na entrega do premio, e para todos os que de alguna maneira colaboran en que o Bubisher leve aos campamentos saharauis a nosa lingua e, sobre todo, a ilusión e a maxia dos libros.
 Como di a canción.
"...é un longo camiño...
...o seu benestar é a miña preocupación...
...por que non compartir?...

 ...e el non é unha carga, é o meu irmán..."
PREMIO ao Proxecto BUBISHER (e ás Bibliotecas Escolares) on PhotoPeach  
LECTURA na entrega do PREMIO
Nesta convocatoria tamén se entregou o premio ao Traballo Digno ao xornalista Xavier Fortes López, o premio Defensa do Medio Ambiente e dos Bens Comúns recaeu no Museo do Pobo Galego e o premio Investigación e Divulgación Histórica á historiadora Aurora Marco López.

AGRADECEMENTO E DIPLOMA
 POLA NOSA COLABORACIÓN

miércoles, 10 de octubre de 2012

domingo, 7 de octubre de 2012

HISTORIA DE UN SUEÑO

La conmovedora historia de una pequeña soñadora que quiere vivir en un cuento de hadas.
Sólo quiere que sus sueños se hagan realidad.

AXUDANTES DE BIBLIOTECA

TALLER DE TEATRO

Neste novo curso 2012-13 iniciamos un Taller de Teatro.
Poderán participar todos os nenos que o desexen desde Infantil de 5 anos ata 6º de Primaria.
Para pertencer a este Taller de Teatro hai que cumprir unhas condicións e normas.
Fai "clic" nas imaxes e poderás velas máis grandes.


E ademáis, asinar un Contrato coa conformidade dos vosos pais/nais.
Se queres máis información pregunta polas profes 
Silvia e Angeles.