viernes, 10 de noviembre de 2023

 10 Novembro

Yanira e Elena trouxéronnos a "Elmer"!

Yanira e Elena léronnos hoxe o conto: "Elmer", de David Mckee.
Co seu protagonista multicolor encheron de emoción o auditorio.

Elmer deunos unha lección moi importante: non importa cuán diferentes sexamos aos demais,
nin cuán diferentes dígannos os demais que somos, pois as nosas diferenzas non nos fan peores, senón que pola contra axúdannos a ser especiais!!
Por iso é moi importante aceptarnos e querernos a nós mesmos tal como somos!!

Ao rematar, esperábanos unha sorpresa!
Elena e Yanira habían preparado un agasallo que, coa colaboración de Carla, recibiron todos os asistentes!
Moitas gracias!

Noraboa pola vosa elección!
E moitas gracias pola vosa participación!
Vémonos na seguiente!!


 9 Novembro 




O Club de Lectura comeza a súa rodaxe!!

Hoxe tiveron a súa primeira reunión!
Nela, ademais das directrices a seguir, tomaron xa a súa primeira gran importante
decisión de equipo: de modo democrático elixiron o primeiro libro que compartirán neste primeiro trimestre: "Cazador de estrelas" , de Ricardo Gómez.
O día a día de
Bachir no deserto saharauí, non transcorre como o dos demais. As características que lle condicionan son tamén as mesmas que lle dan unha especial habilidade.
Tomade boa nota de todo aquilo que vos chame a atención, sorpréndavos, desconcértevos, fágavos reflexionar... para poñelo en común na próxima sesión!

Ánimo e a gozar con esta fermosa e conmovedora historia mozos e mozas!


jueves, 9 de noviembre de 2023

 8 Novembro

5 anos reestrea o seu calendario de visitas!

Tras o longo verán, a Biblioteca espertou xa do seu letargo. Retomáronse as actividades e tamén os hábitos dos lectores. 
Hoxe os alumnos de 5 anos da profesora Natalia volveron a recuperar o seu "Día especial de Biblioteca" con gran alegría.

Leolo
lembroulles o importante que é respectar as normas e compartiu con ele os seus libros preferidos.
Eles pola súa banda, encherono

de mimos e caricias e puxeron toda a súa boa vontade en respectar a orde e o cuidado do seu recuncho preferido e dos andéis.


A seguir así de bos lectores rapaces!!!



martes, 7 de noviembre de 2023

 7   Novembro 

Suspense con Alba e os seus monstros na 2ª parte do Taller de Escritura

A Biblioteca volveu encherse hoxe dun halo de misterio e
suspense coa participación de
Alba (de 6º).

Nesta 2ª parte do Taller de Escritura, a protagonista  amenizou a mañá sorprendéndo a todos  cunha historia de suspense. Todo discurría dun xeito adecuado ás coordenadas típicas de toda historia de medo ou suspense, ata que, de súpeto, todo cambiou. A autora obsequiounos cun final inesperado. A ambigüedade do seu final  converteu o relato en múltiples relatos ao permitiunos elixir un final á carta, ao gusto de cada oínte: Toda a historia era un soño? Seica o soño converteuse en realidade ao espertar?  Creía espertar pero só espertaba no soño?...
 
Parabéns pola túa imaxinación e moitas grazas por estes minutos de lecer.

Esperámoste de novo!

Se queredes convertervos en protagonistas, apuntádevos!
E, se queredes gozar de máis historias como esta, non faltedes á próxima cita!


lunes, 6 de noviembre de 2023

 6 Novembro 

Regresou o xadrez!!

Hoxe, os taboleiros a cadros brancos e negros volveron vestir a
sala, e con eles, pezas e xogadores volveron establecer as súas contendas . Os máis veteranos xa se buscaban entre eles para medir a súa mestría, mentres os máis noveis poñían todo o seu esforzo en defender as súas posicións básicas.
Uns e outros gozaron dunha sesión divertida e ao mesmo tempo estrañada, aínda que algúns deles aproveitaron o descanso estival para perfeccionar a súa táctica coas súas familias.
Vémonos ao longo de todo o curso!


sábado, 4 de noviembre de 2023

 4 Novembro


Club de Lectura de Adultos!


Este venres tivo lugar o primeiro encontro do Club de Lectura
de Adultos
.
Un novo reto que desexamos chegue ao final de curso cun gran éxito de participación. Todas as Familias foron xa convidadas a participar na reunión que terá lugar o venres, 15 do vindeiro mes de decembro ás 17:00h. A obra elixida para esta ocasión foi: "Infamia", de Ledicia Costas.
Unha vibrante historia de misterio chea de amor, odio e un pouco de tolemia.
Unha gran elección!
Esperamos expectantes a posta en común!



 3 Novembro

Estade atentos!

Seguen abertas as listas para apuntarse ás actividades de Leolo. Non esquezades apuntarvos porque xa comezamos !

No rellano de primeiro ciclo seguen expostas cada unha das propostas cos días de celebración correspondente.
Non vos preocupedes,
ningunha delas vai coincidir no mesmo día
, para que poidades participar en todas! Aquelas cuxos horarios son idénticos, por exemplo
Club de Lectura e Taller de Escritura que están propostos para o xoves ambos, celebraranse en días alternos, é dicir, un xoves hai Club de Lectura e ao outro xoves hai Taller de Escritura!
Estade ben atentos a este panel, porque nel lembraranse as modificacións ou especificacións inherentes a cada unha destas actividades
(cambios de data...), así como as actividades de puntual celebración
(como concursos, etc.), e un recordatorio dos eventos de celebración inmediata en cada semana, ao longo do curso!

Animarvos!








 3 Novembro 2023


Terroríficas historias!

Dúas grandes escritoras de 3º ciclo, amenizaron a sala da

Biblioteca coas
súas creacións de terror e misterio!
O público de todas as idades congregado alí, gozou coa súa imaxinación e creatividade. E tras finalizar a sucesión de escenas
petrificantes que os seus relatos desencadearon nas súas mentes, outorgáronlles un caloroso aplauso ! Dúas grandes historias! Á altura de Shirley Jackson ou a mesma Mary Shelley e a súa obra Frankestein !
Parabéns ás dúas !
Moitas grazas pola vosa colaboración.
Esperámosvos de novo!


 3 Novembro

Gran éxito de Sofía na estrea de 

"Cóntote un conto?"

O público escoitou con atención cada palabra de "Te quiero (casi siempre)". Unha fermosa historia escrita por Anna Llenas e editada en modo POP-UP, que nos leva a reflexionar sobre a importancia de aceptar as nosas diferenzas de carácter, de gustos, de actitude... O curioso é que, esas pequenas cousas que nos diferencian, as veces  gústannos e outras veces, en cambio, moléstannos. 
O máis importante da historia é que nos ensina que esas diferenzas cando chegan a resultar moi, moi molestas, poden suavizarse poñendo cada un un pouquiño da nosa parte, como fan Rita e Lolo.

 Ao final, Sofía convidoulles a facer unha pequena reflexión sobre
a historia e todos se animaron a realizarlle preguntas e a compartir as súas opinións e as súas experiencias sobre o tema. 

Unha sesión moi amena e produtiva! 
 Parabéns Sofía! 
Moitas grazas e esperámoste na próxima! 
Contamos contigo!




miércoles, 1 de noviembre de 2023

 1 Novembro 2023


"Cóntoche un conto?"

Leolo chegou este curso coa súa maleta chea de actividades e tamén de novedades!

O venres é o seu día preferido, pois, polas tardes  estreamos "Contacontos de familias", e polas mañás, o vindeiro venres estreamos "Cóntoche un conto?"
Atentos todos os amantes de escoitar historias porque este próximo venres, na hora do recreo terá lugar a primeira sesión! 
Sofía contaranos un dos seus contos favoritos: "Quérote case sempre" de Anna Llenas. 
Por que é o seu preferido? A continuación cóntavolo ela mesma: 

Non volo perdades! 
Esperámosvos! 
E si queredes ser os seguintes protagonistas, non o dubidedes! Falade coa profesora María, (Xefa da Biblioteca) e adiante!! 
Animarvos!

martes, 31 de octubre de 2023

  30 Outubro 2023


Hoxe abrimos!

 A esperada apertura produciuse e todos quixeron coller postos para disfrutar da lectura nos seus rincóns preferidos!

Volveu o bule-bule á nosa Biblioteca!
Os andéis volveron a ser obxeto de intercambios e os libros volveron a cobrar vida. 
Público de todas as edades, de 1º a 6º, encheron a sala en segundos! 

Benvidos a todos! Esperamos veros con moita frecuencia!









 27 Outubro 2023


"Contacontos de Familias", un éxito rotundo!

Este venres inaugurouse a nova proposta da Biblioteca:


"Contacontos de Familias".

 Esta primeira sesión celebrouse cun cheo total! 
A obra elexida foi:"As veces mamá ten tronos na cabeza", de Beatriz Taboada.
Parabéns á mamá que deu o primeiro paso, polo seu éxito e pola súa valentía ao enfrontarse a primeira a este novo reto! 

 Esperamos que esta nova senda para captar a atención dos pequenos lectores sexa efectiva e anímelles a amar a lectura como o fan as súas familias! 
Moitas grazas á valente mamá e a todas as familias que a acompañaron  nesta estrea. 

Xa esperamos con ansia o segundo encontro!

Terá lugar o vindeiro  venres, 24 de Novembro!

Ahí esperamos veros a todos! 


 


domingo, 29 de octubre de 2023

 26 Outubro 2023

Que éxtase de semana!

Leolo visítanos!


Ao longo da semana, todos os cursos foron
saudando a
Leolo: desde os máis pequeniños que o visitaban por primeira vez anonadados ao verse rodeados de tantos libros, ata os máis veteranos que esperaban con expectación o momento de ver como quedara o seu lugar favorito tras a nova reestruturación, e volver atoparse cos seus libros preferidos. Pero o que ningún deles esperábase era atoparse cun feito insólito que causaría gran axitación entre os máis miúdos: Leolo visitounos! E é que, este curso,
Leolo montou o seu tobo nun rinconcito discreto da Biblioteca para estar sempre preto dos lectores! Aproveitou a fin de semana para pasearse por todo o colexio e, sen darse conta, ao regreso ao seu tobo, foi deixando as súas pegadas por todos os rinconciños!

Desde que os primeiros en descubrilo deron a voz de alarma, todo foi
excitación! Todos se puxeron a seguir as súas pegadas para pescudar onde se atopaba!
E claro, el, tan tímido, ao ver tanto alboroto, non se atreveu máis que a asomar un pouquiño a cabeciña pola portiña da súa casa!

Pero ninguén dubidou en agacharse con sixilo para
saudarlle sen asustarlle!

  


Que feliz encontro!


Aquí deixámosvos un breve resumo da frenética actividade da semana de inauguración!:

Ollo! Moi importante! Para visualizar mellor as imaxes, debedes premer co rato nelas! Cun sinxelo "clic" a imaxe en cuestión duplica o seu tamaño!!!

Se non podedes abrir a presentación directamente podedes facelo a través de este enlace:



 

23 Outubro 2023

Inauguramos a Biblioteca! 


Que nervios! Que emoción! Xa ninguén podía esperar máis! Hoxe deu comezo a semana de inauguración!
Leolo vestiu de festa a súa Biblioteca para este gran momento e así a atoparon os afortunados primeiros visitantes: unha entrada espectacular de brillo e cor para darlles a benvida! A lousa
do proxecto “Artellando no chouzo”

lles lembraba e anticipaba o que sería o colofón da esperada sesión. Un “Carriño da fantasía” coa que executarían o plan de "Artellar no Chouzo", entre todos.
Un enorme mural, para encher de arte o corredor da súa Biblioteca!





E tamén un agasallo! Leolo tróuxolles a cada un: un chaveiro para personalizar a súa mochila coa súa imaxe!

Tremenda inauguración!

Valeu a pena esperar!