miércoles, 13 de febrero de 2019

Mércores, 13 de Febreiro 

Seguindo con Rosalía: un "caldo de gloria"

Anecdotario: O 24 de febreiro de 1837, naceu en Santiago Rosalía de Castro.

Todos coñecemos os títulos dos seus principais libros e mesmo sabemos recitar de memoria algúns versos das súas poesías máis coñecidas. 
En moitos países onde emigrase un bo número de galegos, existe un "Centro Gallego" ou "Casa de Galiciaonde estes encárganse de que a súa obra permaneza viva. E sen ir tan lonxe, sen cruzar fronteiras, tamén nalgunha comunidade española, por exemplo na comunidade de Valencia, el "Centro Gallego de Valencia" prepara unha boa programación de actos para lembrar o "Día de Rosalía".
Pero...  a pesar de tan profundo coñecemento, saberías dicir que  é un  'caldo de gloria'?  
Pois, seguindo a receita que narra Rosalía no seu poema 'Miña casiña, meu lar' -'Follas Novas'-, no que enxalza "a épica dos humildes" a través dos pasos dunha muller pobre que volve a casa para celebrar aos pés da súa 'lareira' o simple feito de sobrevivir un día máis, o 24 de febreiro do ano pasado (2018), foi servido en 130 restaurantes de toda a xeografía galega un "Caldo de gloria", sumándose á iniciativa da Fundación Rosalía, que pretende que Galicia lembre a Rosalía a través da gastronomía popular e as leccións que ofrece a protagonista do poema: "Sobrevivir e mesmo ser feliz a pesar da penuria e das adversidades".
Animádesvos a buscar a receita e degustalo en casa cal restaurante de estrela Michelín?
Mesmo nesta páxina: 
http://rosalia.gal/causes/caldo-de-gloria/
podes apuntarte á proposta da Fundación Rosalía de Castro para degustalo este ano 2019
Na páxina encontrarás o modo de facelo ou o modo de 
degustalo na mesma casa de Rosalía o 24  de Febreiro.

E mesmo se buscas "Caldo de Gloria. Rosalía de Castro" atoparás vídeos ca explicación paso a paso do devandito caldo. 
Se vos animades, bo proveito a todos!

Martes, 12 de Febreiro

Rosalía e Amancio Prada

Con ofrendas florais, recitais e todo tipo de actos, cada 24 de Febreiro,  Galicia conmemora o día da súa escritora máis universal: Rosalía de Castro
Unha das persoas que máis axudou a difundir a súa poesía e a doutros poetas ilustres galegos, foi sen dúbida o cantautor leonés: Amancio Prada quen musicalizou  gran cantidade dos seus poemas levándoos nos seus recitais máis aló das fronteiras de Galicia, por todo o mundo.
Aquí deixámosvos unha ligazón a un vídeo con pictogramas que o CEIP Plurilingüe "Anxo dá Garda" dá Coruña elaborou co poema de Rosalía: "Adios ríos, adios fontes" , musicalizado por Amancio Prada e a Filharmonia de Galicia: 
https://www.youtube.com/watch?v=0LktkiqrjFc

Gracias a Amancio Prada pola súa gran labor. 

Noraboa CEIP Anxo da Guarda polo voso fermoso traballo.

martes, 12 de febrero de 2019

Luns. 11 de Febreiro

Vigo, a través dos ollos dos nenos

Como no seu día fixese Pacheco coa súa cámara, os alumnos do colexio, están dispostos a inmortalizar os monumentos e plazas de  Vigo, pero iso sí, eles coas súas pinturas, rotuladores, ceras e pinceis.


Cos seus cinco aniños, Miguel (6º B de E. Infantil), deixa para a posteridade, un "retrato" moi logrado de como era até hai unhas semanas a Praza de América antes de ser destruída para dar paso á que será unha gran rotonda transitable. 

O seu debuxo é fiel reflexo de como era até "onte", coa súa enorme fonte circular, (piscina eventual de pombas e gaivotas, e seguidores do Celta en épocas de efusiva conmemoración), rodeando á Porta do Atlántico baixo a atenta mirada do reloxo da torre do Instituto Santa Irene. 

Parabéns Miguel, e gracias por salvar este recordo para a memoria!


Noa (2º A E. Primaria) comparte connosco a súa visión do Museo do Mar de Galicia, coas súas cinco naves orixinais, cheminea incluída, que delatan a súa función no pasado como antiga fábrica de conservas de Alcabre. E acompañado, por suposto, do seu faro metálico.
Moitas gracias Noa !

Esperamos ver toda a cidade a través dos vosos ollos retratada cos vosos pinceis!
Ánimo! Miguel e Noa comezárono, nas vosas mans está seguilo e terminalo!

lunes, 11 de febrero de 2019

Luns, 11 de Febreiro

De visita aos recunchos da miña cidade

Na segunda parte do noso proxecto " Coñezo Vigo. Coñezo o meu barrio",  pedíamos que as familias descubriran e disfrutaran co alumnado os recunchos máis notables da cidade, os máis descoñecidos, ou os seus preferidos, para que os nenos e nenas foran sendo conscientes da riqueza de patrimonio, artística e natural do seu entorno

Como testemuña desa gran riqueza debían compartir cos seus compañeiros imaxes das súas andainas.
Así o fixeron os nenos de 5 anos que xa comparten unha boa mostra no seu panel.  

Noraboa aos familiares destes nenos e nenas que puideron disfrutar duns fermosos momentos xuntos


A eles os animamos a seguir así,  e a todos os seus compañeiros de 3 a 13 anos animámolos a tomar exemplo deles. 
Hai mellor modo de divertirse que gozar ao aire libre á vez que enriquecemos os nosos coñecementos?
Mamás, papás, avós,  avoas, tíos, tias, padriños, madriñas... esta é unha invitación para todos vos! 

Ánimádevos e acompañar aos vosos nenos a descubrir a cidade donde viven. E compartide as vosas andainas, os vosos paseos e os vosos achados.

Venres, 8 de Febreiro

E por fin, chegou o día do Taller de Escritura Creativa!

Tras varios incovenientes por eventos imprevistos, que levaron a pospolo en sucesivas ocasións, finalmente , hoxe tivo lugar o Taller de Escritura Creativa!
Tratábase de construír un relato  a partir dunha serie de palabras que se anunciaban na xanela do taller...
Insatifación - colegio - conflicto- armonía - paz - reflexión- casa - amistad- rencor - perdón... 
unha pequena mostra dos sentimentos que nos ambientes máis próximos (: a casa e o colexio), poden xurdir no día a día e que, con maestría, sabiamente,  todos debemos saber xestionar para transformar todo o negativo en positivo,  permitindo así que reine a paz e a harmonía. 

Sofía, Aitana e Xiana, deron conta de casi todas esas palabras para construir esta orixinal e didáctica historia sobre a amistade. Y é que, como moi ben se ve no seu relato, moitas veces a xente faise dano, solo por descoñecer como é verdadeiramente a outra persoa. Si nos molestáramos máis en coñecernos mellor, habería menos problemas entre nos.

Bravo rapazas pola vosa historia!

Xoves, 7 de Febreiro

O Oceanográfico visítanos de novo

Esta vez, foi o alumnado de  Educación Primaria o encargado de facer de  anfitrión das profesonais do IEO, (Instituto Español de Oceanográfía- Centro Oceanográfico de Vigo). Con elas viviron unha xornada moi especial na que aprenderon moitas cousas sobre o importante que é o mar, ese espazo que, no seu día, fixo crecer  unha cidade como Vigo,  que hoxe o disfrutamos todos, e que tantos beneficios nos aporta.






Moitas grazas a Araceli  e a súa compañeira por visitarnos e ensinarnos tantas cousas importantes.

Luns, 4 de Febreiro

Inmersión no fondo mariño


Con motivo da proximidade do Día da Muller e a Nena na Ciencia, Araceli,  nai  dos nosos alumnos Xurxo (5ºA), Iago (1ºB) e Lucía (4ºA  E.I.),   xunto cos seus compañeiros do IEO (Instituto Español de Oceanografía-Centro Oceanográfico de Vigo), visitaron aos nenos de 3, 4 e 5 anos,  facéndolles pasar unha velada moi amena á vez que instructiva, na que descubriron moitas cousas sobre os habitantes do fondo mariño.






Moitas gracias a Araceli e aos seus compañeiros do Instituto Oceanográfico por tan amena e instructiva visita.

martes, 5 de febrero de 2019

Febreiro

"Día Internacional de la Mujer y la Niña en la Ciencia"

Con motivo da celebración desta data, o 11 de febreiro, especialistas do Instituto Oceanográfico de Vigo, visitarannos esta semana para realizar unhas actividades con obxecto de impulsar os estudos do campo das Ciencias entre o alumnado do colexio.
Esperamos que gocedes con eles.

Mentres, deixámosvos aquí un vídeo e a súa dirección, no que, en "nota de humor", Beatriz Sevilla analiza a traxectoria dalgunhas mulleres científicas en relación co recoñecemento dos premios Novel dos seus compañeiros. 


Podedes ver o vídeo titulado: "Colega, ¿y mi nobel, cuándo?" directamente na dirección:


Xoves, 31 de Xaneiro 

"Qué está pasando en Vigo?"  

O teu rincón de actualidade e cambio da túa cidade, segue invitándote a manterte informado das últimas novas.  
Aínda queda espazo para que ti, convertido en editor, crees o teu artigodando a coñecer aos teus compañeiros os últimos acontecementos dos que tiveches noticia sobre Vigo
AnímateParticipa!  
Sé xornalista por un día e coloca o teu artigo no panel
Todos queremos saber qué se "coce" na cidade. 
Axúdanos a decatarnos!

Mércores, 30 de Xaneiro

Felicitacións de Nadal dos nenos vigueses

En consonancia co proxecto "Coñezo Vigo", o alumnado participante no "Concurso de postais do Nadal", puido demostrar este ano o coñecemento que teñen da súa cidade,  incorporando elementos identificativos da mesma nas súas felicitacións navideñas



Foron moitos os que aproveitaron a oportunidade de darlle este toque orixinal ás súas postais.
Hoxe tivo lugar a entrega de premios aos felices gañadores. 
A directora, Conchi, e a Xefa de Estudios, Patri, fixeron entrega dun diploma e varios agasallos a cada un dos afortunados.
Parabéns aos premiados!

lunes, 4 de febrero de 2019

Martes, 29 de Xaneiro

A Ría de Vigo e a Paz!

O proxecto "Coñezo Vigo" tamén estivo presente no día da Paz.  
Os alumnos de 3º e 4º de Primaria, recorreron á axuda da fermosa "Ría de Vigo", para transmitir as súas mensaxes de paz e harmonía
Paneis cheos de emotivas poesías "embarcadas" en ecolóxicas botellas dispostas a partir desde a Ría de Vigo até os máis recónditos lugares, mostraron o seu desexo dun  mundo mellor, en harmonía e máis humano.

Venres, 25 de Xaneiro

O "Pirulí" en 2º A

Os alumnos de 2º A seguen imparables!

Bravo rapaces!
Continuando co Proxecto "Coñezo Vigo. Coñezo o meu barrio",  esta vez prepararon unha exposición sobre a historia do que foi o hospital principal de Vigo, chamado "Hospital Xeral", outrora coñecido como "Hospital Almirante Vierna" pero ao que todos coñecían como "O Pirulí",  e que pronto (ano 2.020) pasará a ser chamado "Cidade da Xustiza".
Grazas mozos por recuperar para todos un dos edificios emblemáticos da cidade
Desde a súa inauguración en 1955, a súa torre de 75 m. converteuno no 2º edificio máis alto de España, visible a gran distancia, sobre a liña de edificios, para todo o que chegaba a Vigo desde terra ou desde o mar. Nel naceron varias xeracións de familias viguesas ao longo das súas 6 longas décadas de existencia. 
Desde 2017 está a sufrir os cambios necesarios para reaparecer como "Cidade da Xustiza",  que albergará as dependencias xudiciais, unha vez que as depencias xudiciais de hoxe, pasen a formar parte do que será un campus educativo constituido por unha residencia e un colexio, a agora dá cultura, ademáis da tan esperada Biblioteca do Estado. 
E é que Vigo é unha cidade en continuo cambio e desenvolvemento!

Parabéns rapaces polo voso fermoso traballo! 
Seguide así!

domingo, 27 de enero de 2019

Xoves 24 de Xaneiro

Lecturas pola PAZ


Na mesa  expositora, quedan todavía algúns exemplares,                  apropiados para a trasnmisión da importancia da PAZ.  Votarlle unha ollada por si algún vos interesa.

Mércores, 23 de Xaneiro

Antía Yañez visita ó alumnado de 6º                  

Antía Yáñez visitounos para falarnos do seu libro: "O misterio de Portomarín".

Todos tiñamos lido o seu libro. Gustounos moito. Con ela aprendemos máis cousas sobre o pobo e sobre ela mesma como persoa.
Sometémola a unha batería de preguntas que preparáramos con antelación e, contestounos a todas sen perder o seu característico sorriso Moitas gracias Antía. Esperamos verte de novo conoutra das túas interesantes obras.  

      


Mércores 23 de Xaneiro

Ángeles visita a los alumnos de 5 años

También los alumnos de infantil han podido disfrutar con la profesora Ángeles Escribano, ahora en la faceta que más le entusiasma: transmisora de ilusión a través de los cuentos.

Como siempre ocurre,  su sesión les ha sabido a poco. Pero ha hecho la promesa de volver.

Sabemos que cumplirás tu promesa. ¡Te esperamos!

Mércores 23 de Xaneiro

Nos visita Ángeles Escribano:una maestra muy especial. Impulsora  incansable de nuestras dos Bibliotecas, a través de sus Clubs de Lectura, sus Talleres de Escritura y su gran labor como miembro de Interteatro, ayudó a modelar una mente crítica, a perder los miedos y potenciar la autoestima, a los muchos alumnos que han podido disfrutar sus numerosas actividades.

Os alumnos de 5º de educación primaria tivemos a sorte este mércores de contar coa súa visita. Falounos do escritor Roald Dahl, contounos un pouco da súa vida e como chegou a ser escritor. Ensinounos varios libros escritos por el, dos cales coñeciamos algún, por exemplo, "As bruxas", "O xigante bonachón", "Os Gremlins", "Charlie e a fábrica de chocolate" ou "Matilda". Descubrimos que moitos deles foron levados a películas.
Gustounos moito todo o que nos contou e ademais deinos a oportunidade de xogar mentres representabamos os libros do autor para que os compañeiros adiviñasen os títulos.
Tamén nos falou dun libro "A alfombra máxica", escrito por un amigo dela, Juan Carlos Martín Ramos,  quen nos mandou uns vídeos xa que non puido vir a coñecernos en persoa. Dámoslle as grazas por iso tamén.

Esperamos que poida volver noutra ocasión; xa que se nos fixo curta a actividade.

 


sábado, 26 de enero de 2019

Martes 22 de Xaneiro

O Club de Lectura chegou cun novo reto:

A profesora Rocío animou aos lectores a converterse en inventores
Un martes máis reuniuse o Club de Lectura do cole para falar dun novo libro “A señorita Bubble”  de Ledicia Costas, da que xa coñecemos obras como “Escarlatina, a cociñeira defunta.
Nesta aventura os nosos lectores e lectoras descubriron un mundo cheo de inventos que axudan ás persoas grazas a señorita Bubble e a imaxinación da autora. 
Tanto foi así, que se lles propuxo deseñar algún invento interesante. Deixaron voar a súa imaxinación e deron cabida a inventos coma “Un conversor de soños”, “unha máquina teletransportadora”,  o creador de planetas” ou unha “carreteira entre o espazo e a terra
Sen dúbida, os nosos lectores e lectoras teñen unha gran imaxinación.

Vémonos na próxima xuntanza lectores!

sábado, 19 de enero de 2019

Venres 18 de Xaneiro

Volve o Taller de Escritura!

Ponde a imaxinación en marcha, dade renda solta á vosa creatividade, tomade bolígrafo e papel e... a divertirse!

Nun mes no que lembramos o importante que é sementar paz nos nosos corazóns para sentila e poder así transmitila aos demais... poderedes pór en práctica a vosa capacidade para cambiar os sentimentos negativos que, con frecuencia, nos impiden vivir en harmonía, por aqueles que nos fan sentir ben a  nós mesmos e aos que connosco conviven, xogan e traballan.
Coas palabras que se vos dan, creade un relato que nos faga chorar de satisfacción. Onde un mundo ao revés se pon ao dereito e volve a brillar nel a harmonía, a fraternidade, a amistade, a empatía, a boa xestión dos sentimentos e emocións propios...

Moitas gracias Sofía e Elsa pola vosa gran idea. 

As mesmas Elsa e Sofía elixiron as palabras e as escribiron para vos.  
Non faltedes o Xoves!
Divertídevos creando e o xoves veremos cómo cambiades vos o mundo para facer del un lugar máis fermoso.

Ata o xoves 24!  Vémonos!


miércoles, 16 de enero de 2019

15 de  Xaneiro

Puck sigue de moda. 

Ha llegado a vuestra Biblioteca, la joven danesa Bente Winther apodada por sus amigos como Puck. Sin duda, atrae los misterios como un imán, pero con ella todos están a salvo pues cuenta con dos armas secretas: las ganas de disfrutar y la amistad. 

Muchas gracias Montse por regalarnos este
precioso tesoro de la literatura juvenil
 ¡Ayuda a Puck a resolver misterios!

Si queréis saber más sobre Puck, aquí os dejamos un enlace y un dato interesante para los amantes de la lectura:

"Página 2", es un magacín divulgativo sobre el mundo de los libros que emite TV2, los martes, a las 21 h. En él, de un modo ameno y entretenido, encontraréis información para satisfacer vuestro interés por la lectura.


En este enlace, encontraréis un breve vídeo emitido en dicho programa por el  "Miniclub de Puck" (presentado por Beatriz y  Zuriñe  de 6º de Primaria) con sus sugerencias:
http://www.rtve.es/alacarta/videos/pagina-dos/pagina2-miniclub-20150315-1930/3045558/

Las aventuras de Puck fueron escritas por Lisbeth Werner. Pero, ¿sabíais que no es una chica sino el seudónimo de dos escritores daneses: Carlo Andersen y Knud Meister coautores de sus aventuras?

Otros muchos autores han "escondido" su verdadera identidad bajo seudónimos
Pablo Neruda, es el seudónimo elegido por el poeta chileno, premio nobel de Literatura, Ricardo Eliécer Neftalí Reyes Basoalto, para evitar a su padre el malestar de tener un hijo poeta
Las hermanas  Brontë comenzaron publicando sus creaciones bajo seudónimo de Currer, Ellis y Acton Bell, para escapar de los prejuicios que en aquella época pesaban sobre las mujeres escritoras. 
Mark Twain es el seudónimo de Samuel Langhorne Clemens... 
El ejemplo más reciente: J. K Rowling, firmaba bajo el seudónimo de Robert Galbrith para poder trabajar sin presiones

Muchos de ellos pasaron a la historia por su gran trabajo, y sólo se conoce de ellos su seudónimo. 

¿Te atreves a añadir algún ejemplo más a la lista?


miércoles, 9 de enero de 2019

8 de Xaneiro

Os Reis Magos pasaron pola Biblioteca

Benvidos a tod@s!  

Xa estamos de regreso, estreando ano, estreando trimestre e... estreando novos exemplares!

Os amantes da manga están de sorte!  Os Reis Magos escoitaron as súas peticións e  deixáronlles o seu agasallo preferido:  novos exemplares das súas coleccións preferidas:  Zelda  e Pokemon!!!
As profes Ana e Elena,  mergulláronse nunha nova sesión maratoniana de forrado para deixárvolos listos para ser levados. 

Buscádeos na mesa de novidades e disfrutádeos!!!

Grazas maxestades!  Grazas profes!


martes, 25 de diciembre de 2018

Recomendacións de lecturas

21 de Decembro

O segundo mellor agasallo

O mellor agasallo que podemos facer á nosa familia e amigos é a nosa compañía, o noso agarimo e o noso apoio incondicional.
E o segundo mellor agasallo?
O segundo é, gozar dun momento de alegría, de pracer, de aventura, de diversión, de aprendizaxe de novos coñecementos...!

Só hai un lugar onde caben todos  estes momentos e na talla e formato adaptado ao gusto de cada un:  un  libro!

Por iso, atrevémonos a facervos un par de suxestións  de entre as moitas que tedes ao voso alcance (xa sexa na Biblioteca Pública, na librería ou... como opción para a lista de peticións a realizar aos Reis Magos.

Sexa cal sexa a vosa elección ... Disfrutádea!


20 de Decembro

Un fermoso e orixinal agasallo: unha árbore de Nadal moi viguesa.

Colaborando co noso proxecto anual: "Coñezo Vigo. Coñezo ou meu barrio", as monitoras do Taller de xogos, sorprendéronnos cun fermoso agasallo: unha peculiar árbore de Nadal,  única e exclusiva

Non hai outra igual, xa que, os seus tradicionais adornos e bólas de cores, foron substituídos por orixinais mostras dos monumentos e lugares emblemáticos da cidade que con gran detalle realizaron os seus alumnos.  

Parabéns  ás monitoras e ao alumnado e moitas grazas por colaborar dun modo tan especial co proxecto.




Moitas grazas, parabéns pola vosa orixinal obra e Bo nadal !   a todo o persoal e ao alumnado

18 de Decembro

O Nadal chega á Biblioteca


Arbolitos, anxiños, estrelas... chegan a nosa  Biblioteca da man das nosas dilixentes Auxiliares para   felicitarnos a todos o Nadal.


O Equipo de Biblioteca desexa a todos os seus usuarios e a toda a comunidade educativa unhas felices festas de Nadal.


Moitas gracias pola vosa colaboración Sofía e Aitana

viernes, 14 de diciembre de 2018

Novos títulos, novas emocións, novos coñecementos, novas aventuras...

Se che falaron da chegada dun novo hermanito, e preocúpache que vaia a vir "para quedarse"... temos un libro que che gustará:  Tú y yo. El cuento más bonito del mundo"

Se es un deses que pensa que ser castigado o fin de semana sen xogo electrónico é o fin do mundo,  ou pasar as vacacións no pobo dos avós, sen maquinitas nin centros comerciales, é unha tortura... olla  "Un gran día de nada". Nas súas páxinas descubrirás un gran segredo: "estar vivo" implica sentir, e hai un enorme mundo de sensacións que nin o máis moderno videoxogo poderá transmitirche xamais. 

Se o que queres é viaxar ao redor do mundo sen moverte da cadeira, "Atlas de cociña" é a túa mellor opción:  coñecerás outras culturas e tradicións da man da súa gastronomía. Divírtete aprendendo sobre eles e ... ¡atrévete a cociñalos! 



Se o que a ti che fascina  son os datos curiosos da natureza: "Naturaleza viajera" o  "El maravilloso mundo de los insectos"... podrán saciar a túa curiosidade...   

 Chegaron novas obras á Biblioteca   busca no expositor de novidades o título que se adecúe ao teu interés, rexístrao e disfrútao .

O Club de Lectura reúnese de novo.

O comenzo da semana, a profe Rocío, pasou revista ao ritmo lector dos seus membros cunha pregunta que non pasou desapercibida  nin a propios nin a estranos. Sería unha pregunta trampa

Hoxe puideron descubrir a índole da devandita cuestión, pois se reuniron para a segunda sesión de "Manolito Gafotas". 
Ninguén quería perderse a cita. As súas expectativas foron cumpridas. Foi un gran éxito.

miércoles, 12 de diciembre de 2018

Chegou a primeira maqueta!

Valentina (2º A) nos muestra orgullosa el Puente de Rande

Hoxe foi un gran día! 
Valentina  (2º A) e Juan, o seu papá,  proporcionáronnos a primeira maqueta dun importante símbolo de Vigo: a Ponte de Rande.  

Esperamos que sexa a primeira dunha gran lista de achegas. 

Moz@s animádevos e animade á vosa familia!!.

Como sabedes, con todas as maquetas realizarase unha gran exposición que poderá visitarse nas datas que, chegado o momento, se determinen.

Moitas gracias Valentina
Moitas gracias Juan



Novo material sobre Vigo

Titores, alumnos, amigos de Vigo...  non deixedes de pasar pola Biblioteca e visitar a nova sección  do expositor: 

 "Para coñecer máis sobre Vigo, a miña cidade".  

Alí encontraredes información interesante e curiosa sobre os cidadáns, puntos clave do seu entorno como as Illas Cíes ou a illa de San Simón, a arte vinculada coa cidade... e moito máis. 

-----    ******  ----------------------------------**** -----

E recordade que no rellano da primeira planta do edificio principal seguen a aparecer novas moi curiosas, cada día, na sección:  
"Qué está pasando en Vigo".  
Axuda a completala para manternos ao día e non deixes de votarlle unha ollada  sempre que podas para saber o que está a suceder ao teu ao redor.


sábado, 8 de diciembre de 2018

5 Diciembre

El repaso de los Derechos Humanos, los Derechos del Niño y la Constitución Española ha llegado a su fin.

En la Biblioteca, los últimos participantes apuraban
su consulta a la Constitución Española, horas antes
de que el plazo de participación  en el Concurso
"Nuestros derechos. Nuestros Deberes"expirase.  

Ya tenemos ganadores: Carmen, Pablo, Diego, Esteban, Paola, Esther, Xabi y  Gael  ¡Enhorabuena!

Y enhorabuena, también a todos los demás participantes que, si bien han fallado alguna pregunta, han estado muy cerca de alzarse con el premio. 

No olvidemos que todos ellos han ganado ya el premio más importante: el conocimiento adquirido al repasar estos temas para el concurso. Mucha suerte a estos sabios ávidos de cultura.

domingo, 2 de diciembre de 2018

30  de Novembro

"Qué está pasando en Vigo?"


Estreamos nova sección.

Vivimos nunha cidade que cambia, que evoluciona... unha cidade en movemento continuo que xera noticias todos os días.
A partir de xa, tedes un recuncho no que todos vós poderedes compartir todas aquelas noticias, sobre Vigo ou relacionadas con Vigo, que vos chamen a atención: artigos de prensa, artigos de internet, de televisión, de radio… todas aquelas noticias positivas e/ou construtivas que reflictan o que ocorre na cidade de Vigo.
Todos aqueles que queirades estar ao día do que ocorre na vosa cidade, só tedes que darvos unha volta polo rellano da primeira planta (entrada de  ciclo) e gozar da nova sección de noticias:

 “Que está pasando en Vigo?”

 Zoe, Zaira e Brais, de 2º A, trouxéronvos xa as primeiras noticias fresquiñas para vós.  

Non  volas perdades!  Mantédevos ao día!
Na vosa cidade ocorren cousas e agora tedes a oportunidade de compartilas

Aporta tamén as túas novas!  

E, visíta a sección con frecuencia!


27 de Novembro

Os principais monumentos de Vigo chegan ás aulas de 2º

Grazas á mamá de Antón (alumno de 2º A), todos os compañeiros de 2º gozaron coñecendo dun modo moi lúdico, as construcións máis emblemáticas da cidade

Uns momentos moi divertidos á vez que instructivos


Moitas gracias Silvia!