miércoles, 12 de febrero de 2020

11  Febreiro

Arranca "Ler cos teus

Noraboa gañadores!


Hai uns días invitábamos a participar nun concurso para a elección da ilustración e o título da nova campaña lectora da Biblioteca!  Noraboa! Xa temos gañador!

 Comeza ahora a 2ª parte do proceso: a que implica  á parte fundamental na formación dos cidadáns de mañá: ás familias! 

As familias saben que a lectura é importante. Pero non sempre se respeta un tempo lector e, é algo fundamental! 
Las Familias que lo deseen pueden solicitar las bases y material necesarios a la profesora Rocío
Sí. É moi importante mergullar ao neno no gusto pola lectura. Pero para logralo o mellor é servirlle de exemplo. Por iso, é recomendable establecer un tempo exclusivo de lectura compartido por toda a familia unida. Xa sexa individual (cada un lendo o obxecto do seu interese: xornal, novela...) ou conxunta (en voz alta, alternando diálogos...). O importante é que o neno se divirta lendo e ame ese momento, que non só influirá en adquirir o hábito lector senón tamén axudará a reforzar os lazos familiares.
Recoméndase dedicar como mínimo 30 minutos a facer ese paréntesis na rutina diaria para dedicarllos á lectura. E no caso do fin de semana, pódese incluso aproveitar para facer xuntos o descubrimento e a elección de novos títulos de lectura na Biblioteca Pública ou nunha librería.


Neste sentido, dende a Biblioteca, invítase a todas as familias que o desexen a participar nunha proposta singular:
acadar o título de "Familia Lectora" ,
para o que se lle esixe cumprir cun único compromiso: o de
axudar aos seu fillos-as a ser grandes lectores!
Tarefa fácil e divertida!!!


As bases e o material necesario recibiranno nestes días todas aquelas familias que desexen participar!



11 Febreiro

Científicas, e galegas, na Biblioteca

Para impulsar a incorporación de mulleres no campo tecnolóxico e científico, hoxe, na Biblioteca a profesora Pilar  repasou co alumnado asistente a importancia dalgunhas das  aportacións  feitas por grandes científicas. Con especial mención ao traballo de galegas que acadaron un recoñecemento xeral polos frutos do seu traballo e polo exemplo dado, as veces, ao enfrentar e superar as dificultades añadidas de falta de credibilidade ou falta de medios.
Sirva de homenaxe ao seu esforzo e tesón 
e de exemplo para as vindeiras xeracións!





10 Febreiro

O "Carballo lector".  Unha árbore con "brotes" literarios.

Adiantándose un pouquiño á primavera, xa  está listo para comenzar a brotar! 

Este é o voso novo recuncho de suxerencias! 
Aproxímanse as vacacións de carnaval e non sabedes qué ler? Esta fin de semana promete ser tranquila e chuviosa e non tedes plan de lectura? Hai días que rematastes o libro que vos mantiña en vilo coa trama, e queredes outro ao mesmo nivel de intriga?... Ou ben, lestes unha obra impactante, emotiva, hilarante... e queredes compartila?... 
A resposta ás vosas cavilacións e desexos está no voso novo recuncho:  "O Carballo lector"!
Adiantándose un pouco á primavera, esta milenaria árbore está disposta a brotar coas vosas suxerencias!  Alí podedes dar a coñecer aqueles descubrimentos literarios que vos deixaron impactados, ou ben,votarlle unha ollada ás suxerencias dos demáis para ter unha idea sobre aquela obra que máis se axuste ao que en cada momento necesitades ler para pasar un rato divertido, ameno e instructivo!!!
Xa sexa para proporcionar ideas ou para "adquirilas" , non deixedes de visitalo
O Carballo está listo para  intercambiar a vosa  información!!!

Dónde podedes encontralo?
Moi fácil! Conta coa preceptiva sinalización!
Camiño da Biblioteca!
 Só tedes que seguir a flecha!

Sacádelle proveito! Visitádeo con frecuencia e
a disfrutar das lecturas á carta!!!








lunes, 10 de febrero de 2020

9 Febreiro

Científicas de sempre, de hoxe e de mañá. 


Este próximo martes, 11 de Febreiro, celebrarase como cada ano o "Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia". 
Foi proclamado en 2015 pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas co fin de facilitar o acceso e a participación da muller e a nena na educación, a capacitación, a ciencia e a tecnoloxía.
Clama por un compromiso de  poñer fin ao desequilibrio de xénero nesta disciplina.
A presencia da muller no campo científico foi incremetándose co tempo, chegando a estar presente en casi todos os campos e contando cunha notable presencia no listado de personas que lograron hachados importantes. Si ben, ainda se considera insuficiente.
Alguns nombres de muller incluso ocupan un lugar destacado na lista de premios de renombre como os premios Nobel. Desde 1901, (ano no que foi fundado este premio), 51 mulleres ocuparon un posto na lista dos Nobel, (en ocasiones compartido con alguén máis, outras soas). 
Marie Curie foi a primeira muller en recibir este premio e tamén foi a primeira muller que o recibiu dúas veces (primeiro, en 1903, recibiu o Premio Nobel de Física, e despois no 1911 o Premio Nobel de Química). Máis tarde no 1935, recibiría o Premio Noble de Química a súa filla Irene Joliot-Curie.

Para celebrar esta data, invitámosvos a participar nas actividades que terán lugar na Biblioteca na hora do recreo.

E para coñecer máis sobre as grandes mulleres que deixaron a súa huella na ciencia, pasade polo expositor da Bilioteca. Alí encontraredes a súa vida, o seu legado ou os aspectos máis curiosos da sua experiencia.


Algunhas mulleres que obtiveron o Premio Nobel foron:

Premio Nobel de Física: 
Marie Curie (1903)
Maria Goeppert Mayer (1963)
Donna Strickland (2018)

Premio Nobel de Química:
Marie Curie (1911)
Irene Joliot-Curie (1935)
Dorothy Crowfoot Hosking (1964)
Ada E. Yonath (2009)
Frances H. Arnold (2.18)

Premio Nobel de Medicina:
Gerty Theresa Cori (1947)
Rossalyn Sussman Yalow (1977)
Barbara McClintock (1983)
Rita Levi-Montalcini (1986)
Gertrude B. Elion (1988)
ChristianeNüsslein- Volhard (1995)
Linda B. Buck (20004)
Françoise Barré-Sinoussi (2008)
Elizabth Blackburn     (2009)     
Carol W. Greider (2009)
Mau-Britt Moser (2014)
Tu Youyou (2015)

Premio Nobel de Economía:
Elionor Ostrom (2009)

Podedes ver un pequeno spot publicitario no que se presentan as diversas facetas e campos científicos
 nas que se ven inmersas as cientifícas de hoxe.




6  Febreiro

Familiarizándose coas futuras aulas: Visita ao IES Politécnico

O alumnado de sexto  foi este xoves pasado a visitar o IES Politécnico,  centro ao que estamos adscritos.  Alí, atendeunos
persoalmente o director do centro, quen lles explicou as normas así como as diversas actividades que desenvolven. 
Foi unha xornada moi interesante e que espertou moita curiosidade entre os cativos. 
Dende aquí damos as grazas ao director polo seu tempo e por explicarnos e ensinarnos as instalacións das que o noso alumnado desfrutará a partir de setembro.

Esperamos que, chegado o momento, esa nova etapa que lles espera, 
transcorra para todos eles coa mesma alegría con que está  rematando a presente
entre todos nós.



domingo, 9 de febrero de 2020

Febreiro

Os nosos humedales Ramsar

O pasado domingo 2 de Febreiro, celebrouse o Día Internacional dos Humedales. É un día para concienciar sobre a importancia de conservar e restaurar estes espacios de gran biodiversidad, para frenar o cambio climático.
Contar con estos espacios é un luxo, 
pero non olvidemos que para disfrutar algo, 
é  imprescindible coidalo co agaritmo que merece.
Sexamos prudentes, responsables e solidarios cos nosos  bens naturáis!!!

En Galicia, lugar privilexiado,  contamos con 5 Humedales Ramsar
Sabedes qué iso?
Averiguádeo na siguiente ilustración. 
Premede no cuadradadiño cunha flecha na esquina superior dereita para facelo grande nunha ventá nova.









2º Trimestre

O noso PDI :"Coñezo Galicia", avanza

Aquí vos deixamos unha  nova entrega da profesora Rocío, para guiarvos e facilitarvos a labor a realizar sobre o PDI no 2º Trimestre:

Este é o enlace: 

Animai a voso alumnado e non deixedes elemento patrimonial, festa ou recuncho sen coñecer.  
Moitos son, todos diferentes e a cada cal máis fermoso, os aspectos culturáis e as paisaxes coas que regalar o ánimo e a vista nesta Comunidade privilexiada que temos o placer de habitar, disfrutar e compartir con todos aqueles que, 
"atraídos" polas nosas enxebres costumes, a nosa peculiar Natureza e a pródiga amabilidade das nosas xentes, pensen en converter a nosa terra no seu próximo destino turístico vacacional ou, quen sabe, no seu  próximo "fogar".  

Uns e outros serán ben acollidos!!!

jueves, 6 de febrero de 2020

5 Febreiro

Xadrez para todos!


Por fin pronto chegará o día en que todos poderán disfrutar deste xogo  que é á vez   arte ciencia!  
Este mércores tivo lugar a primeira sesión para os que querían iniciarse no coñecemento das normas básicas do xadrez.  
Algúns contratempos imprevistos impediron que a sesión dera de sí todo o esperado pero pronto todos os que mostraron o seu interés por aprender, estarán en condicións de asistir as sesións normales dos xa iniciados para enfrentarse a eles en igualdade de condicións! 

E a gañar todos divertíndose 
coa adquisición dos múltiples beneficios 
deste interesante xogo!





4 Febreiro

"O gran xogo" no Club de Lectura!

Este martes tivo lugar o encontro do Club de Lectura. Tras unhas semanas atarefadas resolvendo todos os enigmas que "Hal", o protagonista do libro, lles foi suscitando, (palabras clave, probas de habilidade, saltos de cabalo, o enigma de Einstein, planos que os levaron a adentrarse en frondosas selvas, cruzar desertos e ata facer travesías en barco sorteando diversas vicisitudes...), por fin atopáronse!
Superaron todas as probas de habilidades

Nin os puzles 3-D se lles resitiron
A interpretación do plano non semellou
moi difícil pese á súa dificultade!

O que máis lles costou: O enigma de Einstein
que Hal lles plantexou!
Hal os agardaba cunha mensaxe-reflexión no seu interior para todos unha sorpresa para cada un dos atarefados lectores para premiar a dilixencia e o esforzo colectivo cos que foron resolvendo todas as probas!


  
Alegría! Encontraron a Hal!
Admiración! Viña cargado de sorpresas!  E tamén dunha mensaxe reflexiva para todos!
    Tras a reunión, puideron disfrutar duns minutos de diversión coa sorpresa coa que Hal os aguardaba!

Todavía quedaron uns minutos
para xogar coa sorpresa!
  Unha lectura que calificaron de interesante e divertida e que esperamos lles sirva para reflexionar sobre o importante que é gozar de cada unha das etapas do camiño que nos conduce ao noso destintanto como do destino, cando xa se chegou. 
Vémonos pronto !




Xaneiro

Coñecezo Galicia. "Onde está o intruso?"

Qué nos pertenece e qué non nos pertenece?
Coñecemos ben Galicia?
O mellor modo de comprobalo é este xogo que os alumnos de 1º utilizan como "test" dos seus coñecementos.
Cada un deles debe saber distinguir, entre un conxunto de imaxes, en cales pode recoñecerse algún elemento do patrimonio galego (unha construcción, un espacio natural especialmente notable ou unha celebración típica da extensa xeografía da nosa Comunidade),  e en cal se encontra un elemento " intruso que non se pode ver  en ningunha das nosas provincias. 
 Son grandes expertos na materia, 
porque enseguida reconocen todos os intrusos. 
Non  se lles escapa un!
Seguide así, aprendendo moito!

Xaneiro

Qué divertido é coñecer  Galicia!


Xogando co Proxecto "Coñezo Galicia"
Isto é o que poden decir os nenos de 1º  que coa súa profesora Anxa crearon un Twister moi particular!


As habituales ordes de "Pé esquerdo no amarelo, man dereita no vermello" foron sustituídas por outras moito máis didácticas coas que co reto de manter o equilibrio van coñecendo, e descubrindo o Patrimonio natural e histórico  da nosa Comunidade:  "Pé dereito sobre a Torre de Hércules, man esquerda sobre a muralla de Lugo"... Quén podería olvidar dónde se encontran os nosos recunchos e construccións máis importantes cando son aprendidos dun modo tan divertido?

Noraboa a profesora Anxa por tan xenial idea e
aos seus rapaces por un aprendizaxe tan divertido!


 Xaneiro

"Así sentimos nós Galicia "

Nin Bélxica, nin Roma, nin París... 
Xa non fai falta viaxar tan lonxe para poder visitar os seus talleres!

É sol, é naturaleza, é amistade... Todo iso e máis é Galicia
para os artistas de 1º, según o expresan no seu gran mural
Comprometidos co Proxecto "Coñezo Galicia", ao rellano de 1º chegan  os admirados talleres de arte do príncipe dos libros: o escritor e artista francés Hervé Tullet.  Alí, guiados pola profesora Anxa, os nenos,  según os principios do reconocido autor, en grupo e con libertade, desenvolveron a súa creatividade dando forma entre todos a gran obra Qué é Galicia para nós?
Un fermoso e multicolor mural que vos recomendamos visitar e no  que poderedes admirar o  seu gran potencial como artistas e a súa gran imaxinación.      


      

miércoles, 5 de febrero de 2020

31 Xaneiro

Búscanse ilustradores para "Ler en Familia"

Bases do concurso para o cartel de "Ler en Familia"
As familias saben que a lectura é importante. Pero non sempre se respeta un tempo lector, e é algo fundamental
Por iso dende a Biblioteca estamos a punto de emprender unha campaña de lectura moi especial.  Invítase a todas as familias a participar nunha proposta singular: acadar o título de "Familia máis lectora", co único compromiso de axudar aos seus fillos-as a ser grandes lectores! Tarefa fácil e divertida!!!
As bases e o material necesario recibiranno nestes días todas aquelas familias que desexen participar!
Pero a primeira fase da campaña é un concurso previo que involucra aos máis creativos da casa, pois trátase de buscar o logo que dará visibilidade a esta campaña.


Escoitade aos vosos compañeiros e...
Participade!!!


No tablón da Biblioteca tedes as bases que na imaxe superior tamén vos mostramos.

30 de Xaneiro

 Día da Ilustración

Fai xa moito tempo que as ilustracións deixaron de ser simples imaxes que substituían as fotografías nun artigo. A día de hoxe, é recoñecido o seu papel importante como linguaxe universal, sen problema de fronteiras idiomáticas, e de interpretación inmediata. A labor dos ilustradores como eixes críticos da realidade do momento (política, económica, social...) é equiparable á labor dos columnistas pero cunha percepción que chega de modo máis inmediato ao "espectador-lector". 
É por iso que a Xunta de Galicia instaurou o 30 de Xaneiro como  "Día da Ilustración" coincidindo co día do nacemento de Alfonso R. Castelao, gran debuxante,  creativo e divulgador a través de múltiples formas de expresión, polifacético autor ademais de político, escritor, pintor e médico. 
Nas súas ilustracións, Castelao retratou os horrores da guerra civil, a dor da Galicia máis triste e a realidade do trato de Galicia fora das súas fronteiras.

Ca institución desta data, preténdese potenciar esta forma de expresión e dar recoñecemento a todos aqueles artistas que a través das súas obras deixen plasmada, xa  non a dor, senon a beleza da nosa Comunidade.

Gael e Juan de 6ºB, Xavi, Aloia, Xian, Bao e Vera de 2º A
e Roi de 6º B orgullosos das súas creacións
Nesta dirección van encamiñados algúns dos nosos grandes artistas do colexio que, puidera ser que nun futuro non moi lexano fagan figurar o seu nome ao carón do de Castelao.  Si ben de momento, estes ilustradores en potencia, ainda non adican a súa obra a plasmar a realidade que os rodea senon máis ben os seus gustos literarios e cinematográficos preferidos. Pero todo se andará. Démoslles tempo.

Unha mención especial merece a obra de Ledi, unha nena moi creativa de 2º B que, ca axuda da súa profesora Pilar, está a crear o seu propio diccionario en imaxes, para facilitar a aprendizaxe do noso idioma. Toda unha proeza!! 
"Diccionario en imaxes" de Ledi coa transcripción de cada palabra
 nos dous idiomas: o do seu país e o noso
.
Demoslles ánimos, apoio e recoñecemento ao seu don de debuxantes, unha cualidade que non todos temos!

Noraboa rapaces pola vosa obra!  
Seguide creando!





30  Xaneiro

Educando no respecto a todos, na tolerancia e na non violencia: Educando pola Paz!

Desde o ano 1964, vense conmemorando o Día Escolar da non violencia e a Paz ( DENYP) cada 30 de xaneiro, no aniversario da morte de Mahatma Gandhi (1948), líder pacifista da India que defendeu e promoveu a non violencia e a resistencia pacífica fronte á inxustiza, converítindose á súa morte na principal figura da resistencia pacífica no mundo.

É un día para recordar a importancia de educar na tolerancia, na solidariedade, na concordia, no respecto aos Dereitos Humanos, na non-violencia, no entendemento entre persoas de distinta procedencia ou distinto modo de pensar... na paz, co obxectivo de que o alumnado de hoxe se converta mañá en cidadáns globais, comprometidos non só ca defensa dos seus dereitos senon cos das demais persoas.

Como en todos os colexios a actividade foi febril esta semana de preparativos. Corredores, aulas, taboleiros, pancartas, cancións, coreografías, decoracións, ensaios... moito que facer ata culminar coa posta en escena final: un canto á amizade, ao entendemento e á paz.

As pombas,  mensaxeiras da paz por excelencia, gañaron espacio por todos os recunchos.  De todas as cores, formas e texturas, e portadoras de todos os sentimentos que implican paz, tolerancia, amizade e entendemento.


Esperamos que todos estes sentimentos queden arraigados no corazón de todos máis alá deste festivo día de cancións e xestos de amistade!


Curiosidade: O DENYP  foi fundado en España polo poeta mallorquino Llorenç Vidal  e conta co seu propio himno "Hermanos de las estrellas" con letra del propio fundador Llorenç Vidal y música de Andreu Bennàssar. Hoxe existen varias versións en distintas lenguas. catalán-balear, galaico-portugués,...