viernes, 17 de enero de 2025

 

12 Xaneiro

 "Kallaikoi, o mar das meigas" 

Co curto Kallaikoi, ("xente das montañas",como se autodenominaban os celtas no neolítico) o videógrafo submarino galego Jorge Martínez Vázquez, obtivo o terceiro premio na categoría de curto musical do Ciclo Internacional de Cinema Submarino de San Sebastián (Cimasub). Un curto sobre a riqueza mariña da Ría de Vigo.

En só 4 minutos ofrécenos unha mostra da espectacular, inmensa e, moitas veces, descoñecida vida que palpita na nosa Ría:
Non volo perdades! Podedes acceder a través desta ligazón:

https://youtu.be/BQzJNO1n03c



domingo, 12 de enero de 2025

 Venres 10  Xaneiro

Club de Lectura de Adultos!

"El misterioso caso del impostor del Titanic", de Carmen Posadas, reuniu este venres aos membros do Club de Lectura de Adultos. Unha nova sesión moi divertida para analizar a intriga xerada por uns protagonistas, e un feito, históricos: a nosa querida Emilia Pardo Bazán e o desafortunado Titanic.

Naturalmente, ao finalizar a sesión, xa deixaron establecida a a data e a obra que volverá a unilos na seguinte cita !


Trátase de: "
Últimas noticias de Sara Silva".

Unha obra de Francisco Castro na que: cobiza, engano, fama... fraguan un mundo imperfecto no que Sara só podía "desaparecer". Pero, non hai crime perfecto. A súa última obra, desaparecida, axudará a desvelar a verdade...

Animamos a todos a seguir os pasos do inspector Carlos de la Iglesia tentando de desentramar os rizos da historia e a compartir todos xuntos a experiencia na próxima sesión na que, ademais... Haberá unha sorpresa!

Francisco Castro.
Escritor e Editor de Galaxia

O seu autor: Francisco Castro en persoa, asistirá á sesión para compatir as opinións da súa obra con todos os membros do Club!

Lembrade: 

Obra: "Últimas noticias de Sara Silva"
Data:  11 de Abril
hora:  17:00 h
Lugar: Biblioteca
Evento:  Club de Lectura de Adultos coa visita do seu autor Francisco Castro!!!!
               

Ánimo! Unirvos!

Esperámosvos a todos!!!




viernes, 10 de enero de 2025

 10 Xaneiro

"O oso e o piano" hoxe, na sesión de "Cóntoche un conto".

Mariña, Adriana e Aixa, contáronnos hoxe a historia de
David
Litchfield: "O oso e o piano".

Unha marabillosa obra que nos lembra que, non importa a distancia nin o tempo que nos separe, se é verdadeira, a amizade perdurará sempre. E, ao mesmo tempo, lémbranos que, o esforzo e o tesón, pode levarnos a lograr os nosos soños por moi afastados e inalcanzables que estes semellen. Moitas grazas Mariña, Adriana e Aixa por estes didáticos e dirvertidos momentos! Parabéns polo voso éxito!

Esperamos contar convosco moi pronto con outra gran historia.


jueves, 9 de enero de 2025

 9 Xaneiro

Club de Lectura de Adultos: Mañá Venres!

Mañá, Venres, 10 de Xaneiro, o Club de Lectura de
Adultos
celebrará a súa primeira sesión tras as Festas! A tenra historia do Titanic, a frutífera escritora Emilia Pardo Bazán... Un nexo de intriga entre ambas.., Que emocións espertaría nos lectores esta aventura? Se queredes coñecelas e, achegar as vosas, para enriquecer a experiencia, non vos perdades a posta en común de mañá!

Lembrade! Esperámosvos en:

Lugar: a Biblioteca Data: Mañá Venres! Hora: 17:00 h. Obra: "O misterioso caso do impostor do Titácnic" Autora: Carmen Posadas Vémonos!!


martes, 7 de enero de 2025

6 Xaneiro
Xa estamos de volta e con novas sorpresas!

O equipo de Leolo Comunica investigando o contido para o seu programa
Atrás quedan os días de descanso, de reunión familiar, de desconexión das rutinas diarias e de maxia no ambiente. Volvemos de novo coas actividades! Non esquezades: a sesión de "Contacontos de Familias" cada último venres do mes, as lecturas dos recreos, o Club de Lectura, xadrez, damas... Naturalmente, Leolo traeravos novos retos sobre o noso proxecto: "Amar o Mar"...

Pero, atentos as novidades porque, con motivo das efemérides e celebracións correspondentes a este 2º trimestre, Leolo irá anunciando novas sorpresas! Chegan os concursos! Que cales son as próximas efemérides? En "Leolo comunica", o noso equipo de radio poñerache ao día! Se queres coñecer a orixe da celebración, quen lle adxudica esa data concreta, que se promove coa súa celebración ou como se celebra, segue as súas emisións aquí ou no blog de "Leolo Comunica". Na súa primeira emisión explicáronnos moi brevemente a orixe da celebración de samaín, por que celébrase o "Día Mundial do Neno" e que promove, desde cando e por que ten lugar a celebración do 25N (Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres)... Podes escoitalo na seguinte ligazón:

https://go.ivoox.com/sq/2494420

Vémonos!


martes, 31 de diciembre de 2024

 31 Decembro

Solución dos "Retos de Leolo"!

Naturalmente, Leolo, atafegado pola gran implicación de todo o alumnado, quixo poñer o seu graniño de area ao tema mariño, sorprendéndoos cunha serie de retos sorpresa sobre a Ría de Vigo. Naturalmente, todos os ávidos investigadores superáronos con nota!!! Aínda que todos recibistes xa a felicitación persoal de Leolo polos vosos acertos, aquí quédanvos as solucións a todos os retos plantexados por Leolo ao distintos cursos. Deste xeito, poderedes pescudar que informados estades ao tentar superar os retos dos vosos compañeiros!

Ánimo!!! https://view.genially.com/676b586c983276068cf3b94f/interactive-content-reto-1-y-soluciones-al-proyecto-amar-o-mar

Parabéns a todos pola gran implicación en coñecer un pouco máis o mundo mariño que os nosos antepasados souberon aproveitar e hoxe en día a vós correspóndevos valorar e conservar!!! Vémonos á volta con novas actividades e novos retos!!!
Feliz descanso!!!

 30 Decembro

Xa coñecemos mellor a Ría de Vigo!

 O proxecto "Amar o Mar" culmina a súa primeira etapa
deixándonos un maior coñecemento da nosa Ría: A súa localización, o seu litoral, a inmensa vida mariña que albergan as súas augas e que a fan tan especial...

Desde o primeiro momento, o proxecto imprimiu a cada recuncho do colexio o ambiente mariñeiro que por séculos dominou a cidade. E contaxiounos o desexo aventureiro e explorador característico dos seus primeiros habitantes. No noso caso, a aventura en si, foi converternos en investigadores e mergullarnos na riqueza da súa biodiversidade.
Nun primeiro momento, rodeámonos de mapas, redes, artes de pesca... símbolos todos eles alusivos ao sector que creou e fixo crecer a vila mariñeira de Vigo ata ser a gran cidade que é hoxe.
Posteriormente, as investigacións deron o seu froito e os seus descubrimentos foron compartidos con todos pasando a converter os rellanos nun auténtico museo informativo.
(Vídeos realizados por Ainhoa, 6º C) Relanzo de 1º:

Relanzo de 2º:


Aquí podedes ver un breve resumo dalgúns dos excelentes traballos, produto da investigación. Para disfrutar de todos e enriquecervos coa súa información, só tedes que facer unha xira por todos os relanzos! Animádevos!

martes, 24 de diciembre de 2024

 21 Decembro

Lecturas para Nadal!

Chega o Nadal! Uns días de
alegría e de descanso!

E, naturalmente, que mellor modo de aproveitar o tempo de descanso que mergullarnos na lectura dun bo libro para crecer lendo!

Leolo preparouvos unha breve lista de suxestións por se non tedes claro que pedirlle a Papá Noel, aos Reis Magos, ou pedir prestado na Biblioteca máis próxima! Son só unhas suxestións, pero a lista de publicacións é enorme polo que podedes estar seguros de que sexa cal for o voso gusto ou interese neste momento, acharedes o libro adecuado.

Só tedes que pedilo! Se visitades unha librería, poderanvos aconsellar os títulos que máis se adecúen ao voso desexo!

Leolo deséxavos unhas moi felices vacacións e unhas moi instructivas e divertidas lecturas!!! 

Vémonos en 2025!!

https://view.genially.com/676b02c3983276068ce0c373/interactive-content-sugerencias-de-lecturas-para-navidad






sábado, 21 de diciembre de 2024

 20 Decembro

Contacontos de Familias para celebrar o Nadal!

Tras o colorido e alegre festival onde, cada grupo, deu o mellor de si para mostrar a súa alegría pola chegada dunhas datas tan especiais e transmitila aos demais, pola tarde, puxo o broche de ouro a esta xornada tan festiva:

Unha sesión de Contacontos de Familias moi especial! Celia, Manu e Mateo coa súa mamá, Patricia, ofrecéronnos unha tenra historia do Nadal: "Una carta para Papá Noel", de Emma Yarlett. Unha enxeñosa e divertida historia que nos traslada á maxia do Nadal. Vera, a protagonista, some a Papá Noel nunha auténtica zozobra no seu fervente desexo de facer realidade o seu soño. E, ao final, conségueo! E é que, "Papá Noel", pon sempre todo o seu esforzo e todo o seu amor para lograr levar a cada neno o que máis desexa no mundo!

E ao finalizar esta tenra historia, os asistentes mostraron a súa creatividade realizando unha fermosa e divertida manualidade: Unha orixinal árbore de Nadal!
Aquí quédavos un breve resumo, en imaxes, da entrañable sesión do Nadal.

Patricia, Celia, Manuel e Mateo, moitísimas grazas por poñer este tenro toque do Nadal a esta xornada tan especial. Desexámosvos, a toda a vosa familia e a todas as familias da comunidade educativa, unhas felices festas do Nadal. Vémonos de novo no 2025!




jueves, 19 de diciembre de 2024

 17  Decembro

Chegou o Nadal á Biblioteca!


Xa se respira a maxia e o encanto do Nadal no recuncho preferido dos alumnos de todas as idades:

Un expositor convidounos estes días a descubrir e reler lecturas propias destas entrañables datas.
Títulos como: La niña de los fósforos, Canción de Navidad, Una carta para Papá Noel, el árbol de Navidad del señor Viladomat, As manoplas de Carapuchiña, Andrea y el cuarto Rey Mago, Luces de Navidad, La calle Navidad, Cuenta atrás para Navidad, Cuentos de Navidad: cuentos, leyendas y tradiciones para disfrutar unas felices fiestas, O Nadal, Feliz Navidad Elmer, Bajo un tejado nevado en Navidad...estiveron rotando nos andeis do expositor nun continuo traxín, empapando a mirada e os corazóns dos nenos dos valores do Nadal: xenerosidade, tenrura, agarimo, solidariedade...

E a árbore coas súas luces titilantes, fixo acto de presenza para transmitirnos a proximidade do Nadal, e facendo unha chiscadela ao noso gran proxecto: "Amar o Mar", coas súas grandes bólas decoradas con especies mariñas.

Así é! As imaxes de especies marítimas da ría de Vigo, como o golfiño común, o martín pescador, os hippocampus, o lagarto arnal, a raia e outras moitas, sumáronse ás brillantes luces para conformar unha árbore de Nadal moi marítima, moi nosa.  

Coa alegría destas datas, só podemos 
dicir: gozade das lecturas que vos suxerimos e animarvos a seguir participando e colaborando connosco.

miércoles, 11 de diciembre de 2024

 11 Decembro

"A ratiña fachendosa" no  Contacontos 

Antía, Aixa, Celia e Xoel, deleitáronnos hoxe co conto clásico
"
A
ratita fachendosa". A historia de triste final coa que o magnífico Perrault ensinábanos a importancia de pensar ben sempre, antes de tomar unha decisión, para minimizar erros. E, tamén, a non deixarnos levar polas enganosas aparencias externas!! Hoxe, elixiron a versión en galego, ilustrada por Fino Lorenzo. Se queredes relela e gozar coas súas ilustracións, non esquezades que a tedes dispoñible nos andeis da vosa Biblioteca!!! Moitísimas grazas Antía, Aixa, Celia e Xoel por esta fermosa historia.

Parabéns pola vosa exitosa lectura.

Volvede pronto cunha nova historia !


martes, 10 de diciembre de 2024

 9 Decembro

"Un pez muy divertido" no contacontos

Mariña, Elena e Martina fixéronnos pasar hoxe unha divertida sesión de contacontos coa obra de Carmen Gil: "Un pez muy divertido". Un libro, modelo "Pop-up", cuxas lengüetas permítennos achegarnos ao mundo mariño e ás súas simpáticas criaturas.
Helena, Mariña e Martina, parabéns polo voso éxito, moitísimas grazas pola vosa colaboración e esperamos escoitarvos de novo con outra divertida historia.

Se, ademais, queredes cantar e bailar co cachalote, a lagosta, as ostras e todos os animais do conto, podedes lelo mentras o escoitades con "Todos os animais ao caixón"! O 2º proxecto infantil de Mamá Cabra, con Susa Herrera, que pon música marchosa e divertida a esta historia e a outras da mesma serie con animaliños como protagonistas ("La gallina feliz", "El león remolón"...)

Deixámosvos  aquí unha ligazón á versión do conto cantado polo CEIP Les Terretes, para animarvos a ler e gozar "Un pez muy divertido", vós mesmos outra vez!

Recordade que: Ler é cultura!

  https://youtu.be/OSC9aWGZfm


viernes, 6 de diciembre de 2024

 6 Decembro

Atentos ás Novidades!

Chegaron os reis por adiantado!
Para ampliar as lecturas dispoñibles, a profesora María elixiunos un nutrido número de exemplares, cuxo título e deseño xa nos delata os divertidos momentos que nos proporcionará a súa lectura mentres nos instrúen e informan!

Gústache facer experimentos? Poden ser as matemáticas apaixonantes? É verdade que estamos cheos de microbios?, De onde veñen os pensamentos? É o noso cerebro máis pequeno que o dos nosos antepasados?... Descúbreo con: "Ciencia asombrosa", "O corpo humano", "Os microbios e ti", "O teu marabilloso cerebro", "Molly e o misterio matemático" e moitos máis...

Búscaos no expositor e goza lendo e aprendendo!


 4 Decembro

"Una carta para Papá Noel", con Mariña, Ariadana e Aixa

O Nadal introduciuse xa na Biblioteca!
O arboliño ilumínaa cos seus cintilleantes luces e Mariña, Ariadna e Aixa introducen a maxia deses alegres días coa súa sesión de contacontos. Fixérono contándonos esta divertida historia, de Emma Yarlett, na que queda patente que ningunha dificultade pode impedir a Papa Noël cumprir os desexos de todos os nenos do mundo. Nin sequera accidentes tan inoportunos como o que as chamas fagan desaparecer xusto o anaquiño da carta onde Vera escribiu o seu desexo! Papa Noël sempre acerta! Animámosvos a ler esta divertida historia! Esta e moitas máis as tedes dispoñibles na Biblioteca esperando ser compartidas!

Ánimo e a ler moito! Parabéns polo voso gran éxito!

Esperamos volver escoitarvos pronto cunha nova historia!


 2 Decembro

Laura, Aroa e Mariña contáronnos "Hansel e Gretel"

Este luns, Laura, Aurora e Mariña volveron a lembrarnos, con esta fermosa historia dos Hermanos Grimm, non só que con unión e esforzo podemos superar calquera obstáculo e saír vitoriosos de calquera dificultade, senón que, tamén, a miúdo as aparencias enganan! Non é ouro todo o que reloce. No caso do conto, nin era tan "doce" nin tan "inofensiva" a casiña de chocolate"! Moitísimas grazas pola vosa colaboración e parabéns polo voso gran éxito! Esperamos poder gozar pronto convosco dun novo relato!


domingo, 1 de diciembre de 2024

 29 Novembro

O Club de Lectura de Adultos e "La mala costumbre" de
Alana S. Porteiro

Este venres, os membros do Club de Lectura de Adultos da profesora María, celebrou a posta en común do mar de ideas, opinións, reflexións e sentimentos aos que lles levou a lectura desta dura e conmovedora historia de Alana

Unha emocionante, divertida e frutífera sesión máis do Club, que xa ten data e obra para a súa próxima sesión!

A obra elexida: "El misterioso caso del impostor del Titanic", de Carmen Posadas.

Unha apaixonante obra de intriga que enlaza feitos, lugares e personaxes reais moi notorios para envolvernos na súa trama e non soltarnos ata a última liña: o desafortunado cruceiro Titanic, a escritora Dna. Emilia Pardo Bazán e o Madrid de principios de Século! Toda unha aventura que non nos podemos perder! Animamos a toda a nosa comunidade educativa a unirse ao Club para gozar desta suxestiva aventura! Non volo perdades:

Obra: "El misterioso caso del impostor del Titácnic"
Autora: Carmen Posadas
Data: Venres, 10 de Xaneiro
Hora: 17:00 h
Lugar: Biblioteca

Esperámosvos a tod@s!!



  29 Novembro

Regresou o "Conta Contos de Familias", con "Cocorico"

Este venres, Beatriz, mamá de Nora (2ºA) e Dani (5ºA), regalounos a primeira sesión

de Conta Contos de Familia.

Para estrear esta nova etapa, elixiu a obra de María Luísa Núñez Álvarez: "Cocorico".

Unha divertida historia na que o seu pequeno protagonista fainos recordar o importante que é a obediencia, o saber compartir e recordar cumplir sempre as promesas feitas.


Ao finalizar o relato, os asistentes puideron
divertirse e dar ás á súa imaxinación cunha creativa actividade. Parabéns polo éxito desta nova estrea e moitísimas grazas pola vosa colaboración!
Moitas grazas tamén a todos os asistentes!
Vémonos todos na próxima!