sábado, 30 de abril de 2011
domingo, 24 de abril de 2011
23 de ABRIL - DÍA DO LIBRO
Sabes por que se celebra o 23 de abril o día do libro?
Fai "Clic" no debuxo do libro e o saberás.
Coñeces a lenda de San Jorge e o Dragón?
Sabías que hai moitos anos, cando aínda había pesetas, había unhas moedas de 5 e 10 céntimos cunha figura dun guerreiro como San Jorge?
Cando pases pola Biblioteca pregunta por este libro.
Se queres saber algo deste libro, fai "clic" na imaxe.
EL PARQUE ENFERMO
El día 6 de abril estrenamos nuestra obra de teatro en la "II Mostra de Teatro Escolar" que organiza la Escola Municipal de Teatro.
Este año celebramos el "Año internacional de los bosques" y por eso nuestra obra tiene que ver con la Naturaleza y el Medio Ambiente.
Se titula "El Parque Enfermo" y es una adaptación del libro de Damián Cañas.
Era nuestra primera representación y estábamos todos muy, pero que muy nerviosos.
Nos dijeron que había gustado mucho...
EL PARQUE ENFERMO on PhotoPeach
Unos días después fuimos a otros colegios del grupo Interteatro con los que intercambiamos nuestras obras: ceip A Doblada y ceip Javier Sensat.
TEATRO - A Doblada e Javier Sensat
Para os máis pequenos do colexio, os nenos de 5 anos do Javier Sensat interpretaron a obra:
"TODO É UN CONTO"
Sinopse:
Nunca nos contaron que pasaría se os personaxes dos contos máis coñecidos: Carapuchiña, o Lobo, Hansel e Gratel, Princesas... tivesen algunha doenza.
Onde irían? Quen os atendería? Hai algunha clínica nos contos?
Os nenos do Javier Sensat contáronno dunha forma moi divertida.
Para os maiores, os alumnos de 6º do ceip A Doblada interpretaron en inglés a obra:
"THE GRUFFALO"
Sinopse:
The Gruffalo é un ser descoñecido que vive na selva.Os demais animais teñen medo, moito medo porque The Gruffalo vai comelos en diferentes guisos. Será certo? Cal é a súa comida favorita?
Foi moi divertido e interesante. Cantamos e aprendimos. Ademais, o conto gustounos moito.
sábado, 23 de abril de 2011
MEMORIAS DUN NENO LABREGO
No mes de xaneiro celebrouse o 50 aniversario da publicación do libro "Memorias dun neno labrego" do escritor galego D. Xosé Neira Vilas.
Traballo cedido por Mónica Muñoz do Blog "O lar de Frianciño" e elaborado polos equipos de Normalización Lingüística e TICS do ceip Frián-Teis sobre este libro: un pequeno resume con actividades LIM para coñecer mellor esta obra a achegala ós máis cativos. Seguro que podedes sacarlle moito partido!
Queres xogar? Queres saber canto sabes? Fai "Clic" na imaxe.

ENCONTROS PLAMBE 2011
Reseña sobre os Encontros do PLAMBE redactada e cedida por Mónica Muñoz do ceip Frián-Teis no seu Blog "O lar de Frianciño"
O venres día 8 de abril participamos nos Encontros do Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares 2010/2011.
O Encontro comenzara xa o día 7 (nesta sesión só foron convocados os centros de nova incorporación).
O venres resultou un día intenso: fomos recibidos polo Conselleiro de Educación e polos señores Mira (Director Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa) e Pinal, (Director Xeral de Centros e Recursos Humanos).
A continuación, Teresa Mañá e Mónica Baró faláronnos sobre un tema fundamental para planificar correctamente o noso traballo: a avaliación. Unha tarefa que, na teoría, está sempre presente. Pero que, na práctica adoitamos cosiderar un trámite burocrático ó que non lle damos a importancia que merece.
Con grande meticulosidade, explicáronnos o proceso que levaron a cabo para estudiar as boas prácticas na integración da biblioteca escolar nos centros educativos. Esta experiencia está recollida na publicación do Ministerio de Educación e da Fundación Germán Sánchez Ruipérez titulada Bibliotecas escolares "entre comillas", que coñecimos o ano pasado en Fraga cando fomos recoller o noso Premio Nacional de Boas Prácticas en Bibliotecas Escolares.
Logo, déronnos información sobre o traballo que están realizando na actualidade: un cuestionario de avaliación das prácticas na biblioteca escolar que están preparando para o Ministerio, e que, sen dúbida, nos será de grande axuda para orientar o noso traballo.
Tras o café, sesións simultáneas sobre Literatura en Imaxes. Ademais das experiencias de distintos centros do noso colectivo que traballan co vídeo e a banda deseñada, poidemos aprender un montón de cousas sobre o cómic e a súa historia da man de Kiko Dasilva.
Durante a comida, disfrutamos do marabilloso día, e aproveitamos para coñecer a novos compañeiros e compañeiras, e saudar a xente da que facía anos que perdéramos a pista.
As sesións da tarde comezaron coa xuntanza por zonas. Escoitar os problemas e as aspiracións de cadaquén é gratificante, porque nos demostra que non estamos sós e que son moitos os que participan das nosas inquedanzas e das nosas angueiras.
Por último, recibimos un fermoso agasallo. A presenza de Xosé Neira Vilas, quen nos contou anécdotas entrañables da súa vida. Coa súa retranca e o seu bo humor, coñecimos de primeira man retazos da súa biografía; a súa xenerosidade e entrega na divulgación da lectura; a súa relación con Anisia Miranda, a súa compañeira da alma; a súa loita por demostrar que "esta esquina de aquí ten un un idioma de seu e unha literatura de seu".
Grazas a todas as persoas que fixeron posible, co seu traballo, estes magníficos Encontros: ós ponentes, polo seu esmero e rigurosidade; a Cristina e Pilar, por comandar "contra vento e marea" este buque das Bibliotecas Escolares de Galicia; e a todos eses asesores, asesoras e colaboradores que, coa súa labor silenciosa, nos foron facilitando o traballo a todos (Consuelo, Nati, Teresa, Chus, Javier, Loli, Ánxela, Gabriela e Leonor).
Por último, quero dar tamén as grazas a Loli Lago (O Segrel do Penedo, do IES de Fene) e a Emilio Roca (IES Pedra da Aguia), por ser máis previsores ca nós e estar sempre preparados coa súa cámara de fotos para deixar constancia de todo o que ocurre. Podedes verificalo neste álbum de O Segrel do Penedo.
Os magníficos materiais poden consultarse neste enlace da páxina web de Bibliotecas Escolares de Galicia.
domingo, 10 de abril de 2011
REUNIÓN DE BIBLIOTECARIOS
O pasado 24 de marzo tivemos unha das nosas reunións.
Esta vez foi no noso colexio, no Chouzo.
Visitounos Consuelo Rivera, asesora de bibliotecas do CEFORE de Vigo, que acompañounos na primeira parte da reunión.
E despois, como sempre, falamos de traballo, intercambiamos experiencias, compartimos materiais...
Quedamos en volver a vernos despois do 10 de xuño, data na que remata o prazo de entrega da memoria do PLAMBE.
Moitas grazas a todos: Mónica (Frián-Teis), Puri (Seis do Nadal), Patricia, Pilar e Mónica (A.R. Castelao), Yoli (Panxón), Pitu (Javier Sensat), Adelaida (Belesar), Jose (Covaterreña), Inés (A Paz), Conchi (Escultor Acuña), Nerea (Nº 1 de Tui), Tere (Coutada-Beade), Pili e Susana (Emilia Pardo Bazán) e grazas tamén aos ausentes que non puideron vir ese día.
BIBLIOTECARIOS NO CHOUZO on PhotoPeach

Etiquetas:
Biblioteca,
Encontros bibliotecas
lunes, 4 de abril de 2011
ITINERARIOS LECTORES
Os nenos de 2º leron estes libros "Shola y los leones" e "La gallina Churra".
Dixeron que son moi bonitos. Gustáronlles moito.
Fixeron estas actividades.
Felicidades a os dous: 2º A e 2º B!!!
Dixeron que son moi bonitos. Gustáronlles moito.
Fixeron estas actividades.
Felicidades a os dous: 2º A e 2º B!!!
Etiquetas:
Itinerario Lector,
Libros,
Taller de Escritura
miércoles, 30 de marzo de 2011
"LA GALLINA CHURRA"
Os nenos de 2º, no seu Itinerario Lector, leron un libro moi bonito titulado "La Gallina Churra".
Gustoulles tanto que despois fixeron estas actividades:
Gustoulles tanto que despois fixeron estas actividades:
miércoles, 23 de marzo de 2011
TALLER DE POESÍA
Estamos a traballar a poesía.
Escribimos, inventamos, ilustramos...
Nos tamén somos poetas!
Poesías dos nenos de 2º
Poesías dos nenos de 1º e os seus profes
Escribimos, inventamos, ilustramos...
Nos tamén somos poetas!
Poesías dos nenos de 2º
Poesías dos nenos de 1º e os seus profes
lunes, 21 de marzo de 2011
CONTOS EN LINGUA DE SIGNOS
Debido ao éxito do ano pasado, este curso volveron os alumnos e as profesoras da Escola de Lingua de Signos de Povisa para representar 4 contos clásicos.
Fixeron unha dramatización na lingua na que se comunican as persoas xordas: signando.
CONTOS EN LINGUA DE SIGNOS on PhotoPeach
CONTOS EN LINGUA DE SIGNOS 2011 on PhotoPeach
Estes son algúns dos contos que representaron.
Moitas grazas a todos eles!
Foi fantástico!!!

contacontos,
Lengua de Signos,
Teatro
domingo, 20 de marzo de 2011
CLUB DE LECTURA
Se pertences ao Club de Lectura do 3º ciclo:
1. Pasa pola Biblioteca
2. Escolle un libro
3. Tema: Amistade, Solidaridade, Compañerismo...o calquera que teña un sentimento de Amor
4. Cubre unha ficha cos seguintes datos:
2. Curso
3. Título do libro
4. Editorial
5. Explica o argumento
POESÍA E PRIMAVERA
O día 21 de marzo comeza a Primavera e tamén se celebra o Día da Poesía.
Este ano estamos a traballar a poesía no colexio.
Algúns nenos xa escribiron as súas poesías. Están moi ben e son moi bonitas.
Podes velas nos expositores nas entradas das dúas salas da Biblioteca.
Este ano estamos a traballar a poesía no colexio.
Algúns nenos xa escribiron as súas poesías. Están moi ben e son moi bonitas.
Podes velas nos expositores nas entradas das dúas salas da Biblioteca.
A PRIMAVERA
Chegou a primavera,
a primavera chegou,
con ela os paxaros
e o sorriso do sol.
a primavera chegou,
con ela os paxaros
e o sorriso do sol.
Chegou a primavera,
a primavera chegou,
as plantas recobran vida
e o inverno marchou.
a primavera chegou,
as plantas recobran vida
e o inverno marchou.
Chegou a primavera,
a primavera chegou,
xa fai moi pouco frío,
xa comeza a calor.
Judit Cerviño 6º
C.E.I.P. Montemogos-BelusoAquí podes ver una presentación dunha POESÍA de Antonio García Teijeiro
CLUB DE LECTURA
Na última reunión do Club de Lectura de nais e profes comentamos os temas tratados na película "Hace mucho que te quiero".Trailer Hace mucho que te quiero (Español) por CINeol
Etiquetas:
Club de Lectura,
Películas
jueves, 17 de marzo de 2011
POESÍA
Hoxe visitounos Marisé.
Contounos un conto en verso.
"Era un Pitiño que iba a súa primeira vez á escola.
Tiña moitas dúbidas.
Preguntábase moitas cousas.
Cousas como as que nos pasaron a nós no noso primeiro día de escola..."
POESÍA, CONTO E CANTO on PhotoPeach
Tamén vimos o vídeo de: "A princesa do Caurel"
Pasámolo moi ben.

Podedes ver o conto e facer algúns xogos. Fai "Clic aquí"
(Traballo realizado por: EEI Tarrío-Samieira , Blog “Pitufiños de Samieira”)
Etiquetas:
Animación Lectora,
Canciones,
Poesía,
Visitas
miércoles, 16 de marzo de 2011
viernes, 11 de marzo de 2011
jueves, 10 de marzo de 2011
ENTROIDO 2011
O ano 2011 é o ANO INTERNACIONAL DOS BOSQUES.
Este curso dedicamos o noso Entroido ao Medio Ambiente.
Por iso disfrazámonos de ecosistemas de terra, mar e aire.
ENTROIDO 2011 MEDIO AMBIENTE on PhotoPeach
E, logo baile...
ENTROIDO 2011 MEDIO AMBIENTE on PhotoPeach
E, logo baile...
domingo, 27 de febrero de 2011
CLUB DE LECTURA - Febreiro
![]() |
| Anxo Fariña |
Título: "O ladrón de palabras"
Autor e Ilustrador: Anxo Fariña.
Antes de ler o libro non coñecíamos ao autor, pero agora xa sabemos un pouco sobre el.
Comentarios sobre o Autor:
- Escribe moi ben
- Ten moita imaxinación
- É un bo escritor
- Escribe uns libros moi orixinais
Comentarios sobre o libro:
- Moi guay porque era moi interesante, curto, entretido e orixinal
- Pódense formar cousas coas letras e coas palabras
- Moi interesante porque, ademais de ler, podense aprender algunhas palabras que probablemente non se sabían
- Que desaparezcan as palabras e un grupo de nenos as recuperen
- É un libro moi imaxinativo
Etiquetas:
Club de Lectura,
Creatividad,
Educación Documental
martes, 15 de febrero de 2011
sábado, 5 de febrero de 2011
DÍA DA PAZ
Catro alumnos de 6º prepararon, para conmemorar o día da paz, unha sinxela dramatización sobre os dereitos humanos e a educación en valores.
Todo o mérito é para estes catro artistas que tiveron cativados os nenos de infantil e tamén os máis pequenos de primaria.
A representación quedou fenomenal.
Parabéns e felicidades!!
Día da Paz Infantil on PhotoPeach
Día de la Paz Primaria on PhotoPeach
Os nenos de 1º ciclo escoitamos a canción de "Vicentiño" un paxaro que descubriu que nas polas das árbores aniñaba a palabra Paz.
Logo escoitamos o relato de "A historia de Erika", un bebé que se salvou na 2ª guerra mundial.
Despois fomos a ver os murais que elaboramos entre todos.
1º ciclo Día de la Paz on PhotoPeach

Derechos Humanos,
Día de la Paz,
Murais
O SOLDADIÑO DE CHUMBO
A alianza de tres empresas, a Editorial Galaxia, Continental Games e Moonbite acaba de lanzar ó mercado unha revisión en clave galega do tradicional conto de Hans Christian Andersen: " O Soldadiño de Chumbo", que presenta un innovador formato 2.0, con texto ilustrado, unha curtametraxe de animación e unha aplicación de Ipad.O libro, adaptado por Xavier Senín, está editado como álbum e foi presentado onte. Inaugura a colección Contos de Cine de Galaxia. o libro inclúe un DVD cunha curtametraxe de animación que narra a historia, a cargo de Virginia Curia e Tomás Conde, que se presenta en castelán, galego e inglés.
(Información de: http://www.elcorreogallego.es/tendencias/ecg/a-revision-galega-multimedia-de-o-soldadino-de-chumbo/idEdicion-2010-12-15/idNoticia-620938/ )
O actor e director Emilio Aragón compuxo a banda sonora.
Etiquetas:
Álbum ilustrado,
Libros,
Vídeos
domingo, 30 de enero de 2011
UNHA VISITA SORPRESA
O xoves 27 de xaneiro tivemos unha visita sorpresa.
Veu a vernos o escritor Ricardo Gómez e a contarnos como se escriben os contos e o importante que é a imaxinación para escribir.
Ao final entre todos imaxinamos un conto.
"Un conto no que había un coello branco que vivía na selva, un lugar moi perigoso.
O coello tiña uns dentes afiados e tamén tiña ás, pero el non o sabía...
Ademais, había no noso conto unha nena que estaba sentada debaixo dun baobab.
A nena, que se chamaba María, choraba porque non tiña dentes..."
RICARDO GÓMEZ on PhotoPeach

Unha nena fixo unha boa pregunta: " É duro ser escritor? "
Ricardo dixo: "Si, é duro, pero eu divírtome moito escribindo. "
Pasamos un rato estupendo e aprendemos moitas cousas.
Foi un encontro fantástico. Encantounos.
Grazas, Ricardo.
viernes, 28 de enero de 2011
domingo, 23 de enero de 2011
O BARDO ABELARDO
Hoxe veu o bardo Abelardo a visitar aos nenos de 1º.
Contounos os contos de:
"Vicentiño", un paxaro que descubriu que nas ramas das árbores aniñaba a palabra PAZ.
"O Carballo con botas", un carballo que naceu dentro da bota dun soldado que non quixo ir á guerra.
"O Trasno do lixo", un trasno que caeu dentro do lixo e ía manchando de lixo por todas partes e todos dicíanlle: "Non botes máis lixo! "
"O Trasno do lixo", un trasno que caeu dentro do lixo e ía manchando de lixo por todas partes e todos dicíanlle: "Non botes máis lixo! "
"O canto da Xácia", unha serea de río que ten un canto doce cando a auga está limpa, pero se está sucia o seu canto é duro e as augas vólvense perigosas...
Tamén cantamos unhas "Cantigas":
"A cantiga do barqueiriño"
"A cantiga do barqueiriño"
"Miña avoa tinga un can"
Pasámolo estupendamente ben.
E aprendimos un montón de cousas.
O BARDO ABELARDO on PhotoPeach
Os Contos do bardo Abelardo - O carballo con botas from PAI Música on Vimeo.
Etiquetas:
contacontos,
Día de la Paz,
Medio Ambiente
jueves, 20 de enero de 2011
REUNIÓN BIBLIOTECAS
Esta vez recibíronnos as responsables da biblioteca do ceip A Paz-Tintureira.
Foi unha reunión agradable e moi interesante.
Sentimos a ausencia dalgúns e damos a benvida ás novas incorporacións.
Moitas grazas pola vosa acollida.
A PAZ-TINTUREIRA on PhotoPeach
Foi unha reunión agradable e moi interesante.
Sentimos a ausencia dalgúns e damos a benvida ás novas incorporacións.
Moitas grazas pola vosa acollida.
A PAZ-TINTUREIRA on PhotoPeach
Suscribirse a:
Entradas (Atom)