Neste novo curso tamén temos un novo equipo de Axudantes de Biblioteca.
Son uns alumnos moi preparados e comprometidos con esta tarefa.
Unha das súas misións é colaborar a que a Biblioteca sexa ao mesmo tempo interesante e divertida.
Emilia Pardo's Slidely by Slidely Slideshow
miércoles, 13 de noviembre de 2013
domingo, 10 de noviembre de 2013
BIBLIOTECARIOS REUNIDOS
O luns, 4 de novembro, reunímonos de novo algúns bibliotecarios de varios centros educativos.
Esta vez foi para elaborar unha nova lista de recomendacións de libros para todas as idades.
Desde os máis cativos ata os máis maiores da familia.
A "Guía de Lecturas" de Nadal 2013.
Emilia Pardo's Slidely by Slidely Slideshow
Esta vez foi para elaborar unha nova lista de recomendacións de libros para todas as idades.
Desde os máis cativos ata os máis maiores da familia.
A "Guía de Lecturas" de Nadal 2013.
Emilia Pardo's Slidely by Slidely Slideshow
Etiquetas:
Biblioteca,
Encontros bibliotecas
jueves, 7 de noviembre de 2013
lunes, 4 de noviembre de 2013
INAUGURACIÓN
Os nenos de 1º de Primaria baixaron á Biblioteca coas súas titoras.
A profe Ángeles explicoulles todas as cousas que se poden facer na biblioteca e tamén as que non se poden facer.
Explicoulles por que é tan importante coidar todo o que hai alí e que todo esté ben ordenado.
Portáronse moi ben e quedaron con moitas ganas de empezar a utilizala.
Benvidos rapaciños!!!

domingo, 3 de noviembre de 2013
SAMAÍN 2013
Este curso celebramos un Samaín moi especial.
As profes de Infantil fixeron unha Biblioteca de moito, moito medo.
Pero foi un medo moi divertido.
Algúns nenos escribiron reflexións sobre os medos.
E para celebralo fixemos unhas comidas monstuosas.
Emilia Pardo's Slidely by Slidely Slideshow
lunes, 28 de octubre de 2013
RECEITA PARA O SAMAÍN

BISCOITO DE
CABAZA
INGREDIENTES
* 1/2 Kg. de
cabaza
* Un bote de
leite condensada
* 1 litro de
leite
* 300 gr. de
fariña
* 4 ovos
* 1/2 Kg. de
azucre
* Raladura
de limón e canela en rama
Cocíñase a cabaza sen pelar coa canela en rama.
Cando está cocida
quitamos a casca e as pebidas, escurrimos ben a auga e mesturámola co resto de
ingredientes ata formar unha crema.
Untamos un molde con manteiga, vertemos a mestura e poñemos no forno
quente a temperatura media.
Para saber cando está listo picamos cun
escarvadentes por exemplo, e cando este sae limpo está no seu punto.
Tómase frío.
Mellor telo un tempo no frigorífico antes de servir.
domingo, 27 de octubre de 2013
sábado, 26 de octubre de 2013
miércoles, 23 de octubre de 2013
lunes, 21 de octubre de 2013
OS CELTAS EN GALICIA
Novo proxecto 2013-14
Este curso aprenderemos moitas cousas sobre a cultura celta e a súa influenza na actualidade.
Etiquetas:
Proxecto A orixe: Os Celtas
martes, 2 de julio de 2013
MÁIS ACTIVIDADES DO CURSO 2012-13
Emilia Pardo's Slidely by Slidely - Slideshow maker
Emilia Pardo's Slidely by Slidely - Slideshow maker
Etiquetas:
Letras Galegas,
Libros,
Marcapáxinas,
Proxecto A orixe: Evolución,
Rosalía de Castro
lunes, 24 de junio de 2013
DESPEDIDAS
Os alumnos de 6º remataban a súa estancia no colexio e, orientados pola profe Luz, quixeron facelo ofrecendo un pequeno espectáculo de despedida.
Tanto os alumnos de 6º A como os de 6º B dixeron unhas palabras de agradecemento aos profesores que tiveron ao longo dos 9 anos, aos demáis profes aínda que non lles deran clase directamente.
Tamén fixeron un entrañable resumo do seu paso polo centro.
Foi moi emotivo.
Tan emotivo que, á hora de ir a comer, aínda choraban.
Choraban os que marchaban, os que quedaban...
Foi un verdadeiro mar de bágoas.
Emilia Pardo's Slidely by Slidely - Slideshow maker
Tanto os alumnos de 6º A como os de 6º B dixeron unhas palabras de agradecemento aos profesores que tiveron ao longo dos 9 anos, aos demáis profes aínda que non lles deran clase directamente.Tamén fixeron un entrañable resumo do seu paso polo centro.
Foi moi emotivo.
Tan emotivo que, á hora de ir a comer, aínda choraban.
Choraban os que marchaban, os que quedaban...
Foi un verdadeiro mar de bágoas.
Emilia Pardo's Slidely by Slidely - Slideshow maker
domingo, 23 de junio de 2013
TÍTERES EN ACCIÓN
Hai uns días, o pai dun neno do cole fixo unha fermosa e divertida animación.
O espectáculo titulado "Títeres en acción" foi destinado ao alumnado de infantil que o pasaron moi ben.
O espectáculo titulado "Títeres en acción" foi destinado ao alumnado de infantil que o pasaron moi ben.
| Fai "clic" na imaxe |
Etiquetas:
Animación,
Colaboración Familias
BIBLIOTECARIOS REUNIDOS 2013
Neste curso 2012-13 que xa remata, fixemos varias reunións de bibliotecarios.
Ademais da reunión no noso centro Emilia Pardo Bazán (Chouzo) no mes de xaneiro, reunímonos nestes outros centros:
Emilia Pardo's Slidely by Slidely - Slideshow videos
Na última reunión no Escultor Acuña falamos de libros para recomendar e acordamos que, na próxima reunión no mes de outubro, elaboraremos a Guía de Lecturas de Nadal.
Ademais da reunión no noso centro Emilia Pardo Bazán (Chouzo) no mes de xaneiro, reunímonos nestes outros centros:
- CEIP Coutada-Beade
- CIFP Manuel Antonio
- CEIP Escultor Acuña
Emilia Pardo's Slidely by Slidely - Slideshow videos
Na última reunión no Escultor Acuña falamos de libros para recomendar e acordamos que, na próxima reunión no mes de outubro, elaboraremos a Guía de Lecturas de Nadal.
sábado, 22 de junio de 2013
DIPLOMAS DO CONCELLO
Debido a un contratempo os diplomas do Concello chegaron uns días máis tarde, pero chegaron.
(Se clicas nas fotos poderás velas moito mellor)
jueves, 20 de junio de 2013
CLUB DE LECTURA, XUÑO
Emilia Pardo's Slidely by Slidely - Slideshow videos
E aumentamos o grupo do club, así que tamén, damos a benvida a Maca!!
Polo contido e a temática do libro "Isha, nacida do corazón", tamén falamos destes deuses hidúes:
![]() |
| Shivá |
Para saber máis clica aquí.
![]() |
| Durga |
Para saber máis clica aquí.
![]() |
| Yama |
Para saber máis clica aquí.
![]() |
| Ganesha |
A tradición conta que Ganesha era orixinalmente un neno que coidaba a entrada á habitación da súa nai.
Para saber máis clica aquí.
![]() |
| Agni |
Para saber máis clica aquí.
Etiquetas:
Club de Lectura,
Libros,
Mitoloxía
domingo, 16 de junio de 2013
INTERCAMBIOS INTERTEATRO 2013
O noso centro recibiu aos alumnos do ceip Celso Emilio Ferreiro e aos do ceip Alfonso R. Castelao.
By Slide.ly - SlideShow Maker
Os nosos artistas representaron no ceip Celso Emilio Ferreiro, no ceip Carrasqueira e no noso centro.
By Slide.ly - SlideShow Maker
Os nosos artistas representaron no ceip Celso Emilio Ferreiro, no ceip Carrasqueira e no noso centro.
lunes, 10 de junio de 2013
INTERTEATRO 2013
Como en anos anteriores, o colexio Emilia Pardo Bazán participou no intercambio de obras de teatro con outros 18 centros educativos e tamén participou co Concello de Vigo na IV Mostra de Teatro Escolar en colaboración coa Escola Municipal de Teatro.
By Slide.ly - SlideShow Maker
By Slide.ly - SlideShow Maker
Tacto from Emilia Pardo Bazán on Vimeo.
O Sorriso Roubado from Jorge Lorenzo on Vimeo.

martes, 4 de junio de 2013
APADRIÑAMENTOS LECTORES
En conmemoración do Día Mundial do Libro, e cun pouquiño de retraso a causa do mal tempo, fixemos este ano unha actividade de Contacontos na que participaron todos os alumnos do colexio.
Cada neno maior "apadriñou" a outro máis pequeno.
Contoulle un conto de misterio.
Ou un conto de amizade.
Ou un conto de medo.
Ou un conto de risa.
Ou algún poema bonito.
Ou...
Leron, leron, leron...
Escoitaron, escoitaron...
Foi moi divertido, fenomenal, gustounos moito.
Que Guay!!!

Apadriñamentos Lectores,
Día del libro
lunes, 13 de mayo de 2013
IV XORNADAS TEATRO ESCOLAR

Este mércores, no Auditorio do Concello, empezan as Xornadas de Teatro Escolar Os días 21, 22, 23, 27, 28 e 29 deste mes, o Auditorio Municipal do Concello , albergará, baixo a dirección técnica da Escola Municipal de Teatro, as IV Xornadas Municipais de Teatro Escolar, nas que participarán máis de 400 novos actores e actrices pertencentes a 15 centros de educación primaria e aos grupos de nenos/as da Escola Municipal de Teatro de Vigo.
Cada un dos centros de ensino participantes ofrecerá unha representación teatral, e deste xeito compartirá co resto dos centros o traballo creativo que desenvolveron individual e colectivamente ao longo do curso.
A diferenza doutras iniciativas, como mostras ou concursos de teatro escolar, esta programación didáctico-teatral favorece e supón un reforzo tanto do proceso de traballo creativo cotiá do profesorado e alumnado nos centros escolares, como da plasmación final en formato obra de teatro por parte dos escolares.
Coa continuación por cuarto ano consecutivo destas xornadas, preténdese recoñecer o labor creativo que se está a desenvolver nos centros de ensino, ademáis de tender pontes de froitífera colaboración entre os contornos escolares e o teatro profesional e afeccionado.
miércoles, 8 de mayo de 2013
martes, 7 de mayo de 2013
domingo, 5 de mayo de 2013
LETRAS GALEGAS 2013
Información facilitada e compartida por Sergio
do Ceip Mallón
Información facilitada e compartida por Mercedes Bujan do CPI dos Dices.
Información facilitada e compartida por Quini Freixeiro do Ceip Condesa de Fenosa.
Este ano a RAG adica o día das Letras Galegas a Roberto Vidal Bolaño, autor, actor, director e produtor teatral. Vidal Bolaño é unha figura esencial para comprender o evoluír do teatro galego dende os anos 70 deica hoxe, dotando á nosa escea dun carácter universal sen renunciar aos nosos sinais de identidade. Para axudarnos a coñecer mellor a RVB elaboramos unha presentación, que en breve se completará con outras ferramentas que andamos a artellar. Os datos que recollemos na presentación foron tirados da web da Real Academia Galega (http://www.realacademiagalega.org/letras-actual) e do libro «Dez obras na vida de Roberto Vidal Bolaño» de Camilo Franco e editado por Biblos, dúas referencias que podemos (e debemos) consultar.
Una procura do Tesouro: Vidal Bolaño
por Quini Freixeiro do Ceip Condesa de Fenosa.
Fai "clic" no debuxo.
LIBRO DE VISITAS
Este é un novo libro para a Biblioteca.
É o noso Libro de Visitas.
Queremos que nel deixen as súas palabras todas as persoas entrañables que visiten a nosa Biblioteca para facer actividades de Lectura, Animacións, Formación de Usuarios, Educación Documental, Teatro... ou calquera outra que aporte coñecemento, motivación e ilusión aos nosos alumnos.
Este libro estreouno Fina Casalderrey o 23 de abril, Día Mundial do Libro, de 2013.

domingo, 28 de abril de 2013
CONTACONTOS NA BIBLIO
O contador de contos Iago estivo o xoves día 25 cos nenos de Infantil e de 1º de Primaria a contarnos un conto moi divertido, deses que tanto nos gustan.
Linda é unha vaca diferente ás demais.
Cada mañá,
mentres a muxían, a vaca Linda fitaba nerviosa e impaciente cara ao
exterior da granxa. Porque había algo que a Linda lle gustaba máis ca
nada no mundo.
O seu maior pracer consistía en meterlle un susto ao
carteiro e escorrentalo da granxa.
Cada día, Linda agachábase nun sitio
distinto e sempre conseguía o seu obxectivo, ata que o pobre carteiro
remataba desquiciado e incapaz de seguir co seu traballo.
No entanto,
haberá alguén ao seu carón que o axudará.
Linda á espreita de Alexander Steffensmeier é un fascinante álbum
ilustrado sobre unha vaca á espreita, un carteiro perseguido e unha
granxeira que só quere recibir, por fin, un paquete san.
Linda á espreita é a primeira entrega desta serie protagonizada por esta
simpática vaca.
Composta, ata o momento, por tres títulos, foi un éxito
de vendas en Alemaña dende a súa aparición en 2006.
En torno a esta
serie lévanse publicados libros para colorear, libros de cociña para
nenos e diversos produtos de merchandising.
(Información da páxina de Xerais)
Iago conta: "Linda á espreita" on PhotoPeach
Etiquetas:
Biblioteca,
contacontos,
Libros
sábado, 27 de abril de 2013
FINA CASALDERREY NA BIBLIO
O mesmo día 23 de abril, no que celebrábamos o Día Mundial do Libro, os nenos de 1º tivemos a sorte de que nos visitase a escritora e gran contadora de historias Fina Casalderrey.
Contounos moitas cousas, pero o mellor de todo foi a súa maneira tan peculiar de facelo.
Deixounos coa boca e os ollos moi, moi abertos.
Contounas tan ben que todos nós (tamén as profes) creímos que pasaron de verdade...
Logo, coa súa pluma especial, firmounos todos os nosos libros.
Tamén inauguró cunha marabillosa dedicatoria o noso novo libro de firmas das Visitas Entrañables á nosa Biblioteca.
Grazas, moitas grazas Fina.
FINA CASALDERREY 23 ABRIL 2013 on PhotoPeach

Día del libro,
Escritores,
Fina Casalderrey
domingo, 21 de abril de 2013
23 ABRIL 2013 - DÍA MUNDIAL DO LIBRO
Agasallo de Paula Carballeira para as Bibliotecas Escolares de Galicia no Día Mundial do Libro.
Texto:
"SÓ UN LIBRO"
Etiquetas:
Día del libro,
Escritores
Suscribirse a:
Entradas (Atom)