martes, 10 de marzo de 2020

10 Marzo

Para mulleres heroínas, as "superavoas galegas"!


O 8 de Marzo, é un día moi especial. É un día para traer ao recordo a todas aquelas mulleres que loitaron por mellorar a súa situación e a consideración do seu rol na sociedade. Neste día repítense os nomes e as fazañas daquelas que emprenderon unha loita para poder facer o que lles estaba vetado ou prohibido abrindo un camiño para que outras puidesen seguilo sen tanta dificultade. Os seus feitos merecen non caer no esquecemento.  
Joseba M.P. pintando unha 
das súas "
avoa superheroína"

Pero hai, en moitos fogares, grandes heroínas cuxo esforzo diario semella invisible aínda que o seu froito é evidente,(fillos acomodados, netos ben formados... ). Elas parecen non ter lugar neste día pois, o seu heroicismo, silencioso e discreto, non figura cada ano nos andeis dunha librería ou nos anais dos historiadores, porque simplemente as súas vidas non parecen ter unha repercusión social remarcable.
Sinembargo, elas, coa súa inesgotable coraxe, vencendo todo tipo de dificultades, foron as que fixeron posible que Galicia sobrevivira nas décadas de máis penurias e o fixera máis folgadamente nos anos posteriores.
Superavoa Elisa. 84 anos
"A muller Nitromón"

Hai maior herocidade ?

Con frío, neve, choiva ou calor, sen ferramentas mecanizadas que suavizasen o seu esforzo, sen horas ou días de descanso nin vacacións, porque o campo, a fame, as necesidades diarias de toda unha familia, non entenden de xornadas laborais nin de festivos. E mesmo sen xubilación, porque o traballo da horta, é para toda a vida polo que cos seus 80, 90 anos aínda seguen facéndoo.

Desde fai máis dun par de anos, gracias ao artista galego Joseba Muruzábal, estas verdadeiras heroínas xa teñen a súa merecida homenaxe. Non se ven recordadas un día, senon todos os días! E a súa fazaña non figura nunha folla de papel na que o que queira pode lela se abre o libro, senon nun gran mural de hasta 15 m. de altura (proporción máis axustada á súa heroicidade diaria)! E ao alcance de todos sen ter que buscala para ler, á vista de todo o mundo: coñecidos e non tanto, galegos e foráneos!
Carmen, superavoa de 95 anos
Carmen da depuradora, Lady Falcon.
As protagonistas non son de ficción. Ainda que neste extenso e peculiar "museo" que se estende polas fachadas ao longo de toda a N-550 que une Tuy con A Coruña, estas avoas heroicas, aparezan pintadas en forma de "avoas con superpoderes". Esto débese a que loitar por algo que queres ou pensas, ou loitar por mellorar as túas condicións de traballo é difícil e moitas veces decepcionante. Pero loitar día a día por vivir, e que a túa familia chegue ao día seguinte e ademais cun futuro mellor que o teu, é algo milagroso, algo que require algún tipo de "superpoder" especial para non sucumbir desanimado ou xa exánime ante o duro esforzo,
Luísa, superavoa de 83 anos
 A cortesa de Cambre
a muller acrobata
Cada unha delas é unha avoa real, e aparece no seu pobo retratada cos elementos que resumen a historia da súa longa vida de traballo:
Elisa, de Carballo, 84 anos, suxeita unha pataca xigante coma se fose Obélix cun menhir, porque para ela a chegada do uso dos abonos químicos melloraron a producción da horta.
Carmen, de As Pontes, 95 anos!!, (a máis maior de todas), leva máis de 20 anos sobrevivindo soa de modo autosuficiente, tras a morte do seu marido que traballaba na casa da depuradora de auga.
Luisa, de Cambre, 83 anos, lembra os "equilibrismos" que tivo que facer para sacar o seu bar adiante. Tiña que ter na casa máis bombonas que galiñas .
Lola, de Ordes, aos seus 91 anos continúa vendendo grelos!
Claudina, de Muxía, 79 anos, foi ao percebe desde os 15 ata os 65 anos pondo en risco a súa vida para ter unha comida que por na mesa.
... E así moitas máis.
Superavoa Lola91 anos
A greleira de 50 pes
Segue vendendo grelos
Elas son especiais, son auténticas... pero non son as únicas. A súa imaxe sirve para ilustrar o rico carácter da Galicia rural, a fortaleza e coraxe das súas xentes que un día calquera, e todos os días, podemos ver, co seu mandilón a cadros, ("uniforme autonómico de traballo"), sachando na horta, segando a herba, carreteando leña, cargando bolsas ou facendo malabarismos cas cestas ateigadas de verduras e productos da horta polas beiras de calquera estrada.
Son a imaxe viva da Galicia rural silenciosa, incansable e sen descanso, a imaxe que ilustra unha vida chea de valores e sentimentos.

Claudina. Superavoa de 79 anos, 
"A ninja Claudina e raspa dourada"
arriscou a súa vida dos 15 aos 65 anos na captura do percebe 










Aquí podedes ver unha breve entrevista na que o autor explica o que o motivou a emprender tan xeneroso traballo en homenaxe as increibles avoas galegas:


E aquí podedes ver algúns dos seus murales. A serie comenzou primeiro en formato cuadro con "Fenómenos do rural", e agora, convertidos a formato mural, ainda segue crecendo polas fachadas da carretera Nacional. O máis próximo tédelo a altura de Cesantes. Unha "superavoa" monta, os pes nús, sobre unha vieira. Para coñecer máis sobre esta obra só tedes que desplazaros ao pé dela e ler a súa placa.

Un recoñecemento:
Bravo por este xoven artista coruñés que soubo dar visibilidade dun modo tan cariñoso a estas grandes heroinas ocultas ao mundo!

Un agradecemento:
Grazas a todas as avoas, visavoas... polo seu gran legado de valores, polo seu gran exemplo, pola súa vida entregada a un fin: os seus, nós.

Un desexo:  
Oxalá a xeración de pais de hoxe, saiba transmitir o gran legado de valores herdado, de tal modo que se perpetúe e non se perda no tempo por lasitud, desidia, apatía, indolencia, descoido, neglixencia ou comodidade, porque o corazón humano é o único "plan de traballo" que merece toda a nosa atención e o dos nosos fillos require todo o noso esforzo.









r



lunes, 9 de marzo de 2020

8  Marzo

Día Internacional da Muller.  Lecturas e música


Para finalizar o traballo realizado esta semana para conmemorar este día, no que as profesións, as tarefas diarias ou os " hobbies" non teñen xénero, lembrade que aínda quedan no expositor da Biblioteca algunhas obras que vos facilitan exemplos de personaxes históricos que marcaron un fito neste tema.

Aínda que, o máis claro exemplo a celebrar e encomiar, téñeno os nosos alumnos e alumnas na súa propia casa, na figura de nais, avoas, tías,... persoas que lles propoporcionan o mellor e máis convincente exemplo do importante que é o seu papel na sociedade... Nin máis importante nin menos importante que o dos pais, avós, tíos,... que lles apoian no esforzo por proporcionarlles o mellor da vida mentres os axudan a transformarse en cidadáns exemplares dun próximo mañá.

Non vos perdades as actividades previstas en relación a esta conmemoración, ao longo desta semana, pola Biblioteca.

A Profesora Pilar proporcionounos o seguinte enlace a un animado vídeo con pictogramas incorporados que podedes traballar na aula se vos interesa. Unha canción moi pegadiza, "Depende de los dos", creada polos centros CRA Alto Gállego y CEIP Puente Sardas para traballar a coeducación.



Bailádeo, cantádeo, disfrutádeo!


Gracias profesora Pilar por toda a información  e todas as novas proporcionadas para enriquecer os nosos coñecementos 
e poder trasmitilos, todos estes días e ao longo do curso!





8 de Marzo

¨Día Internacional da Muller Traballadora".  Avances. Mulleres  innovadoras e emprendedoras en profesións dominadas por homes. Premio "Pritzer" (o Nobel de Arquitectura" e "Calabizo", "Premio ao mellor producto innovador do ano"


Ao longo da Historia, houbo grandes mulleres que foron abrindo camiños para que outras puidesen acceder a aqueles aspectos da vida (educación, política, traballo...), que lles estaban vetados por ser dominio dun mundo exclusivamente masculino.

Concepción Arenal  debía  disfrazarse
de hombre
 para acceder a la
Universidad de Madrid
En Educación, en España, é o rei Alfonso XIII, quen o 8 de marzo de 1910, asina a Real Orde que permite á muller matricularse no Ensino Superior en igualdade de condicións que o home. Atrás quedaba o ano 1942 no que Concepción Arenal tiña que vestir de home con levita e sombreiro de copa para estudiar como home na Universidad de Madrid, e a Real Orde de 1882 que prohibía a asistencia de Señoras ao
Alfonso XIII dictó la Orden  que
permitió, por fin, el
acceso libre de las mujeres
a la Enseñanz
Superior
devandito ensino e a do rei Amadeo I de Saboya de 1888 que a permitía pero só en calidade de estudantes privados, previa petición de permiso ao Ministerio de Instrución pública, coa firma de consentimento de cada profesor e o respecto dunhas estritas normas como: non xuntarse cos demais alumnos, sentar á beira do profesor, non abandonar as clases ata que o fixesen os homes e cambiar de clase escoltadas por un encargado co fin de non deambular soas polas instalacións. En Inglaterra tiveron que esperar aínda 37 anos máis para facelo. Ata 1947, as mulleres non puideron matricularse na Universidade de Cambridge.

En canto ao voto, en España foi un tema controvertido. Nas eleccións de 1931 concedeuse á muller o dereito para ser elixida electoralmente pero non a votar. Así, Clara Campoamor, Vitoria Kent e Margarita Nelken foron as tres primeiras mulleres elixidas deputadas en España tras as eleccións de 1931, pero coa curiosidade de que elas mesmas non puideron votar nas eleccións nas que foran elixidas pois o sufraxio feminino non estaba aínda aprobado. Foi Clara Campoamor a que
Clara Campoamor impulsó el
sufragio femenino en 1931
logrou o impulso da aprobación nese ano, cos seus convincentes debates fronte á súa opoñente Vitoria Kent que se manifestaba en contra, e causando reticencia e división de opinións dentro dos distintos partidos. Noutros países, (por exemplo Estados unidos) foi a aprobación do sufraxio feminino o que abriu a porta ao Sufraxio Universal, isto é, o que permitiu que etnias ata entón vetadas nas urnas puidesen participar tamén no deseño do seu futuro e o do seu país.
Matilde  Ucelay  primera
mujer  arquitecto de España.
Premio Nacional de
Arquitectura en 2004

Respecto ao traballo, a incorporación da muller realizouse, en gran parte precisamente, grazas ao seu afán por mellorar a súa formación. Entre 1920 e 1936, xurdiron as primeiras mulleres con cargos importantes. E desde entón, foron "colonizando" e aínda "coroándose" con premios alá onde quixeron deixar a súa pegada. En 1936, precisamente, en arquitectura, mundo exclusivamente masculino, Matilde Ucelay convertíase na primeira muller arquitecta de España, e en 2004 recoñecíase a súa obra concedéndolle o Premio Nacional de Arquitectura de España . O último exemplo, témolo nas arquitectas irlandesas Yvonne Farrel e Shelley
Yvonne Farrel y Shelley Mcnamara 
premio Pritzer de Arquitectura

Mcnamara, que este ano 2020 alzáronse co premio Pritzer de arquitectura, popularmente coñecido como o "Nobel de arquitectura", por ser o recoñecemento anual de maior prestixio internacional co que desde 1979 galardóase a un arquitecto. Segundo o xurado, é un merecido premio polo seu "infatigable compromiso coa excelencia" e a súa " capacidade para crear espazos innovadores á vez que con historia e tradición".


E falando de innovación, outro exemplo moi actual bríndannolo na industria alimentaria (mundo tamén copado por homes), e en Galicia: Sofía Calvo, Edurne Sendra e Keila Pousa creadoras de " Calabizo", o primeiro chourizo galego de cabaza 100 % vexetal, co aspecto, cheiro e sabor a chourizo de sempre, pero elaborado unicamente con ingredientes vexetais. Este produto de alto valor nutritivo, baixa achega calórico, fonte de fibra, rico en antioxidantes e co sabor de sempre levounas a gañar en 2016 o "Premio ao mellor produto innovador do ano", polo Clusaga (Agrupación industrial Alimentaria de Galicia)». Actualmente contan con máis de 500 puntos de venda por toda España pero
Sofía, Edurne y Keila, emprendedoras e innovadoras
"Premio ao mellor producto innovador do ano 2016"
pronto desde Nigrán, onde ten a súa base, será saboreado en países como Alemaña, Reino Unido, Finlandia ou Australia. Noraboa!! e Boa sorte!!!
"Calabizo" 100% vexetal



Boas novas 
a recordar nestas datas.
Grandes exemplos que ilustran que con esforzo e paciencia todo se logra!







8 Marzo

 "Dia Inernacional de la Mujer Trabajadora". 

Un poco de Historia


Trabajadoras textiles de Nueva York.
durante una huelga en 1910
En 1975 la ONU declaró el 8 de Marzo como "Día Internacional de la Mujer"
¿Cuál es su origen y cuál es su objetivo?

Su origen
Se ha elegido el 8 de Marzoen recuerdo de un suceso triste ocurrido en marzo en  Nueva York, en 1909:  Más de 120 mujeres, (de entre 14 y 23 años),  trabajadoras de una fábrica de camisas (Triangle Shirtwaist de Nueva York)  ocuparon su lugar de trabajo, declarándose en huelga para solicitar mejoras en su trabajo (mejor salariohorario y condiciones higiénicas).
Clara Zetkin
Rosa Luxemburgo
Su dueño, ordenó cerrar las puertas  y provocar un incendio, (supuestamente, tirando una colilla en un recipiente con desechos textiles acumulados), con la intención de que las empleadas desistieran de su actitud. Sin embargo, las llamas se extendieron y no pudieron ser controladas. Las mujeres murieron. 
El color morado de las telas que trabajaban se convirtió en el color que las identifica este día. 
Dos años más tarde, en 1911,  en Dinamarca, la revolucionaria alemana, Clara Zetkin, propuso celebrar, el Día Internacional de la Mujer Trabajadora en recuerdo de la muerte de estas trabajadoras. Se unieron a dicha celebración ese primer año: DinamarcaAustria, Alemania y Suiza.         Desde entonces, ha adquirido carácter mundial.  
Su objetivo
Se buscaba que la mujer tuviera la misma consideración  y  oportunidades en la vida social y política: derecho a voto, derecho a su participación en la economía, derecho a su formación... 
El año 1975 fue declarado por la ONU el "Año Internacional de la Mujer"  para "destacar el esfuerzo realizado por mujeres corrientes" como artífices de la historia.  
Cada 8 de Marzo se ha aprovechado esta fecha para poner en evidencia la desigualdad de sus derechos respecto a los hombres: inferiores salarios, mayor dificultad para acceder a determinados oficios o cargos... 
Hoy es un día para reflexionar acerca de los avances logrados, pedir más cambios y celebrar la valentía y la determinación de  emprendedoras, pioneras, trabajadoras, luchadoras, personas que han propiciado un cambio en la sociedad, que han jugado un papel clave en la historia de sus países y comunidades:  Clara Zetkin, Clara Campoamor,  Concepción Arenal, María Montesori...
Y para hacer visibles a todas aquellas  mujeres que, sin salir en la prensa ni tener un trabajo altamente remunerado, con su esfuerzo diario, son el pilar de familias enteras, se esfuerzan por hacer más hermosa y llevadera la vida de otras personas que dependen totalmente de ellas, organizan su vida de un modo tal que las normas matemáticas tradicionales aplicadas a su presupuesto se tornan:  1+1= 3, para alcanzar el fin de mes o las horas de 60 pasan a 120 minutos para poder estar allí donde se la necesita ocupándose  de todo y todos cada día.
Por todas estas valientes entonemos un: Bravo!
Y a ellas y todos los que podemos seguir su ejemplo: Feliz día!








martes, 3 de marzo de 2020

2 Marzo

As Familias e toda a Comunidade Educativa invitadas á festa. Animádevos! Seguide o exemplo.


Non esquezades que ao longo da semana continuarán os actos de recitado de poemas de Rosalía.

Toda a comunidade educativa está invitada a participar!
E non saber ningún poema ou narración rosaliano non é excusa, pois ainda quedan no expositor suficientes obras da escritora para poder elexir unha a voso gusto.

De modo que, xa o sabedes: sós, en grupo ou a dúo cos vosos fillos-as, netos-as, sobriños-as...
Ánimo
Participade 
Contamos con todos vós!


Na aula, o alumnado de 3º A coa súa profesora Conchi, xa está a homenaxear á escritora recitando as poesías coas que Uxía Senlle tenta retratar á poetisa no seu libro musicado "Rosalía pequeniña". Parabéns rapaces. Deixáronnos un pequeno extracto no que Xela e Uxía nos dan mostra do seu valor para animarnos.
Gracias profesora Conchi por ir abrindo camiño cos teus valentes alumnos e alumnas.



2 Marzo

Unha visita moi especial ao "Carballo Lector"


Hoxe, o Carballo Lector recibiu a visita dos nenos de 3 anos acompañados da súa titora Rosa. 



Todo un honor para o ancián  literario Carballo, ao que prometeron vestilo cunhas pouquiñas follas máis coas súas lecturas preferidas, para  que luza máis frondoso agora que se aproxima a primavera.
 Estamos seguros de que así o farán, pois sabemos de boa fonte que, pese a ser moi pequeniños, a súa bagaxe literaria é xa moi ampla gracias a que os seus pais e avós lles leen moitos contos! 


Foi un verdadeiro placer ver o voso entusiasmo e esperamos que sigades facéndolle moitas visitas  campeóns!








2 Marzo

Un "Adiós ríos, adiós fontes"  con moitísimo agarimo


Trasladando su peculiar
"pentagrama" al atril
Los de 3 años tomando posiciones
Rosalía está de cumpleanos e os nenos de 3 aniños e 5 aniños, tamén quixeron sumar a súa voz  á festa. 


Coa súa titora Rosa e axudados dun ilustrativo 
cartel musical de pictogramas,     (elaborado por eles mismos), os de 3 anos tomaron o escenario para cantar  en coro o "Adiós río, adiós fontes" coas suás doces e claras voceciñas.
Todo un pracer ver o ben que se sabían a letra e o ben que levaban o ritmo ao unísono!
Sen duda tiñan a lección moi ben aprendida!  


Os de 5 anoscoa súa titora Noelia, tampoco quixeron perder a oportunidade de amosar a súa arte!

Os de 5 anos cantando a todo pulmón














Noraboa profes  pola vosa  ardua labor 
da que puidemos ver un gratificante resultado!!

2 Marzo

Recitado e Karaoke para estrenar a semana de Rosalía


Tras ter que reaxustar as datas debido ao entroido, hoxe estreamos a gran semana de homenaxe a Rosalía.
Fixémolo co anunciado recital de poesía seguido dun divertido karaoke, no que a profesora Noelia púxonos a música aos universalmente coñecidos poemas da autora galega. Un divertido recital vivido dun modo moi especial polo alumnado que non tivo ningún problema en mostrar a súa arte e donaire ao recitar, sós ou a dúo, os seus poemas preferidos.

E para rematar, qué mellor que cantarlle a máis popularizada das súas poesías!
A guinda para a unha completa homenaxe, gracias á xenerosidade da profesora Noelia que unha vez máis sacou tempo para acompañarnos coa súa guitarra. He aquí un pequeno estracto:

Moitas gracias profesora Noelia!!

Qué fermoso ver cómo o alumnado
se implica na adquisición, para a posterior transmisión
do seu fermoso legado!
do seu fermoso legado!



domingo, 1 de marzo de 2020

24 Febreiro

"Recitamos e Cantamos a Rosalía"


O 24 de febreiro celebrouse o aniversario do nacemento da nosa ilustre escritora galega  Rosalía de Castro
Como a data nos coincidiu en pleno antrodio,  tivemos que pospor un pouco a celebración dende a nosa Biblioteca.

Para tal acontecemento creamos un pequeno escenario de recitado de poemas de Rosalía
Convidamos a toda a comunidade educativa a participar desta actividade durante a próxima semana: aos titores  que acudan co seu alumnado para aproveitar este "escenario" e tamén ás familias tan colaborativas que temos e que se animen a recitar algún poema!



Esperamos que todos desfrutedes con nós 
deste recitado!