sábado, 24 de febrero de 2024

 23 Febreiro

"¡Fuera de aquí horrible monstruo verde!" e "O gato Lambón" no "Contacontos de familias"

A obra de Patacrua, "O gato lambón", foi unha das elixidas este venres para a sesión de Contacontos de Familia .
Este gato insaciable divertiu ao numeroso público presente co seu voraz apetito e o seu texto encadeado. E, ao finalizar a sesión, o peculiar e "obediente" monstro verde de Ed Emberly, que nos axuda a ver como nós mesmos podemos controlar e desmontar os nosos medos, proporcionou aos pequenos oíntes a oportunidade de gozar creando as súas propias versións, un pouco máis inofensivas ainda que igual de coloridas, do tremebundo monstruo!

Un novo éxito do "Contacontos de Familia" que, segue mantendo a súa audiencia grazas á calidade das presentacións das familias participantes, ás que transmitimos a nosa sincera gratitude pola súa absoluta colaboración e encomiable esforzo.
Aquí vos deixamos un pequeno resumo da sesión e vos invitamos a todos a sumaros a disfrutar da seguinte!



.

 23 de Febreiro

Chegou a esperada data: Hoxe "Recital de Rosalía" na Biblioteca!

Manuel recitando una hermosa poesía de Rosalía
Hoxe a Biblioteca vestiuse de gala para conmemorar o
Día de Rosalía.
O alumnado voluntario, acompañado ao piano pola profesora Águeda, puxo voz ás súas poesías máis emblemáticas impregnando a sala dun ambiente alegre á vez que nostálxico, acorde co carácter e a obra da poetisa.

Pequenos e grandes non quixeron perderse o Recital, polo que, do mesmo xeito que ocorreu o ano anterior, foi tanta a demanda dun espazo para renderlle homenaxe que foi necesario ampliar a convocatoria do recital.

Poderemos gozar dunha segunda parte o vindeiro venres!

Non faltedes! Esperámosvos!

(Xa podedes ver a segunda parte na entrada do 29 de Febreiro!)

viernes, 23 de febrero de 2024

 20 Febreiro

A "Enfermería Literaria" xa comezou a súa misión!

El Equipo de Enfermería restaura
los ejemplares "enfermos"
Cada libro é importante por iso, en ocasións, cando polo exceso de uso ou por unha utilización inadecuada, algunhas follas despéganse, ou se
desencartan as creacións pop-up, ou se desencaixan as encadernacións... estes libros han de ser retirados de circulación para que a súa utilidade volva ser óptima.

Con este fin, se creou a "Enfermería Literaria". A súa misión é reparar e rehabilitar eses exemplares "lesionados" para poder gozar de novo coa súa lectura.

O equipo de cirurxiáns e enfermeiros da Biblioteca comezaron xa o exame e diagnóstico destas obras e traballan sen descanso para rehabilitalas e devolverlles o seu esplendor!

Pero, seguen necesitando da colabración de todos para recuperar todos os libros danados. Polo que, non devolvades aos andeis ningún exemplar que requira un pouco de mimo e ciruxía para recuperar o seu bo estado de saúde. En canto vos tropecedes con algún, por favor, depositádeo inmediatamente na caixa destinada a "Enfermería" .

Contamos con todos vos! . Contamos co voso apoio! Moitas gracias pola vosa colaboración!

E moitísimas grazas ao Equipo de enfermeiros literarios pola súa ardua e minucioso labor!

miércoles, 21 de febrero de 2024

 19 Febreiro

Os "102 Dálmatas" regresan á Biblioteca


Jesús e Maël (B), foron os encargados de traelos na súa sesión de contacontos.

Os pequenos cachorriños correndo novos perigos logran facer sorrir aos máis pequenos unha e outra vez. A tenrura destes graciosos animaliños de Disney coas súas peripecias espertan a empatía dos oíntes que non se cansan de escoitalas. Unha sesión moi divertida e amena.

Parabéns campións! Esperámosvos pronto cunha nova lectura!


sábado, 17 de febrero de 2024

 16 Febreiro

Lembrando a Rosalía

Coa proximidade do 23 de Febreiro,
o expositor da Biblioteca
énchese de cor para ofrecervos a todos, titores e alumnado, as obras máis destacadas de Rosalía.
Os amantes da música e aqueles a os que a lectura lles dá preguiza, atoparán no expositor a súa obra feita melodía na voz e guitarra dun dos seus máximos divulgadores: Amancio Prada.

Non deixedes de botar unha ollada para coñecer ou lembrar o máis coñecido da escritora galega cuxa obra traspasou fronteiras rexionais e nacionais.

Así é. O seu papel relevante como pioneira no s.XIX, tanto como matriarca do idioma galego como de emancipación da muller, levouna a ser engadida pola compañía aérea
Norwegian na lista de personaxes icónicos que desafiaron os límites e normas establecidos, na Historia, as Artes e as Ciencias dos países nórdicos, Reino Unido e España para ser homenaxeados na cola dos seus avións. Como xa o fixera con outros pioneiros como Cristóbal Colón

e Juan Sebastián Elcano, Miguel de Cervantes, Gloria Fuertes e Clara Campoamor, a británica Amy Johnson, o explorador noruegués Roald Amundsen ou a actriz sueca Greta Garbo. No seu 180 aniversario un Boeing 737-800 elevou a imaxe de Rosalía máis aló das máis altas cotas terrestres.

No panorama nacional, a importancia da súa obra literaria tamén quedou patente ao ser elixida para figurar na primeira

Billete con Rosalía (en el reverso, su Casa-Museo)  
emisión de billetes da Monarquía xunto a Clarín, B. Pérez Galdós e J. Ramón Giménez (500, 200, 1000 e 2000 pesetas respectivamente).

No territorio galego, non só queda patente a súa importancia na celebración do Día de Rosalía con motivo do seu aniversario (23 de Febreiro), senón tamén na elección da data para celebrar o Día das Letras Galegas: 17 de Mayo, día no que se publicou unha das súas obras poéticas máis importantes: "Cantares Galegos"(1863).

Caldo de Gloria.
En restaurantes y concursos para
homenajear a Rosalía de Castro
Pero, a súa obra alimenta non só a alma
senón tamén o estómago!: Na "súa terra",
desde Padrón a Santiago, é coñecido
o"Caldo de Gloria".

Un sinxelo manxar de supervivencia que Rosalía deixa por escrito no seu poema "Miña casiña, meu lar" e que desde hai anos, a Fundación Rosalía de Castro integra na ampla gama de eventos dedicados á autora durante estas datas co apoio de cociñeiros e chefs de renome. Mesmo che permite elaboralo na túa empresa ou colexio facilitándoche os aveños necesarios para a súa presentación!

Convidámosvos a que coñezades a axenda de eventos que a
Fundación Rosalía preparou este ano 2024. E se logrades participar nalgunha das actividades facédenolo saber para compartir a vosa experiencia con todos. A continuación facilitámosvos a ligazón da Fundación de Rosalía mediante o cal poderedes
elaborar o seu suculento Caldo de Gloria, participar na Alborada, e coñecer outras datas relevantes como exposicións (O herbario de Rosalía) ou o X certame poético Rosalía de Castro:

https://rosalia.gal/que-facemos/axenda/dia-de-rosalia-2024/


Feliz Día de Rosalía a todos!



 15 Febreiro

Comezou o  "Taller de Arte"

Una de las primeras manualidades
de la 1ª sesión
 

Tras o pequeno descanso imposto polo carnaval, a Biblioteca retomou o seu ritmo de actividades.

Hoxe, coa supervisión da nosa Xefa de Biblioteca, María (sempre disposta a promocionar e apoiar a innovación e o emprendimento do alumnado), deu comezo a súa actividade un taller moi esperado: o "Taller de Arte".

Está monitorizado por un emprendedor grupo de alumnos que decidiron plantexar a proposta de poñerse ao servicio da Arte compartindo os seus coñecementos de pintura, manualidades...(todas as diversas disciplinas que converxen na Arte), con aqueles compañeiros cos mesmos hobbies. 

Terá lugar os xoves na Biblioteca de Infantil

Non volo perdades!



lunes, 12 de febrero de 2024

9 Febreiro

Gael, guionista del equipo de
Leolo Comunica
entrega la invitación a Ainara

Ainara no espacio de entrevistas de Leolo Comunica

O equipo de radio, invitouna ao seu espacio para coñecela un pouco
mellor
.  Se queredes descubrir as súas averiguacións ao respeto, premede na seguinte ligazón:

https://go.ivoox.com/sq/2373886

Seguide atentos as nosas emisións pois todavía quedan moitos episodios para finalizar esta primerira etapa na que nos centramos en coñecer mellor aos membros da nosa comunidade educativa, e pode que algún vos sorprenda!

Desde o equipo de Leolo Comunica: Moitísimas gracias a todos os invitados que aceptades dedicarnos un pouco do voso valioso tempo para colaborar con nós na nosa misión: Coñecernos un pouco máis para sentirnos máis cercanos.


domingo, 11 de febrero de 2024

 9 Febreiro

Montse en "Leolo Comunica"

Montse recibe la invitación de Leolo Comunica
Unha nova emisión da nosa radio "Leolo Comunica",
achéganos un pouco máis a unha persoa moi especial cuxo protagonismo pode pasar desapercibido, como ocorre cos grandes guionistas ou directores cuxa imaxe queda eclipsada pola personalidade e imaxe dos actores que ocupan as pantallas no traballo final, pero cuxa labor constante,
facilita o bo funcionamento do colexio.

A súa empatía sumada á súa amabilidade e dispoñibilidade a axudar sempre con bo humor, convértena en alguén con quen se pode contar cando se necesita axuda.

Se queredes coñecela un pouco mellor, podedes acceder a súa entrevista na seguinte ligazón:

https://go.ivoox.com/sq/2373729



viernes, 9 de febrero de 2024

 8 Febreiro

Maló na nosa radio "Leolo Comunica"

"Leolo Comunica" entrega la invitación a Maló
A nosa radio "Leolo Comunica" marcouse como primero
obxectivo da súa primeira etapa: servir de nexo para axudarnos a coñecer un pouco máis ás persoas que forman parte deste gran equipo de traballo que é o noso colexio. Un gran número de persoas coas que interactuamos cada día e ás que chamamos xenericamente "
comunidade educativa" porque unido responde a ese obxectivo común: a educación, pero que está integrada por persoas con múltiples aspiracións, gustos, sentimentos, opinións, inquietudes, experiencias...

Maló con el equipo de radio
Coñecelos, sempre sen exceder a liña da discreción, é importante e axudará a fortalecer a unión. Así pois, cumprindo con este primeiro obxectivo, Leolo Comunica contou hoxe coa colaboración dun dos seus membros máis queridos: Maló.
Ao longo dos anos, coa súa actitude sempre positiva, a súa
Recibe un emotivo abrazo final
paciencia e a súa "saber estar", sempre disposta a colaborar co seu graniño de area alí onde se necesita, gañouse o respecto e agarimo de toda a nosa comunidade. Ela ocúpase de alegrarnos as mañás co seu sincero sorriso e de facilitarnos as tarefas cos seus consellos e a súa inesgotable paciencia

Se queredes coñecer os seus gustos, hobbies, preferencias... podedes acceder á súa entrevista no blogue de Leolo Comunica ou ben acceder directamente a través desta ligazón:

https://go.ivoox.com/sq/2373316

Lembrámosvos que se desexades acceder ao menú de todas as entrevistas realizada podedes facelo tamén desde leste outra ligazón directamente:

https://www.ivoox.com/perfil-leolo-comunica_a8_listener_33652984_1.html



jueves, 8 de febrero de 2024

 8 Febreiro

Antía y Mauro ensínanos a "Buscar"

Hoxe Mauro e Antía (2º), trouxéronnos á sesión de contacontos
un fermoso libro de
Olga de Dios: "Buscar". Un libro dedicado pola autora a << todas as persoas que, cando levantas a mirada, descobres que están ao teu lado>>. Este fermoso libro
lémbranos que, en efecto, demasiado a miúdo os humanos igual que fai o protagonista da historia, absorbémonos na procura de obxectivos ou na resolución de pequenas inquietudes, esquecendo que ao noso redor hai todo un mundo fermoso cheo de persoas dispostas a axudarnos, apoiarnos, acompañarnos ou que á súa vez precisan da nosa axuda dun xeito urxente...

Moitas grazas por lembrárnolo con esta amena lectura!

Parabéns Mauro e Antía pola vosa excelente elección e felicidades polo voso éxito!

Non tardedes en volver! Contamos convosco para unha nova colaboración!

miércoles, 7 de febrero de 2024

 7 Febreiro

"102 Dálmatas" enchen de alegría a Biblioteca


Nunha nova sesión de contacontos, Noa, (3º A), contounos hoxe a fermosa aventura vivida polos deliciosos dálmatas
que, despois de escapar ao triste destino de ser paseados polas rúas en forma de abrigo de pel sobre os ombreiros da malvada Cruella de Vil, tres anos máis tarde, seguen vendo ameazada a súa pacífica existencia por mor da mesma perversa Cruella. Os asistentes seguiron con moita atención o animado relato ata respirar tranquilos chegado o final. Se alguén llo perdeu, animámoslle a ler e gozar esta fermosa historia, que está dispoñible na Biblioteca!

Sumámonos ao unánime veredicto dos asistentes e ao seu gran aplauso.

Parabéns Noa!!!

Moitas grazas por participar!

Esperamos escoitarte de novo cun novo conto !


 6 Febreiro 

"Buscando a Nemo" con Noa e Paula  

Vinte anos despois da estrea da película gañadora do Óscar á mellor película de
animación
(2003), o seu pequeno protagonista segue sendo un dos
amimaliños preferidos dos nenos.
A aventura deste peixe globo tan peculiar, foi a elixida por Paula e Noa (3ºA) na sesión de contacontos deste martes.


Coa tenra historia deste pequeno peixe coa súa
aletiña atrofiada e a súa gran amiga Doris, un peixe cirurxián con moi boas intencións pero cun gran problema de memoria, Paula e Noa lembráronnos a importancia de respectar a diversidade así como o importante que é a colaboración corporativa para unha óptima convivencia!

Todos os asistentes quedaron encantados coa aventura e demostrárono cun gran aplauso.

Parabéns polo voso éxito!

Esperámosvos de novo!


domingo, 4 de febrero de 2024

 2 Febreiro

"Mi unicornio se tira pedos de purpurina"

Este venres, Martina e Martina
(de 3ºA), regaláronnos unha
sesión de
Contacontos moi tenra na que o traveso unicornio creado por
Suzanne Barton, mostrounos como a pesar das
incómodas trasnadas e imperfeccións das persoas que queremos, (que, ás veces, parecen chegar ao límite do insoportable!), estas non dubidan en dar o mellor de si mesmas prodigando a súa xenerosidade e solidariedade nos momentos nos que nos ven sumidos na tristeza, na soidade ou enfermiños.

Moitas grazas por deleitarnos con esta tenra historia e parabéns polo voso éxito.

Volvede pronto con outra fermosa historia. Esperámosvos!

Lembrade que:

Se queredes participar e ser os seguintes en contarnos un conto, só tedes que apuntarvos no calendario de participación que se atopa no taboleiro á entrada da Biblioteca.

E se, por algún motivo, decidides cambiar de data, borrade os vosos datos para deixar a sesión libre para outros compañeiros, pois sodes moitos os que queredes colaborar.

Moitas gracias pola vosa colaboración!

Seguide así! Contamos con todos vós para encher a Biblioteca de alegría e fermosas historias compartidas!



viernes, 2 de febrero de 2024

 31 Xaneiro

Un Club de Lectura moi apaixonante e prolífico!


Todos coñecemos os beneficios dun club de lectura:
introducir o gusto pola lectura, descubrir novas obras e novos autores grazas ás achegas comúns, conectar con outras persoas que comparten a mesma paixón polos libros... Pero, é tamén moi importante o enriquecemento persoal e cultural que conlevan os debates e achegas do grupo respecto dos temas tratados no libro.

A miúdo lévannos a profundar en aspectos que descoñeciamos, ou ben, coñeciamos a súa existencia pero pasaramos sempre no bico dos pés cando oiramos falar deles. Antes parecíannos insustanciales, triviais... Pero, con todo, agora, tratados en común acaban acaparando o noso interese, enriquecéndonos e ampliando o noso punto de vista.
Isto é o que ocorreu aos fieis integrantes do Club de Lectura da profesora María!
Así resumía un dos seus membros (Gael
), a súa experiencia: "Recomendo o Club de Lectura porque de calquera libro podes aprender. Por exemplo, o último libro que lin trataba o tema dos campamentos saharauís e permitiume aprender moito sobre outros países, costumes etc." Ademais, adiantábanos unha gran primicia: Finalizada a obra de Ricardo Gómez: "O cazador de estrelas", o Club está a preparar un cómic sobre a mesma!! Manterémonos atentos á súa produción para compartila con todos!!

Bravo por a profesora María e o seu prolífico Club!!