O mesmo día 23 de abril, no que celebrábamos o Día Mundial do Libro, os nenos de 1º tivemos a sorte de que nos visitase a escritora e gran contadora de historias Fina Casalderrey.
Contounos moitas cousas, pero o mellor de todo foi a súa maneira tan peculiar de facelo.
Deixounos coa boca e os ollos moi, moi abertos.
Contounas tan ben que todos nós (tamén as profes) creímos que pasaron de verdade...
Logo, coa súa pluma especial, firmounos todos os nosos libros.
Tamén inauguró cunha marabillosa dedicatoria o noso novo libro de firmas das Visitas Entrañables á nosa Biblioteca.
Grazas, moitas grazas Fina.
FINA CASALDERREY 23 ABRIL 2013 on PhotoPeach
sábado, 27 de abril de 2013
domingo, 21 de abril de 2013
23 ABRIL 2013 - DÍA MUNDIAL DO LIBRO
Agasallo de Paula Carballeira para as Bibliotecas Escolares de Galicia no Día Mundial do Libro.
Texto:
"SÓ UN LIBRO"
Etiquetas:
Día del libro,
Escritores
martes, 9 de abril de 2013
ADEUS A JOSÉ LUIS SAMPEDRO
Autoría: Rosana Rodiles
Un nome que sempre nos trouxo intelixencia e pensamento.
Uns libros para ler e... ler e... ler. Moito van ter que ler os clubs e moito botarán de menos esa referencia viva.
Un vello que nunca foi vello. Un home de idade que nunca debía morrer.
Un pensador que sempre nos fará falla.
Nin damas de ferro
nin iconas da imaxe. Escritores que souberon envellecer... Se algunha
vez a colectividade lle puxo o seu nome a unha rúa, cole, biblioteca,
aula,... non terá que arrepentirse.
Autor de grandes novelas:
Autor de libros de economía
Economía humanista. Algo más que cifras.
Publicado por Asesoría Bibliotecas Escolares para Rede Lectura el 4/09/2013 11:20:00 a.m.

viernes, 29 de marzo de 2013
lunes, 18 de marzo de 2013
SEMANA DA PRENSA
Aquí temos un excelente traballo da profe Mª Dolores Iglesias para aprender de forma divertida moitas cousas sobre a prensa, os xornais, etc...
domingo, 17 de marzo de 2013
BIBLIOTECARIOS REUNIDOS
...no Chouzo.
No mes de xaneiro reunímonos unha vez máis Responsables de Bibliotecas e colaboradores para falar das cousas de sempre: traballos, actividades... e dalgunhas novidades postas en marcha nalgúns centros que, por certo, tiveron moito éxito.
Benvidos os que se engadiron últimamente e botamos de menos aos que non puideron achegarse.
Grazas a todos por asistir.
BIBLIOTECARIOS NO CHOUZO 2013 on PhotoPeach

sábado, 9 de marzo de 2013
ENCONTROS PLAMBE 2013

Estes encontros responden á vontade da consellería de reunir, unha vez
máis, ao profesorado que coordina os equipos de biblioteca dos centros
integrados no Plan de mellora de b.e (PLAMBE), un programa que procura,
desde o ano 2005, a transformación das bibliotecas escolares en
auténticos centros de recursos para a lectura, a información e a aprendizaxe, e no que ten sido decisiva a creación de vínculos profesionais entre os integrantes deste colectivo.
Ainda que se trataron aspectos diversos relacionados cos servizos e o
papel das bibliotecas escolares nos centros educativos, fíxose fincapé
na función destas bibliotecas como compensadoras de desigualdades sociais,
aspecto que cómpre salientar nun momento en que as diferenzas no acceso
aos recursos culturais pode medrar. Outro dos aspectos destacados foi a
alfabetización mediática e informacional, un contido
imprescindible para o alumnado que medra na sociedade da información e
que ten na biblioteca escolar un aliado natural.
Déronse cita na segunda xornada destes encontros (día 8) un total de 504
responsables de bibliotecas da Rede de bibliotecas escolares galegas.
Na primeira xornada (7) só participaron os responsables das 63
bibliotecas que se integraron no programa neste curso 2012/2013.
PROGRAMA -- ENLACE AO ESPAZO MOODLE COS RECURSOS (entrar como convidado)
(Blog da Asesoría de Bibliotecas Escolares de Galicia)
jueves, 7 de marzo de 2013
domingo, 3 de marzo de 2013
VIOLETA MONREAL
Violeta Monreal vino a nuestro colegio para enseñarnos su arte en ilustración con papel rasgado.
Estuvo con los niños de infantil y primer ciclo.
Cuando llegó nos dijo:
Me llamo Violeta, siempre me gustó ese nombre. Cuando estoy en el estudio, casi siempre estoy con la cabeza en otro sitio, un bosque otoñado, un desierto dorado o un misterioso castillo… A eso lo llaman “estar en la nubes” aunque, en realidad, estoy trabajando y mucho. Situarme en aquello en lo que quiero trabajar y crear una historia requiere un gran esfuerzo, pero gracias a ese esfuerzo, cuando tengo que atravesar un bosque, cruzar un desierto o abrir un castillo misterioso, ya sé lo que me voy a encontrar porque lo he visto en mi cabeza, y me apetece dibujarlo.
(Información de http://www.violetamonreal.com/portal/Bio/tabid/86/language/es-ES/Default.aspx)
VIOLETA MONREAL 2013 on PhotoPeach
Violeta tiene manos de hada y corazón de niña.
Por eso no es de extrañar la mágica empatía que logra tener con los chavales, quienes la escuchan hechizados por su singular mundo de fantasía.
Duendes, brujas y dragones salen de su maleta y de sus manos en un increíble despliegue de imaginación y destreza.
(Información de http://www.violetamonreal.com/portal/Bio/tabid/86/language/es-ES/Default.aspx)
Lo pasamos muy bien.
Nos encantó y aprendimos muchas cosas.

Animación Lectora,
Escritores,
Libros,
Visitas
LINGUA DE SIGNOS
Este curso tamén recibimos no noso centro a Camilo Gutiérrez da Asociación de Persoas Xordas de Vigo.
Nestas sesións, dunha hora aprox. cada unha, contounos moitas cousas sobre como as persoas xordas superan as barreiras que lles impiden ter a mesma vida que as persoas que non son xordas.
Agradecemos á Asociación e, en especial, a Camilo Gutiérrez a súa xenerosidade por achegarnos esta campaña de sensibilización tan interesante.
E esperamos que volvan coas súas novas propostas educativas.

Educación en Valores,
Lengua de Signos
domingo, 24 de febrero de 2013
150 ANOS de "CANTARES GALEGOS"
Homenaxe a Rosalía de Castro, escritora e poetisa galega.
O 24 de febreiro de 2013 celébrase o 150 aniversario da publicación da obra de Rosalía "Cantares Galegos".
O 24 de febreiro tamén se celebra o aniversario do nacemento de Rosalía.
Nestes vídeos podes escoitar algúns dos seus poemas do libro "Cantares Galegos".
miércoles, 20 de febrero de 2013
EL VENDEDOR DE HUMO
El Vendedor de humo es un cortometraje de Animación realizado
integramente por los alumnos de PrimerFrame.com, promoción de Octubre de
2010.
domingo, 17 de febrero de 2013
KAMISHIBAI 2013
O ano pasado falamos varias veces sobre o Kamishibai, pero o tempo non estirou máis e quedounos pendente este tema.
Por fin, hai algunhas semanas, nenos voluntarios de 3º B reunímonos na Biblioteca e asistimos a unha representación dun primeiro Kamishibai.
Despois asistimos a unhas sesións de visionado doutros nenos que fixeron Kamishibai, que nos aportaron información e algunhas ideas.
KAMISHIBAI 2013 on PhotoPeach
"KAMISHIBAI" significa "Teatro de papel".
É unha técnica que procede de Xapón.
O contador de historias de Kamishibai vai polas aldeas e cidades.
Chama a atención do público cun Hyoshigi, un instrumento de percusión que podes ver na imaxe.
Unha vez que escoitas o seu son hai que estar moi caladiño porque empeza a historia...
KAMISHIBAI na Biblioteca do Chouzo on PhotoPeach
Aquí podes ver o vídeo do conto: "O Gato Sol"
Por fin, hai algunhas semanas, nenos voluntarios de 3º B reunímonos na Biblioteca e asistimos a unha representación dun primeiro Kamishibai.
Despois asistimos a unhas sesións de visionado doutros nenos que fixeron Kamishibai, que nos aportaron información e algunhas ideas.
KAMISHIBAI 2013 on PhotoPeach
"KAMISHIBAI" significa "Teatro de papel".
É unha técnica que procede de Xapón.
O contador de historias de Kamishibai vai polas aldeas e cidades.
Chama a atención do público cun Hyoshigi, un instrumento de percusión que podes ver na imaxe.Unha vez que escoitas o seu son hai que estar moi caladiño porque empeza a historia...
KAMISHIBAI na Biblioteca do Chouzo on PhotoPeach
Aquí podes ver o vídeo do conto: "O Gato Sol"
PARABÉNS!!! Fixéstelo moi ben.
MOITAS, MOITAS GRAZAS.
miércoles, 13 de febrero de 2013
martes, 12 de febrero de 2013
PROXECTO 2012-13, "A ORIXE: EVOLUCIÓN"
Este curso empezamos un novo proxecto para aprender moitas cousas sobre a orixe da vida e a súa evolución.
As nosas actividades educativas, didácticas, lúdicas... xirarán arredor desta temática tan interesante.
Esperamos aprender e divertirnos un montón ao mesmo tempo.
Aquí podes ver algúns, porque temos moitos máis, dos materiais: libros, documentais, películas, xogos... que contan cousas sobre os dinosaurios, a Prehistoria, Darwin e a súa teoría sobre a orixe das especies, diferentes civilizacións: romanos, celtas, exipcios..., a Idade Media cos seus castelos... e, así, ata que o home puxo o seu pé na Lúa e os novos proxectos da humanidade no descubrimento e a conquista de novos mundos.
Ven á Biblioteca e lévaos!!
PROXECTO 2012-13 "A ORIXE: EVOLUCIÓN" on PhotoPeach

Para saber un moitas, moitas cousas
sobre a Prehistoria, a orixe do home, os dinosauros... na Biblioteca
podes encontrar libros, películas, xogos, etc...
Aquí tes algúns deles.
Que te divirtas aprendendo un montón!!!
LIBROS PROXECTO "A ORIXE" on PhotoPeach
Aquí tes algúns deles.
Que te divirtas aprendendo un montón!!!
Etiquetas:
Proxecto A orixe: Evolución
sábado, 26 de enero de 2013
MARÍA LADO, CONTACONTOS NA BIBLIOTECA
O día 24 de xaneiro os nenos de 1º tivemos a sorte de recibir a visita da escritora María Lado.
Contounos os seus tres contos favoritos.
Tres contos fantásticos e divertidos que nos gustaron moitísimo e nos fixeron rir.
María escribe poesías.
Unhas poesías moi bonitas.
Esperamos que nos visite de novo e nos recite algún dos seus poemas.

"A VACA QUE PUXO UN OVO"
"A CASA DA MOSCA CHOSCA"
"A CASA DA MOSCA CHOSCA"
"A COUSA QUE MÁIS DOE DO MUNDO"
Etiquetas:
Animación Lectora,
contacontos,
Escritores,
Libros,
Visitas
viernes, 25 de enero de 2013
jueves, 24 de enero de 2013
lunes, 21 de enero de 2013
GAÑADORA CONCURSO POESÍA
Estela I. Trigo Castro é unha nena como vós.
Ela ten 8 anos e está en 3º de Primaria no ceip Nº1 de Tui.A Estela gústalle escribir e escribe moi, moi ben.
Hai pouco gañou un concurso de poesía:
"XVIII Certame de Poesía na Escola"
Convocado pola "Asociación de Amigos da Poesía do Baixo Miño"
Entregou os premios a presidenta: Dna. Emilia Rosende.
Neste concurso tamén gañaron outros nenos.
Estas son a poesía gañadora e outras dúas máis.
![]() |
| Fai "clic" para ampliar |
domingo, 20 de enero de 2013
TEATRO NADAL
Y por fin tenemos los vídeos de las representaciones que, por cierto, quedaron ¡¡¡chulísimas!!!
Rodrigo dijo al terminar: "¡Me habéis dejado impresionado!"
Y, la verdad, toooooodos quedamos impresionados.
¡¡¡Felicidades y enhorabuena a estos fantásticos actores!!!
Rodrigo dijo al terminar: "¡Me habéis dejado impresionado!"
Y, la verdad, toooooodos quedamos impresionados.
¡¡¡Felicidades y enhorabuena a estos fantásticos actores!!!
ITINERARIO LECTOR DE 2º DE PRIMARIA
Os nenos de 2º leron estes días o libro titulado "Shola y los leones".
Dixo a profe que lles gustou moitísimo.
E, para demostralo, aquí temos catro debuxos das portadas que fixeron cando escribiron un libro-resumen.
Escribiuno toda a clase!!!
Felicidades a todos os lectores!!!
E aos escritores!!!

Itinerario Lector,
Libros
viernes, 21 de diciembre de 2012
"MIL COUSAS PODEN PASAR"
Foi un verdadeiro pracer recibir e escoitar a Jacobo,
que tivo a xenerosidade de achegarse ao noso colexio para compartir
connosco unhas horas do seu tempo para que puidésemos gozar das súas
anécdotas, a súa obra e a súa agradable compañía.
Esperamos que volva moi pronto.
Jacobo Fernández Serrano: "Mil cousas poden pasar" on PhotoPeach
Esperamos que volva moi pronto.
Jacobo Fernández Serrano: "Mil cousas poden pasar" on PhotoPeach
miércoles, 19 de diciembre de 2012
martes, 18 de diciembre de 2012
lunes, 17 de diciembre de 2012
viernes, 14 de diciembre de 2012
BIBLIOTECAS ESCOLARES GALEGAS PREMIADAS
FELICIDADES E NORABOA AOS PREMIADOS!!!
O luns 10 de decembro tivo lugar en Madrid, na Biblioteca Nacional, o acto de entrega de diplomas acreditativos dos Premios Nacionais de boas prácticas na xestión e dinamización de bibliotecas escolares, correspondente ao ano 2011,
e última convocatoria deste premio, ata o momento. Estiveron presentes
os representantes dos seis centros galegos galardoados, acompañados do
Director Xeral de Centros e Recursos Humanos e o Conselleiro de Cultura,
Educación e Ordenación Universitaria.
Modalidade A (centros de ensino infantil, primaria, educ. especial e educ. de adultos):
-
1º premio: CEIP A LAMA (A Lama, Pontevedra)
-
2º premio: CEIP CONDESA DE FENOSA (O Barco, Ourense)
-
3º premio: CRA DE RIBADUMIA (Ribadumia, Pontevedra)
-
Modalidade B (centros de ensino secundario, form. profesional, ensinanzas artísticas...)
-
3º premio: IES DE CELANOVA (Celanova, Ourense)
-
3º premio: IES ALEXANDRE BÓVEDA (Vigo, Pontevedra)
Súmanse así, aos 29 centros que obtiveran premio nacional nas convocatorias no período 2003-2010
Información de aquí.
Etiquetas:
Biblioteca,
premios,
Vídeos
martes, 4 de diciembre de 2012
TI TAMÉN PODES "SER LIBRIS"
Fermosa iniciativa de Illa Bufarda para a Asociación Galega de Editores, presentada co gallo do Culturgal, nestes pasados días. Afortunado descubrimento dese estraño animal, o "ser libris".
(Información de Asesoría Bibliotecas Escolares)
Ser Libris from Illa Bufarda on Vimeo.
(Información de Asesoría Bibliotecas Escolares)
Ser Libris from Illa Bufarda on Vimeo.
lunes, 3 de diciembre de 2012
CONOCERNOS PARA QUERERNOS
Los niños saharauis nos correspondieron con sus escritos y cartas.
Aquí podéis ver lo que nos cuentan.
Les gustaron mucho nuestros trabajos sobre "Islas Cíes" y nuestras cartas y han querido compartir con nosotros sus vivencias, costumbres, modo de vida...
Tenemos una copia en papel en la Biblioteca para los que lo quieran ver y leer.
Un gran abrazo para todos los participantes.
Gracias, chicos.

Open publication - Free publishing - More cultura
Si quieres tener una copia, lo puedes imprimir haciendo "clic" en la palabra Expand y clicando en el icono de imprimir.
Si quieres tener una copia, lo puedes imprimir haciendo "clic" en la palabra Expand y clicando en el icono de imprimir.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)