miércoles, 19 de febrero de 2020



EN ESPACIO PRANAYAMA LAS GRACIAS NO LAS DAMOS POR EDUCACIÓN SINO CON EL CORAZÓN.

ESTA VEZ, QUISIÉRAMOS DAR LAS GRACIAS, CON TODO NUESTRO CORAZÓN, A JOSE POR VENIR A REGALARNOS SU PRESENCIA Y SU ENERGÍA
UNA EXPERIENCIA ÚNICA DONDE NOS HEMOS PODIDO SUMERGIR EN EL FABULOSO MUNDO RELAJANTE DEL SONIDO DE LOS CUENCOS TIBETANOS Y DE CUARZO.

A TRAVÉS DE UNA MEDITACIÓN GUIADA, PUDIMOS ADENTRARNOS EN EL BOSQUE Y SUS PERSONAJES FANTÁSTICOS QUE NOS HICIERON CONECTAR UNA VEZ MÁS CON EL AMOR DE LA NATURALEZA.



¡¡MUCHISIMAS GRACIAS DE CORAZÓN JOSE POR HABER VENIDO A ESPACIO  PRANAYAMA!!

¡¡OS DEJO UN MANTRA QUE HEMOS CANTADO TODOS JUNTOS DURANTE  LA MEDITACIÓN GUIADA!!


Somos los duendes y hadas del bosque.
Somos los duendes y hadas que calman.
Te envío energía,
recibo la tuya.
Y siento que  mi cuerpo ahora se relaja.




17 Febreiro

O "Carballo Lector"  cúbrese de follaxe literario!


1º Escribimos nuestra sugerencia
Estes días, o alumnado de 6ºA foi o responsable da aparición dunha incipiente follaxe
no gran "Carballo Lector". Nas súas ramas, ao alcance de todos, colocaron xa as primeiras suxerencias lectoras. En cada unha das súas follas, poderedes atopar o título da obra que vos animan a ler e o seu nome, por se queredes recibir máis información sobre o mesmo.

2º. Recortamos la silueta de la hoja
Animádevos todos a seguir o seu exemplo!

As "follas" do carballo para facer a vosa propia invitación lectora, tédelas á vosa disposición na Biblioteca, nunha coqueta canastilla sobre a mesa de rexistro de préstamos e devolucións. Só tedes que escribir o título a compartir, o voso nome e curso, recortala e pegala nalgún dos "brotes" que emerxen das ramas do carballo.
Hojas para elaborar tu sugerencia


3º Pegamos la hoja sobre alguno de
los brotes que emergen de las ramas

É ben sinxelo!

Aporta a túa suxerencia e comparte ás dos demais!
Non dubides en facerlle unha visita cando queiras saber qué obra está máis de moda ou gusta mais.










16 Febreiro

Os "sanandresiños"


Algunhas das fermosas creacións:
a escaleira (o traballo),
a coroa (protección), a flor (amor)
Formando parte do contido do Proxecto "Coñezo Galicia", o alumnado de 1º A  coa súa titora Anxa, aprendeu un costume tradicional de San Andrés de Teixido (A Coruña). 
Nesta aldea elaboran amuletos con miolos de pan chamados "sanandresiños". 
Cada un deles protexe diferentes ámbitos da vida: o traballo, a saúde, as viaxes, o amor...
Eles fixeron a súa propia versión no horario de Plástica, con plastilina e cola.
Estes son algúns exemplos!

Bravo rapaces pola vosa creatividade!
E gracias a súa titora por compartir con todos nós unha tradición tan arraigada, 
e descoñecida por moitos!
Aprender cousas da nosa terra,  coñecela mellor, axudaranos  a valorala, querela e coidala!




martes, 18 de febrero de 2020

15 Febreiro

Chega o Antroido, o Entroido ou o Carnaval?


Xa se sinte a  proximidade das datas que traen de cabeza a todos: preparación de disfraces, máscaras, cantinelas, organizacións, percorridos... Toda unha morea de decisións a tomar e un millón de cousas a recortar, coser, pegar,  pintar...
Pero todo iso para qué? Para celebrar o entroido, para disfrutar o antroido ou para pasalo ben co carnaval?
Sabemos cómo se denomina verdadeiramente a celebración que nos ocupa tanto tempo?
Par os ávidos de sabedoría, aquí tedes un enlace que vos conecta ca iniciativa da RAE para dar a coñecer un pouco máis o noso idioma: o "Portal das Palabras"


https://portaldaspalabras.gal/video/antroido-ou-entroido/

Animaivos a coñecer un pouco máis do noso fermoso idioma!



14 Febreiro

E o "Valse da Amizade" para rematar!


Como guinda final, para celebrar a alegría dun día tan especial, estabamos todos convidados a cantar con Pilar o seu "Valse dá Amizade". Foi moi divertido e instructivo, pois aproveitou para falarnos dalgúns instrumentos e costumes musicais típicas da nosa terra como a "botella de anís", as vieiras, as tisolas... instrumentos ao alcance de todos os fogares, cando a música era algo habitual para acompañar as tarefas domésticas, as celebracións tras o final da colleita ou calquera evento importante nos pobos que requirían celebración.

Cantamos todos ao son do pandeiro. E logo amosounos como se tocaban as "culleres" e as "tarrañolas". A súa habilidade nos deixou a todos anonadados.

A súa firma quedou rexistrada no libro de visitas especiais e
a súa alegría nos nosos corazóns para celebrar o Día da Amizade

Moitas gracias Pilar
por estes momentos tan divertidos e didácticos!


14  Febreiro

Todos xuntos colaborando no "Día Internacional da Amizade"


Chegou o 14 de Febreiro, e a "Torre da Amizade"  solidificouse coa colaboración de toda a nosa Comunidade Educativa tal como estaba previsto.
Desde a primeira hora da mañá, pais, nais, alumnado, compañeiros... converxeron na Biblioteca para expresar a súa concepción da amizade.
En forma de poesía, uns, e en forma de pensamento, outros, os papás e mamás fixérono de modo voluntario e con gran agrado, aínda que algúns mostraron a súa timidez evitando ser retratados!
Algúns titores aproveitaron a ocasión para completar a sesión dun modo especial.
 Así, por exemplo, os alumnos de 6º A, ao amparo da torre, coa súa titora Rocío, aproveitaron para facer, micrófono en man, a interesante lectura dunha redacción sobre a importancia do amor propio, xa que para querer aos demais debemos querernos nós primeiro. Todo isto tras traballar o libro "Yo voy conmigo".
Aos alumnos de 5º A, a súa titora Inma, preparoulles unha actividade de reflexión sobre diversos aspectos da amizade auténtica. A amizade "hai que gañala", non se pode obrigar a ninguén a ser o noso amigo nin a selo en exclusiva prohibíndolle selo doutros tamén. Finalizaron a sesión rodeando a torre, todos unidos, como bos amigos nunha actividade moi divertida que ilustraba claramente o bonito de ser todos amigos.
Outros titores, preferiron evitar a aglomeración e baixaron á Biblioteca tras traballar o tema na aula, compartindo o momento de pegar o resultado do seu traballo.
E así, ao longo de toda a mañá nun bule-bule fraternal, foron deixando a súa pegada
personalizada
ata non deixar un oco vacío na estructura, para demostrar que todos teñen moi claro o gran valor de ter un bo amigo, o importante que é coidar coma un tesouro unha amizade verdadeira e o necesario que é facerse querer e coidar que o cariño sexa recíproco.

Marcapáxinas ao son da celebración

E como lembranza da experiencia vivida neste día tan especial, todos puideron levar un fermoso marcapáxinas personalizable que a mesma torre lles ofrecía gracias a dous orixinais dispensadores.

Aquí vos deixamos algunhas imaxes da experiencia compartida:


Gracias a todos e todas pola vosa colaboración!
En especial ás familias que, apoyando a actividade coa súa participación, axudaron a dar exemplo!
Un bonito día da amizade para todos e amizade auténtica nas vosas vidas!




domingo, 16 de febrero de 2020

13  Febreiro

Día Mundial da Radio. 100 anos despois da creación da KDK  e 94 Anos despois de María Sabater


No 2012 a ONU aprobou como Día Mundial da Radio o 13 de Febreiro. Data na que se estableceu a Radio das Nacións Unidas no 1946.  O fin é o de celebrar a radio como medio de comunicación, para mellorar a cooperación internacional entre os organismos de radiodifusión, e incitar ás principais redes e radios comunitarias a que promovan o acceso á información e a liberdade de expresión a través das ondas.  
Cada ano, o Dia Mundial da Radio, céntrase nun tema diferente. Así o tema no 2015 foi "Os xoves e a radio", no 2016 "A radio en tempos de emerxencia e desastre", no 2019, "Diálogo, tolerancia e Paz" ... Nesta edición do 2020 o tema foi "Diversidade", co que se pretendía abogar polo pluralismo na radio, (facilitando unha combinación de medios públicos, privados e concertados), fomentar a representación de diversos grupos da socidade na sala de redacción, e promover a diversidade dos contidos e tipos de programas para que reflexen a variedade de públicos.

María Sabater, primera
voz locutora de España

En España, a primeira voz da radio foi a de María Sabater en febreiro de 1924, fai 95 anos, cando naceu a Asociación Nacional de Radiodifusión de Barcelona. Só 4 anos despois da creación da primeira emisora de radio do mundo (a KDK), en 1920, en EEUU.

Isto foi posible grazas á curiosidade, a inquietude e o traballo arduo de moitas persoas!
Para resumir poderiamos dicir que o primer "culpable" foi no 1830, Samuel Morse, quen observando o chisporroteo que se producía ao interromperse un circuíto, ocorréuselle que estas interrupcións podían chegar a utilizarse como un medio de comunicación. Inventábase o telégrafo.
A partir diso, Maxwel propuxo que as oscilacións eléctricas de frecuencias moi altas podían propagarse polo espazo. Entón, Hertz traballando sobre iso construíu un aparello para producir ondas de radio polo que xa se puido pasar á telegrafía sen fíos.
Logo, Popov continuou os traballos de Hertz e descubriu que a sensibilidade do dispositivo que permitía a detección de ondas de radio aumentaba conectándoo cun fío condutor suspendido dunha cometa co que inventou a antena! Xa en 1901, Marconi, realizou a primeira transmisión de ondas electromagnéticas a través do Océano Atlántico: entre Poldhu (un pobo do sur de Inglaterra) e a illa canadense de Terranova. E xa en 1906 Fessenden realizou as primeiras transmisións de voz humana (AM).
radio galena
Nos inicios, usábanse uns receptores chamados Radio- Galena, por utilizar sulfuro de chumbo (tamén denominado galena!) como material electrónico. Curiosamente estes receptores non utilizaban pilas nin ningún outro tipo de alimentación externa! senón que funcionaban unicamente coa enerxía dos sinais de radio que recibían. No 1932, Edwin Armstrong patentou a frecuencia modulada (FM), un sistema de modulación que eliminaba a maior parte dos problemas das interferencias da AM. No 1947 inventouse o transistor co que o tamaño dos receptores era moito máis reducido!
No 1960 a emisora KDK introduxo o Stereo deixando obsoleto o rexistro dunha soa canle. E na década dos 80 empezou a vía satélite.
E xa, por último, no 1990 realizáronse as primeiras emisións de radio via Internet!
A radio era o núcleo de reunión 
e información do pobo

Toda unha longa viaxe para unhas ondas que, son moito máis que un medio de información, un productor de entretemento ou unha vía de comunicación. Desde o seus inicios o papel da radio foi fundamental como canle de salvamento en casos de accidente ou extremo perigo. No ano 1912, por exemplo, o Titánic, puido realizar por radio a súa chamada de socorro tras impactar cun gran iceberg. E desde que tivo lugar a creación da primeira emisora (a KDK dos EEUU), a radio cubriu tamén unha función social moi importante, servindo de acompañamento para combater a soidade ás persoas maiores, ás persoas enfermas ou á aquelas obligadas a pasar moitas horas do día ailladas. E cómo non, tamén serviu para unir ás familias ou aos maiores do pobo
E tamén unía ás familias á hora das emisións
enteiro
ao
seu redor á hora das emisións das noticias ou das emisións das famosas radionovelas nas que o timbre da voz dos protagonistas atraía dun xeito máxico e especial ao radiointes!
Y é que este é o medio no que a voz do narrador cobra a maior importancia!!!

Ao escoitar ás súas audiencias e responder as súas necesidades, os servizos da radio provennos dos diversos puntos de vista e distintas voces que necesitamos para afrontar os cambios aos que nos enfrontamos na actualidade.


Esperamos que os obxectivos fosen acadados!



viernes, 14 de febrero de 2020



13 Febreiro

Unha "Torre da amizade" e todos a cantar

A sólida Torre da Amizade  está lista
Espera a vosa participación

Todo está  listo para o gran día de mañá. 

Si hai algo fundamental na vida do ser human respeto á súa relación cos demáis,  é a amizade. Os amigos, esas personas que se van cruzando no noso camiño ao longo da vida e que pese á distancia, pese aos anos de non verse, pese, ás veces, ao distanciamento por desacordos puntuales... van deixando unha huella cada vez máis profunda e van formando un "escudo protector" contra os "malos tempos" e as decepcións da vida. Tamén son ese  "espacio máxico" no que os nosos éxitos cobran máis importancia ao poder compartilos. E, máis aún: son ese resorte de enerxía continua que nos impulsa nas caídas para xurdir de novo, ver máis pequenas as dificultades e acabar acadando eses éxitos que máis tarde festexaremos xuntos! 


Por iso, se merecen ter a nosa atención todos os días, e tamén un día especial: o "Dia Internacional da Amizade" que mañá celebraremos dun modo moi especial.
Dende a Biblioteca, invítase a toda a Comunidad Escolar a participar!


Trátaremos  de construír entre todos a máis ampla visión da amizade.
Para iso, na Biblioteca haberá colocada unha sólida torre na que todos podedes  deixar a vosa "huella":
 -"definindo" o que é para vos a amizade, 
- escribindo unha  breve oda á amizade, 

 No Punto Lectura Familia o material
está listo para a súa colaboración
- ou simplemente ilustrando a vosa idea da amizade mediante un debuxo.

As familias dispoñen tamén no recuncho de "Punto Lectura Familia", de todo o material necesario para colaborar facendo aínda máis "sólida  a "nosa Torre da Amizade"!!!!
                                        
Animádevos todos! Contamos con vos!
Moitas gracias pola vosa colaboración!!!!

Pilar  coa súa fermosa oda á amizade
Dito e feito!  Xa temos a primeira colaboradora: Pilar obsequiounos cun exemplar poético que xa figura no panel da amizade! 
Seguide todos o seu exemplo!!

E como é un día de alegría, na hora do recreo, estades todos convidados a unha sesión moi especial na Biblioteca, na que cantaremos á amizade con Pilar! Tenores, barítonos, amantes da festa e todos aqueles  que sepan divertirse,  estades convidados!  Animádevos! 
Esperámosvos!











13 Febrero

O "Xadrez na Biblioteca" cobra adeptos ilusionados!


Desde que o Equipo da Biblioteca puxo en marcha as sesións de "Iniciación ao Xadrez", algúns participantes xa demostran ter un pequeno Karpov dentro. E tal vez non lles interese acabar sendo uns dos primeiros nesta disciplina pero,  ao menos, pásanno de medo e aprenden rápido!  







Pronto estarán listos para enfrentarse no torneo  cos máis  veteranos!!

Seguide así rapaces!!!