sábado, 9 de julio de 2022

Último encontro co Club de Lectura de 3º B


Con ilusión por reencontrarse unha vez máis, pero coa sombra de tristeza que cobre unha despedida, os membros do Club de Lectura de 3º B reuníronse para a súa última posta en común.

O Club, elixiu como última lectura un exemplar da serie de Isaac  Palmiola: "Perrock Holmes y el fantasma de la mala leche". 

Pasaron un intre entretido coa súa lectura. E, a pésima relación entre os dous investigadores protagonistas, deunos pé para analizar as relacións reais que os membros do Club manteñen cos seus irmáns: reflexionaron sobre os aspectos positivos e os menos positivos de ter irmáns maiores e, mesmo, confesaron algunha travesura que aquí non podemos desvelar.

A conclusión é que: os irmáns son os cómplices perfectos para as travesuras, os mellores amigos que che acompañarán toda a vida , e , quen mellor te coñecen debido a que compartiron os teus desgustos e alegrías desde a túa infancia. Por iso, merécense todo o agarimo e o perdón do mundo aínda que, en ocasións, sintamos desexos de “envialos moi lonxe” para ter un pouco de paz.


Ademais, na súa derradeira sesión:

Como colofón do súa breve pero intensa aventura como Club de Lectura, quixeron deixar reflectida nun mural, unha pequena sinopse das sabias mensaxes que as lecturas elixidas transmitíranlles.

Desde o sabio consello;  Enche as páxinas do libro da túa vida con paixón… dando o mellor de ti mesmo ", (do libro: A mensaxe dos paxaros), á sabia advertencia:  "Non escoites a voz da vaidade. Se humilde", (do libro  “Rita e os ladróns de tumbas”: .



FELIZ VERÁN, 
ACOMPAÑADOS DE MOI SABIAS LECTURAS 
E VÉMONOS O PRÓXIMO CURSO, CAMPEÓNS

martes, 21 de junio de 2022

A derradeira obra lida polos membos de lectura de 5ºA: “ El libro del bullying"

 

    Os membros do Club de Lectura de 5º A de Primaria estiveron moi ocupados!
    A derradeira obra lida: “ El libro del bullying”, de Eric Kahn Gale, achegounos á deplorable experiencia que o autor confesa ter sufrido como acosado cando tiña 11 anos.
    Tras unha primeira análise dos motivos que poden levar a un rapaz a ser acosador, tamén se analizaron as calidades que o acosador observa na persoa acosada para elixilo como tal. Isto é importante porque: coñecer as causas que levan ao "acosador" ao acoso, é coñecer os seus puntos débiles, as súas carencias, e isto axúdanos a descubrir como ser fortes ante el ou evitalo, deixando así de ser a súa vítima ideal.

    En moitas ocasións, o bullying orixínase pola insatisfacción ou frustración do acosador, noutras é só a repetición da humillación ou maltrato que el mesmo está a sufrir por parte doutros individuos superiores a el. No peor dos casos, xorde da alienación, do aburrimento.


    En todo caso, non só abonda con avisar á persoa acosada para que alerte da súa situación comunicándoo inmediatamente á súa familia e profesorado, é importante tamén proporcionarlle "instrumentos" que lle axuden a evitala.

    O problema do bullying seguirá existindo mentres haxa individuos que non saiban xestionar as súas frustracións ou medos e mentres haxa individuos que crean que todo serve para vencer o aburrimento.

    O acosador pode cambiar de vítimas. Pode a sociedade cambiar o acosador?

    É misión de todos. Por iso, os membros do Club de Lectura puxeron o seu grano de area e sumáronse á proposta de concienciación contra o bullying escolar elaborando un cartel de apoio cunha mensaxe moi clara:


jueves, 9 de junio de 2022

“El libro que te explica todo sobre los padres”


    Os membros do Club de Lectura de 3º B, descubrimos para que serven os pais!!
Esta é a nova lectura de Françoize Boucher que nos tivo entretidos nas últimas sesións: “El libro que te explica todo sobre los padres”.


    E é que, aínda que todos temos claro que os nosos pais nos proporcionan comida, abrigo, seguridade... ás veces non entendemos por que se esforzan tanto en que aprendamos cousas na escola, sexamos educados, escoitemos os seus consellos para obedecelos sempre.

    Non somos conscientes de que teñen encomendada unha misión. A misión máis difícil e importante do mundo.

Cal?

    Facer todo o posible para que sexamos o máis felices posible todos os días.

    Unha misión moi especial na que non poden fallar! Por iso, é importante que non os boicoteemos con caprichos, facéndolla aínda máis difícil. Aínda cando, ás veces, che pidan unha cousa e fagan a contraria!

    Para levalo a cabo precisan da nosa absoluta colaboración. E, como “colaboradores”, non debemos dicirlles mentiras, porque necesitan confiar en nós; non debemos levalos ao extremo de inventar terribles ameazas para que actuemos correctamente, porque do que se trata é da nosa propia educación, polo que hai que facer o correcto de boa gana; hai que falar con eles, preguntarlles, opinar e explicar como nos sentimos cada día, con cada nova situación... porque a comunicación é a base esencial para unha “colaboración” óptima.

    Mesmo naquelas ocasións nas que nos sentimos mal ou cremos que merecemos un castigo, debemos expresar as nosas razóns e as nosas opinións porque nunca debemos esquecer que, como nos di a autora, os pais só valen para unha cousa: querernos con todo o corazón!

    O libro é tan ameno que o devoramos nun segundo. Comentalo foi tan divertido que nos levou un pouco mais. E sobre todo, nos fixo reflexionar sobre o importante que é non esquecer que somos colaboradores imprescindibles da la labor dos nosos pais: a nosa educación.


Parabéns equipo!

jueves, 2 de junio de 2022

O Club de Lectura de 3º B mergullouse nunha das civilizacións máis importantes da Antigüidade: Exipto.


Coa súa nova lectura: "Rita y los ladrones de tumbas", de Mikel Valverde, aproveitaron a mención de feitos e personaxes reais da obra (escavacións no oasis de Farafra, o profesor Hawas...), para afondar no tema e atopar que o famoso profesor Hawas (tío do protagonista) existe realmente e é o inminente exiptólogo que en abril de 2021 atopou "A Cidade Perdida" totalmente escondida na area, (o 2º descubrimento máis importante despois do descubrimento da tumba de Tutankamón). Tamén aprenderon algúns aspectos da vida en Exipto. Sobre o seu modo de vida, a súa notable economía grazas as inundacións do río Nilo, as súas crenzas, a súa contribución ao desenvolvemento da civilización (instrumentos agrícolas, regadío, coñecementos de astronomía, calendario no que se basea o actual, escritura, papiro), a súa espectacular arte e arquitectura (pirámides...) e tamén aspectos curiosos da súa vida cotiá.


O grupo converteuse nun equipo de expertos exiptólogos despois de ter que realizar as súas propias escavacións, descifrar as mensaxes en linguaxe xeroglífica, revelar os segredos encerrados durante séculos no gran sarcófago, e mesmo pasar un test de exiptólogo, para obter as claves que lles permitían acceder ao nivel máis profundo da pirámide no que, custodiadas por chaves case indescifrables, se atopaban as xoias do faraón!

Conseguírono, porque souberon traballar en equipo!!





Parabéns Equipo!


jueves, 19 de mayo de 2022

Que teño que levar na mochila se fago o camiño de santiago??

 Os compañeiros e compañeiras de Educación Infantil do noso colexio, traballaron conxuntamente, e decidiron que sería o que levarían na mochila se fixeran o camiño de Santiago:











Amigos e amigas, grazas polas recomendacións, agora xa sei o que teño que meter na miña mochila de peregrino.



Un saúdo.                                                                                                        O voso amigo Leolo.

jueves, 5 de mayo de 2022

Xa temos a solución dun novo reto

 

Solución ao 4º reto de EP:


    Parabén a todos os peregrinos e peregrinas virtuais do colexio, pois con seguridade todos atopastes a solución correcta deste cuarto reto!!

  • A resposta á 1ª pregunta:

Cando dicimos que un ano é Ano Santo ou Ano Xacobeo?


    Dicimos que un ano é Ano Santo ou Ano Xacobeo, cando o día da festividade de Santiago Apóstolo, (25 de Xullo), que é o patrón de España, (é dicir, o seu protector), coincide en domingo. E, en efecto, o 25 de Xullo do ano 2021 coincidiu en domingo. Por iso declarouse Ano Santo. Aínda que, nesta ocasión, debido a que a pandemia impediu aos peregrinos participar en todos os actos que corresponden a un ano tan especial, decidiuse prorrogar a calidade de Ano Santo ata o 2022.


  

     Esta coincidencia, (que o 25 de Xullo sexa domingo), ten lugar cada 5, 6 ou 11 anos (debido aos anos bisiestos).

    Por tanto, se non puidemos facer o Camiño este ano, e desexamos facelo nun ano santo, teremos que esperar ata o 2027 que volverá ser Ano Santo, Ano Xacobeo ou Ano Xubilar.

    Ánimo e a ir moldeando as botas se é o voso desexo!!



  •  A resposta á 2ª pregunta:

    Quen foi o primeiro peregrino en visitar o sepulcro do apóstolo Santiago e que nome recibiu o camiño que realizou?

    O primeiro peregrino foi o rei de Asturias Alfonso II, quen a comezos do s. IX, tendo noticia do achado do sepulcro, desprazouse desde Oviedo ata Santiago de Compostela para confirmar que os restos eran realmente os do apóstolo.



    Hoxe existen outros 5 roteiros importantes ( Camiño Inglés, Camiño do Norte, Camiño Francés (o mais transitado), Vía da Prata (o mais longo) e Camiño Portugués. Pero, por lóxica:
    Por ser o primeiro roteiro realizado, “o primeiro Camiño” á cidade santa, denomínase “Camiño Primitivo”.




    Hoxe, polo seu trazado e o seu valor histórico segue sendo o roteiro elixido por peregrinos astures e europeos que entran polo norte. E desde 2015, xunto co Camiño do Norte, foi declarado pola Unesco Patrimonio da Humanidade.



    Ánimo e … ata o próximo reto!


                                                                                                                O voso amigo Leolo.


jueves, 28 de abril de 2022

En 5º A de Educación Primaria tamén temos club de lectura!

     Esta semana os membros do Club de Lectura de 5ºA, gozaron poñendo en común as súas opinións sobre unha obra de Mónica Rodríguez:  La bicicleta de Selva. Unha nena moi especial que deixou unha gran pegada no narrador da historia. Con ela, fainos reflexionar sobre a vantaxe que as cousas antigas posúen sobre as novas. As cousas antigas contan unha historia que as cousas novas aínda non posúen. Convídanos a “coñecer” mellor aos nosos maiores escoitando as súas aventuras e as anécdotas da súa infancia. A través da solución que acha Selva para axudar ao seu avó, descóbrenos o gran valor das palabras. Unha soa palabra pode conmovernos, animarnos, decepcionarnos… Anímanos a ler. Móstranos o poder da imaxinación e o respecto por outras culturas…

    Gozamos dunha sesión moi divertida que comezou coa aparición sorpresa dunha “bicicleta” que,  ademais dos tornillos, o lazo ou o tebeo que portaba a da protagonista, achegounos no seu  chapeu de palla os seus desexos, algunhas mensaxes e un toque de misterio.

   

     Este libro tan bonito tamén o podedes a topar na nosa biblioteca.                                    

    Espérovos!


                                                                                                    O voso amigo Leolo.

jueves, 21 de abril de 2022

Temos club de lectura!

    Neste 2º trimestre, os lectores expertos de 3º B crearon o seu propio Club de Lectura. Comezaron con “A mensaxe dos paxaros”, de Joan Manuel Gisbert. 

    Un fermoso traballo que brinda, a través da súa aventura, a oportunidade de reflexionar sobre as diferentes calidades que caracterizan a cada ser humano e que o levan a tomar decisións máis ou menos correctas ou máis ou menos interesadas, segundo as cualidades que nel predominen.

  Ao longo das primeiras sesións, os membros do Club, emulando ao xeneroso Rei Gracián, tiveron que descubrir as mensaxes que portaban o estorniño, o petirroxo e o xemelgo, cuxos niños foron aparacendo aos poucos nos lugares mais inesperados da Biblioteca. 

E, ao seu pesar, tiveron que deixalos marchar, seguindo o exemplo do rei, para poder atopalos de novo en posesión da súa mensaxe final. 


     Na historia, o rei descobre que estes paxaros son paxaros especiais que levan a antiga mensaxe do segredo da vida: o ser humano é capaz de realizar os actos máis fermosos, tanto intelectual como físicamente. 

Haberá que esperar á última sesión para coñecer a mensaxe que os tres paxaros gardan para os valentes membros do Club de Lectura. 






 


Este libro o podedes atopar na biblioteca!!

Un saúdo, o voso amigo Leolo!!


jueves, 24 de marzo de 2022

 Ola queridos amigos e amigas!

Que tal foi a procura de información para resolver o reto?

Como podedes apreciar, na foto hai 24 anciáns sentados nunha especie de sofá, dialogan entre si, visten túnicas e sobre as súas cabezas levan unha coroa de ouro. Nas súas mans sosteñen instrumentos musicais: 14 fídulas de varios tipos, 4 salterios, dúas arpas e un     "organistrum" que sosteñen os dous anciáns centrais sobre os seus xeonllos.


Que bonita é a catedral de Santiago! A que si?


Mañá xa tedes novo reto!

Un saúdo!

                                                                                                Leolo.




miércoles, 9 de marzo de 2022

 

SOLUCIÓN DO SEGUNDO RETO.

Amigos e amigas de primaria, que tal os debuxos? Xa vin algúns e son moi bonitos. Aquí deixo unha mostra dos que fun vendo polos corredores.










Lembrade que o xoves 10 teredes un novo reto esperando no sobre!


Un saúdo! 

                                                  Leolo.

jueves, 17 de febrero de 2022

Solución do primeiro reto.

Amigos e amigas de primaria, aquí tedes a primeira solución. Estou seguro de que o lograstes, e de que, mesmo, puxestes cousas que eu non pensei. Sorte! 

Material básico: mochila, saco de durmir, cantimplora, bordón. 
- Calzado: zapatillas/botas de sendeirismo lixeiras; chancletas para a ducha; crocs ou similar, para pasear.
- Roupa: Camisetas para camiñar (térmicas para inverno e lixeiras para primavera) e outra para descanso. 
-Pantalóns: un para camiñar e outro para o descanso; longos, curtos ou modulares. 
-Roupa interior: dúas mudas. 
-Calcetíns: dous pares, tres como máximo, que non teñan costuras. 
-Sombreiro/gorra. 
-Para o frío e o vento: un polar lixeiro, sexa verán ou inverno; gorro e bufanda ou similar, luvas finas. 
-Para a choiva: capa impermeable ( poncho) + un protector para mochila; paraugas. 

Hixiene e Saúde: 
-Hixiene persoal: xabón líquido; panos de papel ou papel hixiénico; toalla lixeira (preferible de microfibras=baixo peso, pouco volume); crema solar. 
-Caixa de primeiros auxilios: apósito adhesivo, esparadrapo, gasas, tesoiras, pinzas, agullas hipodérmicas, antiséptico, analxésicos (Aspirina, Paracetamol...) 
- Documentación e diñeiro: credencial do Peregrino; DNI ou Pasaporte, tarxeta Sanitaria ou equivalente, certificado COVID, diñeiro en efectivo, tarxeta de crédito. 
-Accesorios útiles: navalla suíza, bolsa de tea (para a compra en comercios e evitar o uso de bolsas dun só uso), lanterna, teléfono móbil, pinzas para tender a roupa e imperdibles para colgala da mochila, barriñas enerxéticas (recomendable nos camiños con poucos servizos), bolsas de plástico (para protexer da choiva e separar os obxectos dentro da mochila) e funda de almofada (aconsellable se imos durmir en albergues). 





 AGORA.... CONTINUAMOS COA SOLUCIÓN DO PRIMEIRO RETO DOS MEUS AMIGOS E AMIGAS DE INFANTIL. 




ESTAS SON AS COMBINACIÓNS CORRECTAS, FIXÉSTELO ESTUPENDAMENTE. A VOSA PROFE POÑERAVOS O PRIMEIRO CUÑO! RECIBIREDES NOTICIAS DE LEOLO MOI PRONTO! 


 UN SAÚDO. 


                                                                                                                             LEOLO.

viernes, 28 de enero de 2022

"Pasiño a pasiño"

 

Con motivo do noso proxecto de Centro, desde a Biblioteca, queremos emprender tamén a nosa particular viaxe " Pasiño a  Pasiño". Para iso, a partir do próximo mes de febreiro, Leolo, a mascota da Biblioteca, cada dúas semanas deixará unha nota en cada unha das portas de cada aula de infantil e de primaria, na que vos informará do reto a resolver durante esas dúas semanas.

Estes retos poderán consistir en diferentes actividades: unha procura de información, un  Genially, unha adiviña, etc. Co obxectivo de que con cada reto conseguido, cada aula conseguirá un selo nas 12 xanelas da súa credencial e a súa correspondente compostelá, que Leolo deixará tamén na porta de cada aula ao comezo de febreiro.

E como saber se desciframos ben cada reto? A solución será publicada aquí o  xoves anterior ao cumprirse esas dúas semanas.

 

Un saúdo.

 

O equipo de biblioteca.

viernes, 22 de octubre de 2021

ABRIMOS DE NOVO AS NOSAS PORTAS

 Boas tardes mozas, mozos e familias do Chouzo!

Alguén sabe que día é hoxe?

Pois...o Día da Biblioteca!! Aproveitando esta conmemoración, anunciamos que a biblioteca, este curso 2021-2022, por fin abre as súas portas.

A partir do luns 25 de outubro, polas tardes, de 16:00 a 17:00, poderedes vir coas vosas familias a coller libros e películas. Debido á situación socio-sanitaria que estamos vivindo, a alumna ou o alumno, soamente poderá vir acompañado dun membro da unidade familiar.


Un saúdo


O equipo de biblioteca.

lunes, 21 de junio de 2021

ÚLTIMAS RECOMENDACIONS DO CURSO 2020/2021!

Ola mozos e mozas do  Chouzo! Que tal estades? Imaxinamos que agora que se achega o verán, desexando empezar as vacacións para descansar e tomar forzas para o curso que vén! 

Desde o equipo de  biblio queriámosvos dar as grazas por acompañarnos durante este curso escolar, así como tamén, queriamos darlles as grazas a todas as nosas  profes polo traballo tan bonito que fan a diario e por participar con tanta entrega das actividades que lles propoñemos! 

Hoxe, como broche final dos nosos mércores de recomendacións traémosvos dous vídeos. O vídeo da nosa  profe Victoriae o vídeo da nosa querida directora, Pili. Felices vacacións!


 Vémonos á volta!


                                              





Por aquí deixamos o link ao trailer da película que nos recomenda Pili "Los Mitchell contra las máquinas": https://www.youtube.com/watch?v=L9U5cDaKGIM

O equipo de biblioteca

miércoles, 2 de junio de 2021

MÉRCORES DE RECOMENDACIÓNS COA PROFE LORENA

Ola mozos e mozas do  Chouzo!

Que tal estades? Estabámosvos esperando! 

Un novo mércores, xa sabedes, unha nova recomendación.

Esta vez, da man de Lorena, a profe de PT. Ela preparou para vós este fantástico vídeo onde recomenda unha chea de cousas  chulísimas! Esperamos que vos guste! Moitas grazas á nosa  profe por estas fantásticas ideas de lectura e cinema!


Un saúdo

O equipo de biblioteca


miércoles, 26 de mayo de 2021

MÉRCORES DE RECOMENDACIÓNS COA PROFE MERCE E A PROFE ELENA

Bos tardes mozos e mozas do Chouzo!

Que tal vai a semana? Seguro que cada día con máis ganas de verán!

Xa sabedes que van quedando poucas recomendacións que ofrecervos, hoxe atesouramos dúas máis.

A primeira é a de nosa  profe Mercedes de relixión, no seu vídeo ensínanos unha chea de contos e libros de literatura clásica que son un imprescindible de calquera biblioteca. Na nosa temos uns cuantos, así que se queredes pasarvos a por algún xa sabedes! Moitas grazas á  profe  Merce polo seu bonito vídeo!



O segundo vídeo é o de Elena, a nosa orientadora. Neste vídeo temos unha chea de recomendacións para os pais e as nais que queiran entender un pouco máis aos seus fillos e fillas, neles seguro que atoparán respostas a moitas das súas dúbidas. Mil grazas a Elena por este vídeo e por estas recomendacións que estamos seguras serán de moita utilidade.




Un saúdo

O equipo de biblioteca

miércoles, 12 de mayo de 2021

Mércores de recomendacións coa profe Patri

Benvidos mozos e mozas a outro mércores de recomendacións!!


Cada vez son menos os profes que quedan por recomendarnos os seus descubrimentos lectores e  cinéfilos. Este mércores, a nosa profe Patri de Infantil  tráenos un vídeo moi especial, onde nos recomenda un libro para os máis pequenos/as e un libro para as familias, ademais dun curto moi bonito! Grazas a  Patri polas súas marabillosas recomendacións!



Un saúdo

O equipo de biblioteca